Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Saneamento

Plataforma Remunicipalización Ferrol - Concentración polo Saneamento: contra a Taxa, por unha Emafesa 100% Pública, Depuración XA!!!: Mércores 1 de marzo, ás 12 do mediodía, na Praza da Ilustración

Compartimos o chamamento que fan dende a Plataforma Remunicipalizar Ferrol para convocar unha concentración o vindeiro mércores 1 de marzo polo saneamento da ría e contra as taxas inxustificadas: Despois dos Plenos Extraordinarios, do 13 e 22 de febreiro, para abordar o asunto do Saneamento e a Taxa; e das reunións co Alcalde, unha antes de cada pleno, mais sen suceso ningún, coa postura do goberno municipal tomada e sen querer escoitar, vemo-nos na obriga de comezar a expresar as nosas opinións e reivindicacións, xa non só en roldas de prensa, comunicados e intervencións nos plenos, senon coa Mobilización Social.  Hai un problema de fondo que non damos superado, hai certo tapar orellas ás propostas razoadas e ben argumentadas do movemento social que representamos, ao que antes mesmo pertencía e participaba activamente, o actual alcalde Jorge Suárez. Fai-nos pensar que este Alcalde que se esquece que está na alcaldía polos votos propios, e polos dos outros dous partidos que ...

Mobilizacións contra a abusiva Taxa de Saneamento

Reunidos no Concello de Ferrol as seguintes entidades: PSdeG-PSOE, BNG, EU, Anova, Espazo ecosocialista,CIG,CCOO,UGT, Asociación López Bouza, Comisión de Saneamento Integral da Ría de Ferrol, AC Fuco Buxán, AVV San Xoan-Bertón, Marea Ártabra, AVV San Pablo e Federación de AVV Roi Xordo. Trataron a problemática actual da taxa de saneamento e acordaron: 1- Facer un chamamento para unha convocatoria aberta   as asociacións de comerciantes e hostelería , veciñais e cidadanía en xeral  para unha reunión o luns 16 ás 17:00 na Galería Sargadelos de Ferrol. 2- Convocar unha concentración  na praza de Armas o día 19, xoves , ás 19:00 horas contra a taxa de saneamento que está a aplicar o goberno do PP. Desde a A.C. Fuco Buxán, lembramos que o Goberno Municipal do PP de Ferrol nos está xa esixindo o pago dunha taxa - de prezo abusivo - por un servizo que ainda non está en funcionamento e que non vai a beneficiar de momento a toda a cidadanía.