Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Rocío Botana

Gastrofesta - Exposición Fotográfica - Homenaxe a Manuel María en Pontedeume

Actividades fin de semana Temos unha fin de semana chea de actividade.  O vindeiro sábado 9 de abril argallamos unha nova Gastrofesta co fin de prestar axuda na medida das nosas posibilidades ás refuxiadas que cada día tentan atravesar as fronteiras de Europa . Levaremos a cabo un pequeno festival con maxia, música e contos onde os beneficios da barra e da cea ( menú árabe a base de hummus, falafel e harise ) irán destinados de xeito íntegro á Asociación Causas Comúns. Dúas crianzas morren ao día tentando chegar ás costas de Europa. Pode soar simple, pero a foto de Aylan, o meniño sirio que nos sobrecolleu a todas, non é consecuencia dunha crise migratoria. Esta traxedia é consecuencia directa do sistema capitalista. Siria, último Estado que levantou ( con erros e acertos ) as bandeiras do nacionalismo árabe, que non ten débeda externa con organismos internacionais, rico en recursos naturais e, casualidade, que defende a causa palestina, é agora o epicentro das po...