Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Finanzas Éticas

Xa podes difundir “Finanzas éticas” (Documentos TV, 30 de decembro de 2012)!

Existe un número crecente de persoas sensibilizadas coa idea de avanzar cara a unha sociedade diferente, máis xusta, solidaria e humana, que intentan facela realidade mediante o seu traballo en diferentes ámbitos, e que perciben que un dos medios con que contan para realizar esta transformación, que é o seu aforro, é utilizado precisamente para reforzar e consolidar valores dun modelo social, económico e cultural oposto a esta idea de transformación. Cando se analizan en profundidade os grandes fluxos económicos e as súas consecuencias vemos como sistematicamente potencian o modelo económico e social imperante a custa dos países ou persoas de menor poder económico, cunhas consecuencias negativas que están á vista . O sistema financeiro tradicional non dá resposta aos desexos e necesidades dun sector das e os aforradores . Para ninguén é unha novidade que o sistema financeiro é conservador e que, ao rexerse de modo case exclusivo por criterios de beneficios e tamaño,...