Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Manfred Gnädinger

Inauguración. Exposición: "Man de Camelle", en Narón.

O Pazo da Cultura de Narón acollerá do 16 ó 30 de xaneiro a exposición ‘Manfred, o alemán de Camelle’. Trátase dunha recopilación da súa obra artística, fotografías e textos deste artista que fixo da Costa da Morte o seu lugar de traballo e de vida. A inauguración oficial da exposición terá lugar o mércores 15 de xaneiro ás 19:00 horas. A entrada é gratuita, e os horarios de visita son os seguintes: de luns a venres: de 10:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 horas e sábados: de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas. Ademais, o mércores 29 de xaneiro terá lugar a proxección do documental ‘MANfred, home sen paz’, ás 20:30 horas no Café Teatro do Pazo da Cultura. Esta exposición está promovida pola asociación cultural Fuco Buxán e a Fundación Man Camelle, en colaboración co Padroado de Cultura do Concello de Narón. Nova: http://ferrol360.es/o-pazo-da-cultura-de-naron-acolle-unha-exposicion-de-manfred-o-aleman-de-camelle/

Proxección no Ateneo Ferrolán, que leva por título Manfred "Home Sen Paz".

A Asociación Cultural FUCO BUXÁN convídate a visitar a mostra de obra artística, fotografías e textos de Manfred Gnädinger, Man “o alemán de Camelle” que leva no Ateneo Ferrolán dende o 15 de novembro e finaliza o vindeiro día 30. O venres día 29 ás 20:30 Horas terá lugar unha Proxección no Ateneo Ferrolán, que leva por título Manfred "Home Sen Paz", un audiovisual Premio Mestre Mateo 2011 dirixido por Simón Vázquez de Infiernos TV S.L.  Esta mostra quere ser unha reivindicación do seu legado e memoria desde a faceta de creador coherente, lúcido e profundo que decidido a non colaborar con este statu quo, levou unha forma de vida alternativa. A súa ausencia –morreu, nun acto derradeiro de rebeldía, o día dos Santos Inocentes do 2002, vítima do Prestige- deixa un gran baleiro en Camelle e tamén na arte galega. Colaboran: Fundación Man e Ateneo Ferrolán.

Exposición "Man, o alemán de Camelle"

Inauguración Venres, 15 de novembro de 2013 ás 20:30 horas no Ateneo Ferrolán. A Asociación Cultural FUCO BUXÁN convídate a visitar a mostra de obra artística, fotografías e textos de Manfred Gnädinger, Man “o alemán de Camelle” que terá lugar no Ateneo Ferrolán do 15 ó 30 de novembro de 2013. Esta mostra quere ser unha reivindicación do seu legado e memoria desde a faceta de creador coherente, lúcido e profundo que decidido a non colaborar con este statu quo, levou unha forma de vida alternativa. A súa ausencia –morreu, nun acto derradeiro de rebeldía, o día dos Santos Inocentes do 2002, vítima do Prestige- deixa un gran baleiro en Camelle e tamén na arte galega. Colaboran: Fundación Man e Ateneo Ferrolán . http://www.mandecamelle.net/MAN.htm