CARTAZ OBRA DO PINTOR E AMIGO JUAN MANUEL ALVAREZ ROMERO
PROGRAMA DA NOVENA POESÍA SALVAXE 2016
MÉRCORES, 13- As 18,30h
No PALCO Do CANTÓN: Proclama POÉTICO-POLÍTICA
(Guillermo Ferrandez, Victor M. Diez, Karlotti e Felipe Zapico)
E posterior intervención dos poetas presentes que desexen
voar os seus versos.
As 22,30
No BAR CAZADORES, AL VIDAL, ZAPICO Y AZÉFALO
NARCISO TEATRO, ROGER DE FLOR
poemas e música, dos poetas e das
poetas que van chegando a nosa cidade.
XOVES, 14 As 11h.
No HOTEL SUIZO: Beat Room Hotel, con aforo limitado
se farán acompañar polos asistente, a unha suite, e con textos
de Jack Kerouac, Ginsberg, Neal Cassady, Gregory Corso, etc.
Gozaremos dunha Experimental posta en escena da poesía
da Beat Generation
As 12,30h
No MERCADO DA MAGDALENA, incursión poética a cargo
das poetas Raquel Nobre Guerra, Ana Cibeira, Tiago Gomes,
Victor M. Diez, Karlotti, Al Vidal…
As 14h.
Poetas e Poemas nas rúas
As 18h.
No ATENEO FERROLÁN, cita ca poeta Raquel Nobre Guerra.
QUICO CADAVAL, E O homenaxe múltiple a República.
As 20h.
No BAR GUARISNAIS, con seus poemas, SILVIA PENAS y
KALI FERRANDEZ
As 22,30h. na SALA SUPER 8, os portugueses, Tiago Gomes
(voz), Francisco Rebelo (guitarra), co o espectáculo do grupo
The Big Lebowskis. Con final improvisado.
VENRES, 15, As 11h.
No HOTEL SUIZO, segundo pase de Beat Room
Hotel.
As 12,30h no MERCADO DE RECIMIL, poemas
de LUCÍA ALDAO, MARIA LADO.
A continuación SILVIA PENAS y DORES TEMBRÁS
As 14h.
Nas Rúas, Rúa Do Sol, na TABERNA O´XUSTIÑO,
E da Magdalena, na TABERNA O´CANDIL
As 17h.
Na LANCHA da Ría, voaremos poemas cas Rimas
do noso Mar.
Dores Tembrás, e Silvia Penas, e todos nos.
MIGUEL NEIRA, GAITA NA RÍA
As 20h.
Na CAPELA DO TORRENTE, con todos nos,
QUICO CADAVAL.
As 22,30h
no MANCHITA COSA, Serxio Garcia e
Leo Arremecághona.
Itha K. Kátartika
ROGER DE FLOR
Dores Tembrás, Silvia Pena, Eli Zeta, Area
Erina, Kali Ferrandez, Pedro Campos,
Victor M. Diez….
SÁBADO, 16…As 13h. Sesión Vermouth
No Bar CAZADORES, Manuel RIVAS, precedido
pola voz galaico portuguesa de Manolo
BACALHAO e ca maxistral compañía de CABE Garcia
Faremos un ruteiro ata FERROL VELLO, TABERNA O´ÁNCORA.
En todas as actuacións estaremos acompañados por eles e elas, poetas de Ferrolterra, e dos músicos AL Vidal, Eugenia Manuela Sanmartin, Cabe, Manolo Bacalhao, Roger de Flor, Fefi Naveiras, etc etc E CONVIDAMOS EXPRESAMENTE A TODOS E TODAS, A LER OS SEUS POEMAS
AGRADECEMENTOS
Queremos deixar constancia da xente, dos amigos, das asociacións que nos axudaron neste facer realidade un acontecemento como este, onde a poesía ocupa o lugar natural, a rúa, a praza, alli onde se respira cada dia, alli onde se talla e moldea, e con ela o mundo, a vida, os soños e a loita por un mundo mellor, mais xusto, onde a miseria da abundancia non teña cabida, onde os espellos ardan. E os reloxos sexan os que o corazon plagia.
En primeiro lugar a A. C. FUCO BUXAN, que temos a fortuna de formar parte desta asociacion, exemplo de colectivo cidadán, aberto e comprometido, comprometido con todo e cada un dos problemas e realidades da nosa cidade.
Grazas á AAVV de ESTEIRO, que dentro da súa magnifica actividade brindounos o seu espazo e o seu apoio a esta cita.
Grazas a todos os amigos e amigas, moitos en construccion, pero todos atravesados pola simpatia e a vontade de que a AXUDA MUTUA sexa o noso alimento.
A todas as ASOCIACIÓNS CULTURAIS que fan posible, a pesar do desprezo que sufrimos por parte dos estamentos oficiais, fan posible que se manteña vivo e creza este tecido de veas de osixeno que favorecen o sobrevivir cada dia á mezquindad e mediocridade reinantes sobre todo nos estamentos que "administran as nosas cousas" sometiendonos a un saqueo constante.
Aos bares, aos imprescindibles bares, cafes, pubs onde inventamos lugares adorables nos que a conversacion e a risa técense coa resistencia e as dificultades do vivir cada dia:
Grazas á TABERNA Ou´XUSTIÑO
MESON Ou´CABAZO
ao CAFE TUPINAMBA
ao PUB CARTEIS
ao emblematico CAZADORES
á SALA SUPER 8
ao ALFONSO
ao CORAL
ao ANCA
ao IRLANDA
a todos e cada un deles, a todos os que aqui non aparecen pero que tambien temos en conta, a todos grazas.
E como non podia ser menos facer patente o que debemos aos nosos amigos que elaboraron a parte grafica de todo este acontecemento: GORIVICH, PEPE POUSE, IVAN ROUCO, IGNACIO (IVO)E CARLOS PERILLE.
DEIXAR CONSTANCIA DA COLABORACION DO HOTEL SUIZO