Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Dereito

CONFERENCIA PLATAFORMA POLO DEREITO AO ABORTO

A nosa asociación informa: O Grupo de Traballo Comarcal de Ferrolterra da Plataforma Galega polo dereito ao aborto, ten o gusto de convidarvos mañá venres día 28 de xuño na galería Sargadelos as 20:00 horas , á conferencia : "O aborto, o meu dereito"  por Ángeles Alvarez. Esperamos a vosa asistencia Integran a Plataforma: Adiante, AGIR, Andaina, ANOVA, Asemblea de Mulleres de Galiza Nova, Assembleia de Mulheres do Condado, Asociación CDR Virxe do Carme de Camariñas, Asociación Cultural Fuco Buxán, Asociación de Mulleres Dorna, Asociación Enriqueta Otero, Asociación feminista Buserana, Asociación “Finisterrae” de profesionais de desenvolvemento local (AFIPRODEL), Asociación Galega de Saúde Sexual (AGASEX), Asociación Líder, AMI, Asociación Nós Mesmas, Asociación Profesional de Axentes de Igualdade de Oportunidades Galega (APAIOGA), Asociación Púrpura, Asociación Teenses pola Igualdade, Asociación Ve-la luz, BNG, Briga, CCOO de Galicia, Comités, Compr...

Manifestación Polo dereito ao aborto

  A nosa asociación cultural Fuco Buxán sumouse ás reivindicacións contra a Lei do Aborto, e estivo en Santiago de Compostela na gran mobilización do día 16 de xuño por mostrarse totalmente contrarios ante ás políticas do ministro Gallardón, entre outras, a Lei do Aborto. Ofrecémosvos a continuación o enlace ao álbum fotográfico da Manifestación convocada pola Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto o pasado día 16 de xuño de 2013. As mulleres teñen dereito a decidir . Álbum fotográfico: https://plus.google.com/106726281086842107689/posts/87D6i5khML2

Apoio a mobilizacion. Manifesto Plataforma en defensa da Sanidade.

  Estimados amigos e amigas envíovos o Manifesto aprobado pola práctica totalidade das organizacións sanitarias, cidadás, sindicais e políticas en Defensa do sistema sanitario público e contra o seu desmantelamento e privatización na Comunidade Autónoma de Madrid. Esta situación responde á aplicación nesa CCAA dunha estratexia global das forzas neoliberais para deixar á sanidade pública en mans privadas. No desenvolvemento desta estratexia están aliados fondos de investimento de capital-risco, bancos, construtoras, empresas sanitarias privadas, partidos políticos, administracións e gobernos, que comparten os mesmos obxectivos e metodoloxía e aplícana de xeito similar en todas as CCAA. Parece lóxico que para facer fronte a un grupo de presión tan poderoso e unido é necesario organizar unha gran alianza de todos os afectados polo desmantelamento da sanidade pública como son os cidadáns e os traballadores sanitarios e promover mobilizacións de rexeitamento...