Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Concello de Narón

“I Xornada de Igualdade Intercultural a través da Danza“

“I Xornada de Igualdade Intercultural a través da Danza“ Data: sábado 1 de abril Hora: 17.00 Lugar: Local Social do Val Haberá Mostra de bailes tradicionais (bachatas, san juanitos, bailes orientais, etc.), obradoiros de bailes e degustación solidaria de pinchos internacionais.  Recolleranse produtos básicos e de hixiene persoal feminina a favor do PATRONATO CONCEPCIÓN ARENAL.

Obradoiro de Corresponsabilidade para homes

Achegámosvos dúas notas de prensa difundidas polo gabinete de comunicación do Concello : -Últimas prazas para anotarse no Obradoiro de Corresponsabilidade para homes convocado polo Concello. -A Concellería de Mocidade impulsa varias actividades nos centros educativos e na Casa da Mocidade.

Prantación dun retoño da Árbore de Gernika

Onte, 17 de Marzo, en Narón, diante do Pazo da Cultura, celebrouse a prantación dun retoño da Árbore de Gernika, en lembranza das vítimas do bombardeo daquela cidade, agora que está próximo o 80º aniversario. Este roble, será un símbolo permanente de fraternidade co pobo vasco, un símbolo de paz, democracia e liberdade contra a barbarie e a intolerancia. No acto, promovido polo Concello de Narón e a Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, transcurreu coas intervencións da Presidenta de las Juntas Generales de Bizkaia, Ana Otadui, o Alcalde de Narón, José Manuel Blanco e Enrique Barrera, en representación de Memoria Histórica Democrática. Participaron tamén o grupo de baile Alxibeira e Banda de Gaitas do Padroado da Cultura do Concello de Narón. Viva a Árbore de Gernika! Gora Gernikako Arbola! Viva el Árbol de Gernika! Álbum 1   https://goo.gl/photos/MHMFAPetKpoWkmA57 Álbum 2 https://goo.gl/photos/wufsYBAFKXGqxtHE9 Álbum 3 https://goo.gl/pho...

Actos comunicación do Concello de Narón:

-O “XX Trofeo de Bateis Cidade de Narón” reunirá este sábado a uns 400 regatistas na enseada da Gándara. -Aldea Nova acollerá o “X Encontro de debate sobre o medio rural galego” organizado polo Concello e Nova Escola Galega. -O Auditorio municipal acolle mañá unha sesión informativa sobre a praga da couza guatemalteca da pataca.  Charla sobre a praga da avelaíña guatemalteca da pataca A Asociación Agrarista Círculo Gacela, coa colaboración da  Consellería de Medio  Rural ea Concelleria de Cultura de Ferrol, orgaiza unha charla informativa sobor a recente problemática da pataca. A bisbarra de Ferrolterra é unha das bisbarras mais afectadas pola praga da couza guatemalteca da pataca. Unha praga que nos preocupa a todos e todas  xa que na meirande parte das casas temos horta e botamos patacas para nós e incluso para repartir coa familia.  Aínda que a situación da praga non é nova, nos últimos días asistimos a unha manchea de resolucións, acordos, ...

Remunicipalización Ferrol - Convocatoria de rolda de prensa para o mércores 18 de xaneiro ás 17h

Compartimos o chamamento que fai a Plataforma en Defensa dos Servizos Públicos, pola Remunicipalización de Ferrol , para que a cidadanía acuda a unha rolda de prensa convocada para o mércores 18 de xaneiro , ás 17:00h fronte o Concello de Ferrol : A Plataforma convoca Rolda de Prensa en Ferrol: AcuaEs, Augas de Galicia, Partido Popular, Emafesa, Concello de Ferrol, Concello de Narón, ... Depuradora (Edar Prioriño). - Mércores 18 de xaneiro de 2017 PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS, POLA REMUNICIPALIZACIÓN Convocatoria Rolda de Prensa Día : Mércores 18 de xaneiro. Hora : 17:00hs (5 da tarde). Lugar : Casa do Concello de Ferrol (Praza de Armas,s/n.) Asunto : AcuaEs, Augas de Galicia, Partido Popular, Emafesa, Concello de Ferrol, Concello de Narón, ... Depuradora (Edar Prioriño). O próximo mércores 18 de xaneiro, ás 17 hs na sala de prensa do Concello de Ferrol, a Plataforma na Defensa dos Servizos Públicos, pola Remunicipalización, c...