Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Espazo Ecosocialista

O fracaso medioambiental e enerxético de SOGAMA sustentase nunha grande estafa económica.

O fracaso medioambiental e enerxético de SOGAMA sustentase nunha grande estafa económica ESPAZO aposta por un novo modelo sustentable diante do fracaso de SOGAMA. O anuncio da suba nun 35,5% do canon que paga cada Concello adherido ao Plan SOGAMA e o posterior pacto entre a Xunta e a FEGAMP para atrasar seis meses esa suba desmonta algúns mitos que cumpre precisar. O primeiro é o mito de SOGAMA como opción con mellor relación custo/beneficio para tratar os residuos sólidos urbanos. SOGAMA sempre se vendeu como o mellor compromiso entre o custo económico e o “beneficio ambiental”. Unha mentira, reiteradamente denunciada polos colectivos ecoloxistas deste país, que agora queda exposta ante o conxunto da cidadanía. Para Espazo Ecosocialista o canon inicial de SOGAMA foi sempre un prezo “político” para tentar asfixiar outras opcións de xestión de residuos e atraer o máximo número de concellos. A realidade é que SOGAMA se financia directamente dos nosos petos por dobre vía: unha ...

Folga contra os recortes, os copagos e o intento de privatización da sanidade pública galega.

En defensa da sanidade pública: a crise como coartada para a privatización Espazo Ecosocialista apoia a folga contra os recortes, os copagos e o intento de privatización da sanidade pública galega que os diversos colectivos de traballadores e traballadoras dos servizo público de saúde galego van realizar os próximos 9 e 10 de decembro. Ademais Espazo chama a toda a poboación galega a apoiar estas mobilización do persoal sanitario acudindo de forma masiva as manifestacións convocadas o día 10 de decembro nas principais cidades e vilas galegas. O goberno do PP está empeñado no desmatelamento da sanidade pública en España e a Xunta de Galicia é unha alumna avantaxada na aplicación de todas as medidas dirixidas a desmantelar os soportes do sistema sanitario (universalidade, accesibilidade e equidade). O RD 16/2012 de medidas dirixidas a garanter a sostenibilidade do Sistema Nacional de Saúde xustamente fai o contrario do que o seu nome anuncia. Entre outros aspectos, víncula o de...

25N: ESPAZO Ecosocialista demanda o fortalecemento de políticas de asistencia integral ás victimas da violencia.

25N: ESPAZO Ecosocialista demanda o fortalecemento de políticas de asistencia integral ás victimas da violencia. A violencia de xénero é consecuencia da discriminación que sufren as mulleres e da persistencia de desigualdades por razón de xénero na sociedade. ESPAZO Ecosocialista considera que o impulso de actuacións en todos os ámbitos posibles: sociais, económicos, políticos, culturais... que permitan acadar a igualdade efectiva e real entre homes e mulleres será o que consiga erradicar a violencia de xénero, manifestación extrema da desigualdade. O recurso á violencia está presente en todos os países e en todos niveis sociais. No que vai de 2013, no Estado Español, 44 mulleres e 5 menores de idade foron vítimas mortais da violencia machista. Estes datos sobre vítimas mortais son a punta do iceberg do problema da violencia contra as mulleres. Nos seis primeiros meses de 2013, presentáronse 2552 denuncias por violencia de xénero en Galicia e 60 981 en todo o estado español...

ICV, aliado de Espazo Ecosocialista, leva a sentenza do Prestige diante da Comisión Europea.

Iniciativa per Catalunya Verds, aliado de Espazo Ecosocialista, leva a sentenza do Prestige diante da Comisión Europea. O eurodeputado de ICV adscrito ao grupo dos Verdes/ALE, Raül Romeva, trasladou a sentenza da Audiencia Provincial de Coruña á Comisión Europea despois de que tanto a administración e os 3 acusados quedasen absoltos dos delitos contra o medio ambiente e que só o capitán do petroleiro, Apostolos Mangouras, fose condenado a 9 meses por un delito de desobediencia grave á autoridade que nin sequera terá que cumprir polos seus 78 anos de idade. "Que mecanismos ten a Comisión para garantir que, por parte dos órganos competentes e responsables, esíxese o cumprimento da normativa comunitaria en termos de Responsabilidade Ambiental?", preguntou Romeva que tamén quere saber se a Comisión percorrerá a sentenza por incumprimento do principio "Quen contamina paga". Dado que a sentenza do pasado 13 de novembro "prexudica a prevención dos accidentes...

Resumo da I Conferencia Política de Espazo Ecosocialista (Videos)

Enlaces onde podedes ver as diversas sesións da I Conferencia Política de Espazo Ecosocialista (19 de outubro de 2013): - Mesa Redonda O Papel da Cidadanía no Cambio. Guillermo Cid, membro de Ecoar (Vigo), e Antón Gomez-Reino, membro de RDS (A Coruña) falan das súas respectivas experiencias de converxencias sociais: www.espazoecosocialista.org/index.php?option=com_content&view=article&id=224:o-papel-da-cidadania-no-cambio&catid=80&Itemid=501 - Conferencia sobre as políticas verdes en Europa. Intervención de Mar García Sanz do Comité do Partido Verde Europeo e de ICV: www.espazoecosocialista.org/index.php?option=com_content&view=article&id=223:as-politicas-verdes-en-europa&catid=80&Itemid=501 - Panel de Novas Axendas Políticas. Intervencións de Xoán Doldan, de Vespera de Nada, sobre novo modelo enerxético; Ramon C. Rodríguez, de Coop 57, sobre novo modelo económico; Xose Lois Rivero, da Campaña Roupa Limpa, sobre novo modelo de consumo; Man...

Documento-Declaración Dereitos humanos e principios no ámbito dixital e en internet.

Aseguremos os dereitos humanos en Internet. Espazo Ecosocialista insta á Xunta de Galicia a asegurar os Dereitos Humanos no ámbito dixital. Na metade do século pasado a aparición da electrónica supuxo un substancial avance no eido tecnolóxico, avance que deu outro pulo importantísimo coa aparición da internet nas últimas décadas so século XX. En poucos anos, esta nova ferramenta converteuse en básica para persoas, comunidades, organizacións, gobernos, en calquera tipo de actividade. A incidencia e o fenómeno social que supón, ven requirindo hai tempo unha regulación propia e especifica, que recoñeza aspectos e valores para todos os actores, ao mesmo tempo que obrigas e responsabilidades. Non será posíbel unha regulación xusta sen ter en conta os valores, xeitos e formas de funcionamento da Internet dende o seu nacemento. Non facelo, supón non entender nin avaliar a verdadeira importancia do que tratamos, perverter unha realidade social aloxándoa do obxectivo e do inte...

Café-Tertulia: "Conocer y debatir las problemáticas y soluciones de la Inmigración".

Invitación - Acto: Café-Tertulia organizada por Espacio Ecosocialista Galego - Ferrolterra para conocer y debatir las problemáticas y soluciones de la Inmigración. Nos tomamos un café, dos, tres.. y hablamos con:   María Teresa Bustamante  (abogada en ejercicio, Extranjería) Susana Alaníz   (Foro Galego de Inmigración, Área de Inmigración de Fuco Buxán) Carlos Varela   (Presidente de la Asociación de Lazos Pro Solidariedade)    Presenta:    Lucía Vizoso 8 de Noviembre de 2013  a partir de las 21:30 horas. CAFÉ - TERTULIA Colabora - Cafetería ZUCRE Rúa Magdalena 170 -Ferrol