Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta 15M

Artigo 15M da A.C. Fuco Buxán

O próximo día 15 cúmprense seis anos do 15 M, aquel día onde unha boa parte da cidadanía decidira mobilizarse contra a política de austeridade que levaba, e segue a levar, cara á perda e aos recorte de dereitos sociais e económicos, fora un movemento que ocupou pacificamente as prazas públicas das cidades. A acampada na porta do Sol convertérase no centro de referencia de protestas e reivindicacións. Non foran os partidos políticos, nin os sindicatos, quen tomou a iniciativa foi unha parte da sociedade que con gran participación de mozas e mozos decidiu rebelarse fronte ao modelo político e económico. En España, a crise ten unha característica propia, un crecemento económico baseado na construción, e se crea unha burbulla inmobiliaria. Todo o solo é urbanizable, como dicía o autor da milagre económica, o ministro Rodrigo Rato. Bancos e Caixas incentivaron a concesión de créditos hipotecarios. Como consecuencia da creba do sistema bancario, daquela o Estado inxectou diñeiro en Banc...

Crowfunding: axuda ao Tribunal Ciudadano de Justicia del 15M a levar aos directivos de Caja Madrid ante o Supremo

A asemblea Tribunal Ciudadano de Justicia del 15M  ( TCJ ) está a promover unha campaña de crowdfunding coa fin de poder financiar as posibles costas de presentar un recurso ante o Tribunal Supremo para xulgar a Miguel Blesa e a outros tres directivos de Caja Madrid (Ildefonso Sánchez Barcoj, responsable da Dirección General Financiera, Ignacio de Navasques Cobián, director general de Tasaciones Madrid e Ramón Martínez Vílchez, gerente de riesgos). O obxectivo é recadar a cantidade antes do 18 de setembro . ¿O motivo? A sobretasación sistemática nos préstamos hipotecarios, unha práctica continuada que se revela nos cen expedientes hipotecarios que presentan como proba. ¿Os delitos? Estafa, administración desleal, asociación ilícita e falsedade documental. O TCJ xurdiu a partir da acampada Sol de 2011, que posteriormente se extendeu ás asembleas dos barrios e pobos de todo o Estado. Co obxetivo de identificar e denunciar aos verdadeiros respon...

Artigo de Ártabra21 sobre o #GlobalDebout - 15M en Ferrolterra o pasado domingo 15 de maio

Compartimos este artigo de Ártabra 21 no que se fai cobertura do evento promovido polas Marchas da Dignidade Ferrolterra dentro da convocatoria mundial #GlobalDebout , e coincidindo co 5º aniversario do 15M , e que tivo lugar no Cantón este domingo 15 de maio , dende as 12:00h ata as 14:00h Ártabra 21 - En Ferrolterra fomos á Praza este 15M - Vídeos: ate 11 documentos audiovisuais do acto Como non podía ser doutro xeito, alí estivo Fuco Buxán participando, aportando a súa perspectiva e convidando á cidadanía a tomar as prazas e as institucións para facer do noso entorno un lugar mellor onde vivir.

O 15M imos tod@s á Praza - Concentración e asemblea ás 12 do mediodía no Cantón de Ferrol, este domingo 15 de Maio

15M TOD@S Á PRAZA Este domingo, 15 de Maio, ás 12 do mediodía , en Ferrol, no Cantón , nas inmediacións do Palco da Música. Non faltes ! Participa ! Como en moitas cidades de Europa e doutras partes do mundo, na Galiza mobilízamo-nos este 15M. Nas sete cidades, van ter lugar concentración nas prazas. E en Ferrol tamén o imos facer, non só en apoio da convocatoria do 28M na que entraremos nas históricas murallas romanas de Lugo , patrimonio da humanidade, para conformar " Unha Muralla de Dignidade ", senón que tamén nos mobilizaremos como en toda Europa na acción internacional #GlobalDebout promovida pola #Nuitdebout (Noite en Pé). Ferrol no mapa mundial da accións locais na #GlobalDebout | Acceder . Ferrol na wiki do evento mundial |  Acceder . Estaremos no 5º aniversario do movemento 15M, quentando motores para construír " Unha Muralla de Dignidade ", o sábado 28M en Lugo. E non faltaremos á Acción Mundial , dende París até Hong Kong, pas...

Marchas da Dignidade Ferrolterra: o 1º de Maio, comezo dunha primavera de mobilización e loita

“Que as rúas se enchan de voces e vontades para rematar co sistema inxusto que nos escraviza e empobrece. Viva o 1º de Maio!” “O 1º de Maio comezo dunha primavera de mobilización e loita” A situación política, social e económica está atravesando un dos peores momentos dos últimos tempos... A corrupción e o latrocinio xeneralizado, o apuntalamento dun sistema que permite a inxustiza, o empobrecemento e deterioro das condicións de vida de millóns de persoas... A xeneralización do traballo escravo, precarizado e sen dereitos... A falta de perspectiva para os nosos sectores produtivos, no agro, na pesca, na industria... O deterioro do medio ambiente, a destrución das nosas rías... É urxente frear as políticas que nos afunden en beneficio das transnacionais e dos máis ricos, das persoas cobizosas que acumulan toda a riqueza e o esforzo do noso traballo. Cumpre denunciar o TTIP (Tratado Trasatlántico de Comercio e Investimentos entre EEUU e a Unión Europea) e esixir unha pasaxe segura para ...

23 F, Marea Cidadá Contra o Golpe dos Mercados

A Asociación Cultural Fuco Buxán, quere informar da convocatoria da Marea Cidadá para o 23F, por considerar, que o seu manifesto reflicte na súa totalidade as necesidades vitais que demanda este país para un troco verdadeiro da situación política, económica, de crise e neoliberalismo, de intereses dos mercados, de débedas externas, de desafiuzamentos. Basta Xa! Hai que paralos ! Non ao golpe de estado dos mercados. A nosa asociación convídavos a ler o manifesto e a saír as rúas o día 23F, para dicir que xa está ben de corrupcións e de gobernos tiranos. A xente morre de fame, que da sen casas, sen roupa, sen negocios, NON PODE SER que haxa TANTA desigualdade. Enlace ao blogue da Marea Cidadá: http://mareaciudadana.blogspot.com.es/