Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Política

Artigo 15M da A.C. Fuco Buxán

O próximo día 15 cúmprense seis anos do 15 M, aquel día onde unha boa parte da cidadanía decidira mobilizarse contra a política de austeridade que levaba, e segue a levar, cara á perda e aos recorte de dereitos sociais e económicos, fora un movemento que ocupou pacificamente as prazas públicas das cidades. A acampada na porta do Sol convertérase no centro de referencia de protestas e reivindicacións. Non foran os partidos políticos, nin os sindicatos, quen tomou a iniciativa foi unha parte da sociedade que con gran participación de mozas e mozos decidiu rebelarse fronte ao modelo político e económico. En España, a crise ten unha característica propia, un crecemento económico baseado na construción, e se crea unha burbulla inmobiliaria. Todo o solo é urbanizable, como dicía o autor da milagre económica, o ministro Rodrigo Rato. Bancos e Caixas incentivaron a concesión de créditos hipotecarios. Como consecuencia da creba do sistema bancario, daquela o Estado inxectou diñeiro en Banc...

Vindeira presentación do libro "O PERVERSO GOBERNO DE FEIJÓO. SETE ANOS EN NEGRO."

  Vindeira presentación do libro O PERVERSO GOBERNO DE FEIJÓO. SETE ANOS EN NEGRO escrito por Manuel Monge González, o xoves, 15 de setembro, ás 19:30 horas,  no Centro Cívico de Canido de Ferrol, nun acto organizado pola Asociación Cultural Muíño do Vento .  

24N Mobilización das Marchas da Dignidade

    IMPORTANTE!! BUSES DESDE FERROLTERRA PARA ENCHER O OBRADOIRO O PRÓXIMO 24-O O próximo sábado 24 de Outubro saíran autobuses desde Ferrolterra. Ás 9:30 da mañá sairán desde a praza 10 de Marzal, no barrio de Recimil en Ferrol, facendo paradas en Caranza, Fene e Cabanas. Chegando ao antigo mercado do gando de Salgueiriños en Compostela, onde a Columna Norte ( 11:00hs ) entrará en manifestación até a praza do Obradoiro ( 12:00hs ), onde terá lugar o acto final da mobilización. A volta de regreso a Ferrolterra será as 14:30 do mediodía. O custo da viaxe será 5 euros por persoa. Para anotarse podedes chamar ao número de telefono 602 587 531 ou mandar un correo a marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com e deixar o voso nome e telf. ou tamén podedes enviar unha mensaxe a través do facebook . O límite para anotarse será o próximo venres ao mediodía. Canto antes vos apuntedes mellor, para facilitarnos saber cantos buses hai que contratar. Ánimo!! fagamos que a ...

Mércores 29, ás 12:00 horas, Rolda de Prensa "Carga de Dignidade".

Mañá mércores, 29 de maio, ás 12:00 h, nas escaleiras da Praza de Armas de Ferrol , terá lugar a rolda de prensa, presentación da acción artística popular "Carga de Dignidade" que se levará a cabo o próximo domingo 2 de Xuño na reixa de Navantia. Na mesma comparecerán Parte do colectivo de artistas e creadores que levaron a cabo a “Burla Negra” pola catástrofe do Prestige, agrupados agora en “Radio Buguina”, acompañados por todos os sindicatos, partidos, e colectivos que organizan a acción. Contar coa vosa presenza para poder difundir e chegar á cidadanía este acto pola Dignidade. Organizan: Radio Buguina Comités de Empresa de Navantia e delegados/as da Industria Auxiliar.  Sindicatos: Comisiones Obreras (CC.OO), Confederación Intersindical Galega (CIG), Unión Sindical Obreira (USO), Union Sindical de Traballadores de Galicia (USTG), Unión Xeral de Traballadores de Galicia (UXT-UGT). Partidos políticos: ANOVA, Bloque Nacionalista Galego (BNG), Comprom...

Fuco Buxán apoia a Mobilización contra a Minaría Salvaxe.

A Asociación Cultural FUCO BUXÁN apoia a Manifestación convocada para o domingo 2 de xuño en Compostela , co lema: “Contra a Minaría Salvaxe ¡ Galicia non é unha mina”. PARTICIPA E DIFUNDE para frear o desembarco masivo de empresas transaccionais mineiras, co apoio activo do Goberno Galego, para transformar radicalmente o noso territorio e convertelo nunha mina a ceo aberto. A nosa asociación cultural Fuco Buxán súmase as reivindicacións da Plataforma pola Defensa de Corcoesto e informa sobre as vindeiras actividades que realizarán nas vindeiras datas.  Tamén podedes obter máis información no seu blogue: http://nonaminadecorcoesto.blogspot.com.es/  Nesta dirección poderedes encontrar o seu manifesto para asinalo se o considerades oportuno, a maiores tamén teñens un grupo de facebook (Corcoesto non todo e brillo no ouro, plataforma pola defensa de Corcoesto). 

Convite para participar na Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto

Plataforma Galega Polo Dereito ao Aborto. A vida non se protexe recortando dereitos.  Este convite vai dirixido a todas aquelas organizacións que traballan no ámbito local e galego e que aínda non forman parte da Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto. Onte, 27 de maio, constituíuse en Ferrolterra o grupo de traballo local da Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto nunha asemblea celebrada no Ateneo Ferrolán na que estábamos convocadas aquelas organizacións que participamos a nivel nacional na Plataforma. Na asemblea decidiuse facer un chamamento e convite a todas aquelas organizacións que no ámbito local desexen participar neste recen constituído "Grupo de Traballo". O obxectivo da Plataforma é a de loitar polos dereitos individuais das mulleres e para xuntar forzas e conseguir sensibilizar á cidadanía sobre o dereito das mulleres a decidir sobre o noso corpo e que esta reforma da lei do aborto do ministro Gallardón supón un retroceso de 30 anos na l...

Ferrol: Carga de dignidade. Acción artística popular, o domingo 2 de xuño.

Domingo 2 de xuño, das 11:00 ás 14:00 horas, na Porta do Estaleiro, no barrio de Esteiro de Ferrol.   CARGA DE DIGNIDADE Trae a túa peza de roupa para pendurar na reixa de Navantia e participa nesta acción artística popular . A crise é a escusa perfecta. A construción naval sábeo ben, foi a primeira asoballada. Pero agora veñen contra todos, sector por sector, empresa a empresa, veñen casa por casa. A crise económica é a gran burla negra contra toda a cidadanía. E en Ferrol hai ben tempo que se sabe, que se sufre, que se engule a negra sombra. Abonda! Artistas e creadores agrupados en Radio Buguina chamamos a toda a poboación de Galicia a unha acción artística popular en Ferrol. Chamamos a seguir o exemplo daqueles traballadores e traballadoras do sector naval que nun arrouto de dignidade penduraron os seus buzos de traballo na reixa da factoría de Navantia. Chamamos a continuar este monumento á ...

En Contra da Minaría Salvaxe.

A nosa asociación cultural Fuco Buxán súmase as reivindicacións da Plataforma pola Defensa de Corcoesto e informa sobre as vindeiras actividades que realizarán nas vindeiras datas.  Tamén podedes obter máis información no seu blogue: http://nonaminadecorcoesto.blogspot.com.es/  Nesta dirección poderedes encontrar o seu manifesto para asinalo se o considerades oportuno, a maiores tamén teñens un grupo de facebook (Corcoesto non todo e brillo no ouro, plataforma pola defensa de Corcoesto). 

Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo, convoca á cidadanía.

Este Mércores 22 de Maio de 2013, ás 11:30 horas, Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo, convoca á cidadanía, diante do Pazo Municipal de Ferrol, a unha concentración de apoio ás 114 familias que están esperando a que o goberno municipal lles adxudique e entregue unha vivenda no barrio de Recimil. Unha Comisión de persoas afectadas, acompañada por membros da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, despois de case un mes de espera e ter que reiterar a solicitude, mantivemos unha xuntanza co Sr.Alcalde e a responsábel de Benestar Social, o pasado 10 de maio. O Sr. Alcalde, na reunión, non chegou a ningún compromiso con nós, non admitiu, a súa desidia nin despreocupación, só dixo que el era a máxima autoridade no Concello e que iría entregando algunhas vivendas, mais nunca nos prazos que nós marcabamos e menos comprometerse a un calendario concreto. Manifestou que entregar vivendas ás persoas que estaban na lista, sería aumentar o problema social que xa de por si ten o prop...

Mobilización dos PreXubilados Empresa Pública

O pasado mércores o Colectivo de Prexubilados da Empresa Pública da Comarca, realizou unha concentración, de cerca de duascentas persoas, ás 12 da mañá fronte ao Edificio da Xunta de Galicia e posteriormente desprazáronse en manifestación ate o Concello de Ferrol. Na concentración deuse conta da decisión do Goberno do PP de non aplicar o IPC para este ano (2,9 %) - firmado nos acordos cos sindicatos - que tiña que incorporarse ao seu salario garantido, o que supón unha perda importante do poder adquisitivo para eles e para a comarca. Fíxose entrega dun escrito, tanto nas dependencias da Xunta como no Concello. Acordaron facer xuntanzas periódicas, todos os primeiros xoves de mes, diante do Edificio da xunta de Galicia, ás 12 horas, para analizar a situación das súas reivindicacións. Engádese o escrito: Álbum fotográfico:  https://picasaweb.google.com/108010875580069524612/PrexubiladosContraOsRecortes

A A. C. Fuco Buxán en defensa do Ferrocarril Público

A A.C. Fuco Buxán súmase a exixencia dun Ferrocarril Público, eficaz e seguro, que hoxe, na estación de Ferrol, reclamaba unha importante concentración acompañando aos representantes sindicais de RENFE, FEVE e ADIF, a pesar dos impedimentos do numeroso desplegue policial, ao tempo que se celebraba o Centenario do Ferrocarril Ferrol-Betanzos. ÁLBUM FOTOGRÁFICO (fotos Paloma Rodríguez)

Apoio para adxudicación vivendas en Recimil, Ferrol

A Asociación Cultural FUCO BUXÁN súmase e convida a acompañar as persoas que están agardando a adxudicación dunha vivenda en Recimil, na presentación da súa demanda no Rexistro do Concello de Ferrol: Venres, 12 de abril, ás 11,30 hs. Rexistro municipal do Concello de Ferrol : Afetad@s pola desidia do goberno local de Ferrol, na adxudicación de vivendas protexidas de Recimil, reclaman unha solución SOLIDARIZATE E APOIA, ÁS PERSOAS AFECTADAS POLA DESIDIA DO GOBERNO MUNICIPAL DO PP FERROLÁN, NA ADXUDICACIÓN DAS VIVENDAS PROTEXIDAS DE RECIMIL, PARTICIPANDO ESTE VENRES 12 DE ABRIL, ÁS 11.30HS DIANTE DO CONCELLO DE FERROL. Afetad@s pola desidia da Xunta de Goberno Local de Ferrol, na adxudicación de vivendas protexidas de Recimil, reclaman unha solución a súa situación de falta de vivenda. O mércores 9 de abril, desde as 6 da tarde, tivo lugar unha Asemblea de persoas que figuran na listaxe definitiva para acceder a unha vivenda protexida de propiedade municipal do barrio d...

O vindeiro venres 12 ás 20:00 horas: Conferencia Carlos Jiménez Villarejo ExFiscal Anticorrupción en Ferrol

A Asociación Cultural Fuco Buxán comprácese en convidalo á Conferencia JUECES: LA PRESENCIA DEL FRANQUISMO, que servirá de marco para a presentación do libro titulado: Jueces, pero parciales. La pervivencia del franquismo en el Poder Judicial, de Carlos Jiménez Villarejo y Antonio Doñate Martín. No acto intervirá o propio autor Carlos Jiménez Villarejo, ExFiscal Anticorrupción.   V enres, 12 de abril 2013, ás 20,00 hs, no Salón de Actos do Carvalho Calero n o Inferniño - Ferrol. Carlos Jiménez Villarejo Fiscal desde 1962, militóu na oposición antifranquista. Foi cofundador en 1972 da Asociación Justicia Democrática, membro da Unión Progresista de Fiscales, por eses anos tamén militóu no PSUC. Foi Fiscal-Jefe da Audiencia Territorial de Barcelona ate 1995, data na que asume a Jefatura da Fiscalía Especial Anticorrupción. No ano 2003, gobernando o PP, foi cesado deste posto por razóns estrictamente políticas. Na actualidade mantén actividades civís no eido da defensa do...

Rolda de Prensa de Stop-Desafiuzamentos

Desafiuzamento 5.04.2013   A Plataforma Stop-Desafiuzamentos está apoiando en todas as xestións a Ana María e aos seus fillos menores, desafiuzados hai poucos días pola imposibilidade de pagar o aluguer, xa que non ten ningún tipo de ingresos.  Grazas as xestións da Plataforma conseguíuse, tras varias promesas desatendidas do Concello de Ferrol, a hospedaxe durante 15 días e as axudas de emerxencia en tanto tramita o Risga e obten a vivenda de emerxencia solicitada. Esto sucede, mentras en Recemil existe un cento de vivendas municipais desocupadas, que o Concello négase a adxudicar e que está procedendo a tapiar. STOP-DESAFIUZAMENTOS NON ESTÁ PEDINDO DIÑEIRO POLAS CASAS : Chegou-nos un aviso que desde hai uns días, hai persoas que van pedindo diñeiro polas casas no nome de Stop-Desafiuzamentos. Mesmo onte na zona de Canido e Xoane pedían cartos  para "evitar" un desafiuzamento na Magdalena, dicían que xuntara...

Nota do Comité Cidadán de Emerxencia

Contencioso contra a Xunta de Galicia pola modificación, do PXOM de Mugardos. O pasado dia 25, o CCE presentou diante do TSXG o recurso contencioso elaborado polos servizos xurídicos, contra a Orde da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia de 13 de Xuño, pola que se aprobou definitivamente a Modificación. Puntual do PXOM do Concello de Mugardos para a “ Adecuación dos usos de regasificación no solo industrial de Punta Promontoiro”. Recorreuse en base aos seguintes aspectos: PRIMEIRO.- SOBRE A NULIDADE DE PLENO DEREITO DA ORDE DA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS DA XUNTA DE GALICIA DE DATA 13 DE XUÑO, POR TER COMO ÚNICO OBXECTO ELUDIR OS EFECTOS DA SENTENZA DO TRIBUNAL SUPREMO DE 11 DE MAIO DE 2012. SEGUNDO.- SOBRE O CARÁCTER DE INSUBSANABLE DOS DEFECTOS QUE LEVARON AO TSJ DE GALICIA E AO TRIBUNAL SUPREMO A DECLARAR NULA A MODIFICACIÓN PUNTUAL Nº. 3 DA PXOM DE 2002. TERCEIRO.- SOBRE A NULIDADE DE PLENO...

Presentación do libro e conferencia: “Jueces: la presencia del franquismo”

Organizado pola Asociación Cultural Fuco Buxán, Presentación do libro e conferencia: “ Jueces: la presencia del franquismo ”     na que intervirá o seu autor: Carlos Jiménez Villarejo    (Exfiscal anticorrupción ) Venres, 1 2 de abril do 2013,  ás 20 horas, no Centro Cultural Carvalho Calero , na Praza do Inferniño, en Ferrol. “ El franquismo y sus fundamentos autoritarios y antidemocráticos continúa estando presente entre nosotros (…) La derecha que gobierna España tiene fijado un horizonte de autoritarismo que irá haciendo efectivo y patente si la reacción social y política no tienen la realidad y la fuerza necesaria para impedirlo (…) La actual deriva autoritaria necesitará, y contará sin duda, de la colaboración del Poder Judicial” (do epílogo do libro).

Hoxe, martes 26 ás 17 horas en 93.9 FM RadioFilispíM, "O Recuncho nº 130".

 Hoxe m artes, 26 de marzo de 2013, de 17,00 a 18,00 no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet: http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg “O Recuncho” nº 130 , programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos: Invitados: Conx. Telefónica con Rafael Pillado: “Homenaxe a Hugo Chávez” O “Espertar da Razón” de José Torregrosa: “Estatísticas da dor social” Na “Sección Poética” de Lorena Calaza: Miguel de Cervantes Os libros recomendados , espazo de Víctor G. Novás Novas e comunicados , por Fernando Ocampo. Música: Teresa Salgueiro. Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com e-mail: opafuco@gmail.com – telefº directo: 981371040   N o 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet: http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg

Vindeiros actos e Manifestacións do 10 de Marzo en Ferrolterra.

 10 de Marzo de 2013: Contra o paro e pola rexeneración da democracia (CCOO - UXT - USTG) - Manifestación Día da Clase Obreira Galega - Homenaxe Día da Clase Obreira Galega. Na nosa comarca, únese a USTG. UGT e CCOO convocamos a cidadanía para manifestarnos CONTRA O PARO E POLA REXENERACIÓN DA DEMOCRACIA o próximo 10 de marzo, sumándonos á iniciativa de mobilizacións europeas convocadas pola Confederación Europea de Sindicatos en toda a Unión Europea. Para reprobarmos as actuacións dunha Comisión Europea enrocada en políticas fracasadas, allea aos problemas da cidadanía europea á que deben a súa lexitimidade e incapaces de comprender a que intereses deben servir as institucións europeas e os recursos comúns dos europeos. Tras cinco anos de crise, o único que crece dentro e fóra de Europa é a desigualdade, o desemprego, a miseria, a exclusión social e as dúbidas sobre uns dirixentes europeos cuxa pertinaz insistencia en políticas fracasadas é inaceptable. Para lle fa...