A A.C. Fuco Buxán súmase é convida a participar nos actos organizados pola Asoc. Memoria Histórica Democrática Homenaxe a Amada García e as persoas represaliadas pola dictadura martes, 27 de xaneiro, ás 17:00 horas no Castelo de San Felipe. Este será o primeiro aniversario no que non estará presente o seu fillo Gabriel toimil, pero de seguro, estará na lembranza de tod@s. Amada García era natural e veciña de Mugardos, estaba casada con Gabriel Toimil Dopico e tiña unha filla. Foi fusilada no Castelo de San Felipe o 27 de Xaneiro de 1938. Esta bastante estendida a idea de que foi fusilada por bordar unha bandeira do Partido Comunista de España, o que é falso. A realidade é que era unha muller politicamente moi activa e boa oradora, unha líder natural, polo que acadou as antipatías dos sectores máis conservadores da sociedade mugardesa. Cando se produce o golpe de estado dos militares, as autoridades locais de Mugardos organizan a resistencia cos escasos medios que estaban á súa disp