Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio, 2020

A dependencia en España por Laura C. Vilches

Contexto A situación das persoas dependentes en España caracterízase por un crecente proceso de envellecemento da poboación e a súa pertenza ao modelo mediterráneo dos Estados de Benestar fai que as familias carguen cos coidados, sendo o papel dos servizos sociais do Estado subsidiario. Analizaremos a situación da dependencia no caso español a partir de fontes secundarias para comprender a situación actual e a que está por vir. Estamos afeitos valorar o envellecemento da poboación como un problema cando en realidade é un éxito social, xa que grazas aos avances da sociedade permítese alongar a vida humana. Con todo, o proceso de envellecemento leva consigo unha serie de consecuencias económicas e sociais, como as limitacións para levar unha vida independente, etc. Imagen de Sabine van Erp en Pixabay De tal maneira, os axentes sociais deben fomentar un sistema público de sanidade e de servizos sociais de calidade no relativo ao proceso de optimización de oportunidades de ...

Os esquecidos e as esquecidas por S.F.Bellas

Non sei cal era o seu nome…non recordo, ao mellor non era él e era ela. Adoitaba pasear tódalas tardes, sempre o mesmo camiño, sempre as mesmas paradas, como no banco onde esperaban vendo pasar a vida algúns máis. Non eran amigos da vida, eran amigos de “ver pasar a vida”.  Alí sentados observaban e falaban, cada día, sen unha cita previa. Era maior, e vivía só ou soa, nun edificio deses que pouco a pouco foron quedando sen veciños, sen veciñas, ou ao mellor era deses outros onde as presas non permiten coñecer quen vive tras a porta de enfrente. Todo o que queda del ou dela é unha noticia de prensa ou de internet na que se fala de que levaba varios días morto cando o atoparon, na súa casa, alarmados polo cheiro ou simplemente porque o correo amontoábase, ou por algún dos do paseo que lle extrañou a súa falta. Durante uns días a noticia correra polas redes e os veciños e veciñas se doeran de non terse decatado antes do seu estado. Se tiña familia, aínda que fose lonxe, choraron...

Co medo non se xoga por S.F.Bellas

Hoxe lembrei unha historia que contaba meu pai...que resume o importante que é a educación neutra, non sectaria.  Él, nacido en 1924, lembraba os nomes de todos os profesores que lle deron clase e de qué "bando" era cada un. Lembraba un republicano que "desapareceu", e o seguinte que pasou por aquela "aula itinerante" pouco antes da "Guerra Civil" e que foi o culpable de que o meu avó deixase de mandar ao seu fillo á escola. Este profesor baseaba as clases no medo, en cultivar nos nenos o medo aos vermellos, aos que faltaba retratar con cornos e rabo, que segundo el virían e botarían gases por todos lados... cando iso sucedese os nenos deberían esconderse baixo mesas ou en buracos. O meu pai chegou a ter tanto medo, tendo en conta que ademais era quen lle lía a prensa do momento ao meu avó e demais veciños con todo o que iso supoñía, que se meteu no forno de leña e non había forma de sacalo de alí...Ese día, o meu avó decidiu que o meu...