Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Planta de Gas

Prevista a entrada na nosa Ría dun gaseiro cargado de GNL

Prevista a entrada na nosa Ría dun gaseiro cargado de GNL, o número 226, o Comité Cidadán de Emerxencia, convoca: CONCENTRACIÓN Lúns 21 de Agosto 2017, ás 8 da tarde. Peirao de Coruxeiras – Ferrol PLANTA DE GAS: PECHE XÁ!

Esquerda Unida denuncia a porta xiratoria de José Manuel Rey Varela para no consello de administración da planta ilegal de Reganosa

Esquerda Unida denuncia a porta xiratoria de José Manuel Rey Varela para no consello de administración da planta ilegal de Reganosa: http://esquerdaunida.org/esquerda-unida-denuncia-a-porta-xiratoria-de-jose-manuel-rey-varela-para-no-consello-de-administracion-da-planta-ilegal-de-reganosa/

Puntualización do CCE sobre a entrada do último gaseiro

Puntualizacións sobre a entrada a Reganosa do gaseiro “Al Utouriya” Con motivo da entrada na Ría, o pasado martes,  do gaseiro “Al Utouriya”, cargado de GNL, os medios de comunicación daban a noticia como un novo fito para REGANOSA. ¡O maior gaseiro que entrou ata agora!. Certo é que polas súas dimensións é o maior dos que entraron, o que nunha primeira lectura traduciríase como un éxito polo abaratamento de custos, con todo  isto non é así. Aínda que o gaseiro é o maior, veu con 2/3 da súa carga nominal. En concreto descargou, entre os días 25 e 26 de abril, 140.500 m3 (datos de Enagas Gestor), cando a súa capacidade máxima, e así o anunciaban aos catro ventos, é de 215.000 m3. A razón pola que veu con carga reducida é moi sinxela: a canle de entrada está limitado en calado. Este buque ten un calado máximo de 12,3 metros, pero entrou con 11,1 porque está obrigado a deixar unha marxe respecto ao fondo dun 12 % do seu calado. Unha vez máis queda en evidencia que a ...

Nota de Prensa do CCE relativa a tese Cunha-Urgorri sobre REGANOSA

Nota de Prensa do CCE relativa a tese Cunha-Urgorri sobre REGANOSA A tese Cunha-Urgorri, que nega a afectación da Ria polo impacto de Reganosa, carece de rigor e é contraria a estudos europeos feitos ao abeiro da CE, que califican o uso de biocidas e arrefriamento da auga como contaminación mariña. Diferentes medios publicaban estes días a tese da investigadora da Estación de Bioloxía Mariña da Graña, Xela Cunha, dirixida por Vitoriano Urgorri - responsable da estación-, na que se afirma que “a planta de gas de Reganosa non ten afectación nas augas da Ría”. Na entrevista publicada na Voz (26-03-2017) ven a dicir: “ A estación da Graña e Reganosa levan traballando en conxunto desde finais de 2006”. A tese abarca desde o ano 2007 ate o 2013 e dí que, “segundo os estudios na estación máis próxima á planta de Reganosa (dos catro estudados), non existen ningún descenso na riqueza especifica, é dicir, no número de especies que hai, e na abundancia, no número de exemplares de cada u...

Nova Concentración ante entrada Nº 209 de Gaseiro na Ría

Estando prevista a entrada na Ría do gaseiro cargado con GNL nº 209 o Comité Cidadán de Emerxencia, convoca: CONCENTRACIÓN Lúns, 25 de abril 2016,  ás 20 hs (oito da tarde) diante do Edificio da Xunta de Galicia (Praza amada García – Ferrol) PLANTA DE GAS: PECHE XÁ! Para máis información: www.comitecidadan.org  Tamén en Twitter: @ComitCEmerxenc   Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol: comitecidadan@gmail.com   Para axudas económicas:  C.c. en Banco Santander, titular: Luz Marina Torrente e outros  Desde España: 00493315772894017995  Desde o Extranxeiro: ES 71 00493315772894017995

Fotos e audio Rolda de Prensa do CCE [Comite Cidadan de Emerxencia] sobre a Sentenza do TS sobre Reganosa

O Comité Cidadán de Emerxencia fixo hoxe 13 de abril, no Salón de actos do Ateneo Ferrolán, ante os Medios de Comunicación e a cidadanía, unha extensa valoración da Sentenza do Tribunal Supremo que declara de xeito irrevocable a nulidade da Autorización Previa de Instalación da Planta de Gas de REGANOSA. Participaron: O Alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, a Asesora Xurídica do CCE Patricia Gabeiras, o Coordinador Manuel Rodríguez Carballeira, a Presidenta da A. VV. “O Cruceiro” de Mehá, e os membros do CCE Francisca Portela e Carlos Álvarez, que reafirmaron a ilegalidade desta Planta, perigosa, innecesaria e antieconómica. Álbum fotográfico Audio da Roda de Prensa: Audio do Coloquio:

Mércores 13, Rolda de Prensa do Comité Cidadán de Emerxencia aberta á cidadanía

Compartimos con vos a invitación que fai o Comité Cidadán de Emerxencia a unha rolda de prensa aberta á cidadanía. Consideramos fundamental a asistencia da maior cantidade de xente posible para que quede patente o rexeitamento da cidadanía á instalación de Reganosa O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, Convoca aos Medios de Comunicación e á cidadana a unha RODA DE PRENSA Mércores 13 de abril, ás 18 hs, no ateneo Ferrolán Na que, coa participación de Dona Patricia Gabeiras, Avogada do CCE, farase un análise da recente Sentencia do Tribunal Supremo que confirma a nulidade da Autorización Administrativa Previa da Planta de Gas de REGANOSA. Segunda sentencia en firme do Supremo contra Reganosa e un paso importante na defensa da legalidade, a Ría e a vida das persoas da súa contorna. A valoración inicial do CCE e a Sentencia completa, pódense consultar na nosa web:  www.comitecidadan.org Agradécese difus...

O CCE presenta alegacións a ampliación de Concesión a Reganosa

Onte, o CCE presentou diante da Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao un documento de Alegacións contra a ampliación da Concesión a Reganosa. Engádese o Documento e reseñamos a continuación a Nota de Prensa enviada aos Medios de Comunicación: NOTA DE PRENSA ALEGACIÓNS DO CCE CONTRA A AMPLIAZÓN DA CONCESIÓN A REGANOSA O CCE presenta alegacións a ampliación de Concesión a Reganosa: O CCE ven de presentar diante a Autoridade. Portuaria de Ferrol-San.Cibrao o documento de Alegacións contra a proposta de prorrogar por 15 anos mais a Concesión a Reganosa. Un documento onde se proba que as pretensións de Reganosa carecen de fundamento. Segundo os representantes de Reganosa dado que, a concesión outorgada en Maio de 1997 foi para usos de Forestal, consideran que as obras realizadas por Forestal nos anos 1999 e 2000 son as iniciais e que as inversóns realizadas a partires do 2004 na construción da planta de gas (ao non estar previstas na concesión orixinal) serían consideradas unhas inversi...

Esquerda Unida denuncia o informe do Parlamento Europeo sobre a Ría.

O grupo municipal de Esquerda Unida denuncia a operación de ocultación e enmascaramento da realidade por parte do Partido Popular europeo, e de manipulación por parte do seu deputado Phillippe Boulland, ao servizo dos intereses dos donos de Reganosa e das políticas de engorde do capital que sostén ás empresas do sector enerxético, no informe da comisión europea sobre o estado das rías galegas en xeral e da nosa en particular. O informe final foi emendado por Esquerda Unida despois dunha esperpéntica historia de continuos borradores e versións provisionais que só se explican polo interese do Partido Popular (galego, español e europeo) de impedir que o que viron e ouviron os membros da delegación na nosa e en todas as demais rías visitadas saíra á luz nas observacións preliminares e nas conclusións finais do informe. A primeira e antiga, e polo mesmo moi venerable, acepción de “verdade” era en grego arcaico “aletheia” e, alí mesmo, significaba no seu uso común, non marcado,...

Nota do CCE: Os gaseiros de Gas Natural –Fenosa versus Reganosa e Navantia.

Destápase nestes dias o escándalo de que Gas Natural Fenosa versus Reganosa ( un dos seus máximos accionistas) e Repsol adxudican 4 gaseiros aos estaleiros de Xapón e Korea. Estando os nosos sen carga de traballo, a construción destes catro buques, serviría para paliar a gravísima situación que atravesamos cando máis de 2000 traballadores das Compañías Auxiliares xa están na rúa. É rechamante que nos útimos anos os directivos de Reganosa (Planta de Gas ilegal, perigosa, deficitaria e destrutiva para a nosa Ría), tentando - sen escrúpulo algún - gañarse á cidadanía, véñennos bombardeando con que Reganosa promove o traballo en Navantia, coa reparación de gaseiros, vestíndose con plumas alleas, xa que Navantia vén realizando estas reparacións desde 1993. A adxudicación dos gaseiros aos estaleiros asiáticos demostra o interese real, de Reganosa e os seus socios, polo emprego nesta comarca. Unha vez máis aos traballadores e cidadanía desta comarca tocaranos seguir padecendo a ...

VII MARCHA A PÉ FERROL-MUGARDOS

O vindeiro venres día 19 de xullo de 2013 ás 17 horas no Parque Carmelo Teixeiro – Caranza – Ferrol. O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol convoca a 7ª MARCHA A PÉ FERROL – MUGARDOS, co lema:   PECHE XA !   A Marcha, como é habitual cada ano, partirá ás 17 hs. Do Parque Carmelo Teixeiro, xunto a ermida de Caranza, e tras percorrer a Ponte de As Pías, Perlío, Barallobre, Maniños, Franza, A Pedreira e Reganosa rematará no Campo dos Carneiros de Mugardos, onde se recibirá aos camiñantes e a quenes por calquera medio (bici, carro, lancha...) se acheguen, con música e merenda, coma sempre, a módico prezo. O CCE fai un chamamento a participación e a difusión desta actividade, co ánimo de manifestar publicamente, unha vez máis, a perigosidade da Planta de Gas de Reganosa, unha ameaza constante para a vida de milleiros de persoas, a contaminación da Ría e a destrucción do marisqueo e os seus postos de traballo, a ilegalidade da súa ubicación confirmada pola ...

Planta de Gas Reganosa no Parlamento de Galicia.

Despóis de máis dunha década de loita do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol contra a ubicación da Planta de Gas de Reganosa,  debateuse no Parlamento de Galicia a Moción presentada polo Grupo AGE, exixindo o desmantelamento da Planta, o cumprimento da Sentenza firme do Tribunal Supremo de maio 2012 e a denuncia do Convenio secreto asinado polo Presidente Fraga e o accionariado da Planta. A Moción, con enmendas do PSdeG-PSOE e BNG, foi rexeitada pola maioría absoluta do Partido Popular. Unha representación do CCE, asistiu ao debate no Parlamento, desde dependencias anexas, xa que logo non lle foi permitido acceder ao salón de Plenos.  Nota de AGE Texto da Moción Intervención de Yolanda Díaz.

O Recuncho nº 125 en RadioFilispíM

Martes, 19 de febreiro 2013, de 17,00 a 18,00 no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet: http://giss.tv:8000/radiofilispim.ogg “ O Recuncho” nº 125 , programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos: Invitado: Carlos Vidal Ojea, que falará de Acción Directa. Recuperación de espazos públicos. Falaremos das varias mobilizacións: Contra a Planta de Gas e os Desafiuzamentos, en defensa da Sanidade Pública. O “Espertar da Razón”  de José Torregrosa:   “¿Solo 300?” Na “Sección Poética”  de Lorena Calaza: Rainer María Rilker. Os libros recomendados,  espazo de Víctor G. Novás Novas e comunicados,  por Fernando Ocampo. Música: Manu Chao Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com e-mail: opafuco@gmail.com telefº directo: 981371040

Concentración ante Delegación do Parlamento Europeo, problemática da Planta de Gas de REGANOSA

     O C omité Cidadán de Emerxencia, convoca unha concentración , o vindeiro mércores 13 de febreiro, ás 09:45 horas, diante do hotel Hesperia en Ferrol.   O Comité Cidadá de Emerxencia consegue que unha delegación Europea visite a Ria e se informe “in situ” sobre Reganosa. Nos próximos días unha Delegación do Parlamento Europeo acudirá a Ferrol para coñecer “in situ” a problemática da Planta de Gas de REGANOSA e o estado da Ría.  Esta Delegación reunirase cos peticionarios e autoridades. Esta visita responde á Petición 1322/2007 -denuncia contra Reganosa-, presentada polo CCE, Confraría de Pescadores e Mariscadores de Ferrol e IU, ante a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo, a onde se desprazaron en Novembro de 2007. Amáis da denuncia, tamén foi recabada a constitución dunha Delegación Especial para que, sobre o terreo, a propia Comisión, poidera comprobar e avaliar os fragrantes incumprimentos, tanto medio ambientais como de seguri...

Prevista a entrada na Ría, do vello gaseiro (33 anos de antiguedade) cargado con GNL

Prevista a entrada na Ría, do vello gaseiro (33 anos de antiguedade) cargado con GNL, nº 134 “LNG Abuja” o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, convoca: CONCENTRACIÓN M ércores, 23 de xaneiro ás 19 hs, diante do Edificio da Xunta de Galicia Praza Amada García – Ferrol Características do buque: Nome.- LNG Abuja, Ano Construción.- 1980, Bandeira.- Bahamas, Eslora.- 286 m, Manga.- 43.7 m, Puntal.- 43.74 m, Calado.-11.53 m, Capacidade.- 126.530 m³ de GNL . Máis información: http://cociudem.wordpress.com/