A Asociación Cultural Fuco Buxán expresa a súa satisfacción e o seu agradecemento á Fundación Xaime Quessada Blanco e ao Goberno do Concello de Ferrol , que posibilitaron a exposición pública, de dúas importantes obras pictóricas relacionadas coa historia de Ferrol. Desde hoxe, a cidadanía poderá disfrutar dos murais de Xaime Quessada Porto , no marco excepcional do Auditorio Municipal de Caranza , ambos realizados polo artista na Praza de Armas de Ferrol: Mural Anti – OTAN, de 1981, feito a solicitude do PCG. (20 x 4 m.) Mural en Defensa da Ría e da Vida, de 2002, a petición do Comité Cidadán de Emerxencia, contra a ubicación da Planta de Gas. (16 x 2,40 m.) Este acto foi o primeiro das vindeiras celebracións que farán do 2016 o “Ano Quessada en Ferrol” . Parabéns a cantos/as contribuiron a facer posible esta importante manifestación artística e social que enriquece á cidade de Ferrol. Alcaldía, Concellería de Cultura, Equipo de Goberno, Fundación Quessada Blan...
“Andar ergueitos, falar forte e nunca máis esquecer o noso norte."