Esta reflexión xorde tras un debate entre colegas ante a situación actual xerada pola pandemia covid-19. “Encántame a época que me tocou vivir (nótese a ironía)” di unha persoa en plena corentena provocada pola crise do covid-19. “Estamos mellor que noutros tempos” serve como resposta, ejemplificando os períodos bélicos como a guerra civil. Vivimos nunha época na que nos temos que considerar afortunados/as por ter unhas condicións materiais de vida dignas, mellores que outros colectivos da nosa contorna, e xa non digamos, outros países e outras comunidades. A verdade é que o azar de nacer nun determinado lugar do planeta non outórganos a condición de afortunados/as senón que nos concede unha serie de privilexios. Antes de seguir coa miña exposición quixera facer un pequeno matiz para aclarar este punto de partida. Moitos aspectos da nosa vida que consideramos dereitos poden ser lidos como privilexios. A diferenza daquelas persoas que parten do privilexio, os der...
“Andar ergueitos, falar forte e nunca máis esquecer o noso norte."