Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta UE

A nosa compañeira Lucía Vizoso, entrevistada en "Espacio Abierto" de TV Ferrol

Como xa anunciaramos [ver nova] , o pasado día 4 de xuño tiveron lugar no Centro Cultural Carvalho Calero as xornadas "A problemática da contaminación do medio mariño nas pescas e o marisqueo da UE" , promovidas por GUE/NGL , o Grupo Europarlamentario de Esquerda Unitaria de Europa - Esquerda Verde Nórdica, do que forma parte AGE. Nelas, participou a nosa compañeira Lucía Vizoso como moderadora e presentadora, motivo polo cal foi entrevistada no programa "Espacio Abierto" de Televisión de Ferrol . Para aquelas persoas que non o puideran ver en directo o pasado venres 10 de xuño, deixamos aquí o vídeo: https://www.youtube.com/embed/hZx1gTIGvjg Aproveitamos tamén para deixar tamén o vídeo dunha entrevista que emitiu o mesmo programa días antes, e polo mesmo motivo, a Lidia Senra, que tamén participou nas mesmas xornadas: https://www.youtube.com/embed/ic1rYXnzp0I

Convidamos a adherirvos á denuncia colectiva do acordo UE-Turquía ante as administracións europeas

Dende a Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas , plataforma á que estamos adscritos, infórmannos que CEAR están a promover unha denuncia colectiva do acordo entre a UE e Turquía ante a Comisión Europea, o Comisario Europeo de DDHH do Consello de Europa e o Defensor do Pobo Europeo. O texto da denuncia está baseada na vulneración dos dereitos das persoas refuxiadas e a normativa europea e internacional. O proceso de adhesións para os colectivos e organizacións que queiran sumarse estará aberto ata este xoves, 28 de abril (incluído) a través deste formulario on line: https://docs.google.com/forms/d/1zpzNHOW3tIm_rbzVJzpWIisMqY-rh7qf_kZdYeWu92I/edit?usp=drive_web#responses A adhesión a título individual pode facerse neste outro enlace: https://www.change.org/p/comisi%C3%B3n-europea-detener-las-expulsiones-de-refugiados-a-turqu%C3%ADa

Deficiencias no Hospital Álvaro Cunqueiro (Vigo)

Estrasburgo, 06 Outubro 2015 .  A eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lídia Senra, sinalou onte na súa intervención  en Sesión Plenaria ao recentemente inaugurado centro hospitalario Álvaro Cunqueiro de Vigo identificándoo como "un claro exemplo do caos e a precarización que conleva a privatización da sanidade na Galiza". A eurodeputada de AGEe exemplificou a inoperancia na planificación da actividade deste hospital en relación aos recursos hospitalarios existentes na cidade olívica, subliñando que, lonxe de incrementar a capacidade de atención sanitaria, como contrapartida á apertura deste centro o Goberno de Núñez Feijoo reaccionou pechando tres hospitais, "o que supón que o número de camas sexa o mesmo e que as urxencias hospitalarias estean totalmente colapsadas". Asemade, ao fío das reivindicacións laborais levadas adiante por colectivos profesionais como o de enfermería e celadores/as, Senra destacou a privatización "to...