Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Rede Galega en Defensa das Persoas Refuxiadas

Concentración en Santiago de Compostela polo día mundial d@ refuxiad@

Dende a Asociación Cultural Fuco Buxán apoiamos a concentración convocada pola Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas que terá lugar este Martes 20 de Xuño ás 20:00h na praza do Toural en Santiago de Compostela.

Convidamos a adherirvos á denuncia colectiva do acordo UE-Turquía ante as administracións europeas

Dende a Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas , plataforma á que estamos adscritos, infórmannos que CEAR están a promover unha denuncia colectiva do acordo entre a UE e Turquía ante a Comisión Europea, o Comisario Europeo de DDHH do Consello de Europa e o Defensor do Pobo Europeo. O texto da denuncia está baseada na vulneración dos dereitos das persoas refuxiadas e a normativa europea e internacional. O proceso de adhesións para os colectivos e organizacións que queiran sumarse estará aberto ata este xoves, 28 de abril (incluído) a través deste formulario on line: https://docs.google.com/forms/d/1zpzNHOW3tIm_rbzVJzpWIisMqY-rh7qf_kZdYeWu92I/edit?usp=drive_web#responses A adhesión a título individual pode facerse neste outro enlace: https://www.change.org/p/comisi%C3%B3n-europea-detener-las-expulsiones-de-refugiados-a-turqu%C3%ADa

Resumo xuntanza convocada polo Foro Galego de Inmigración.

RESUMO DA XUNTANZA DO 30/03/2016 SOBRE TEMA DAS PERSOAS REFUXIADAS, CONVOCADA POLO FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN MÁIS A COORDENADORA GALEGA DE ONGs  en Santiago de Compostela. Houbo unha alta participación, bastantes representantes de asociacións e entidades convocadas por nós e pola Coordenadora de ONGs, con presenza de persoas que viñeron de A Coruña, Ferrol e Monforte. Acordamos: 1.- Chamarnos: REDE GALEGA EN DEFENSA DAS PERSOAS REFUXIADAS, se non hai inconvinte por parte das organizacións, enrtidades ou redes ás que representabamos. Cunha imaxe de rede que vai propoñer Stop Desafiuzamentos. A rede estará aberta a asociacións, entidades, sindicatos, partidos políticos, redes e movementos sociais ademáis de persoas individuais 2.- Propoñer un documento base que recolla o posicionamento desta Rede, tomando como referencia un elaborado pola Coordenadora, que remitiranos hoxe xoves día 31 e reenviaremos en canto chegue para poder facer aportacións ata o luns día 4 de...