Compartimos a invitación que nos fan chegar dende o Colectivo Literario "In Nave Civitas" para a celebración do centenario da visita das Irmandades da Fala a Ferrol: O Colectivo Literario In Nave Civitas e a Fundaçom Artabria organizan a recreación da visita que a “Hirmandade de Amigos da Fala da Cruña” fixo a Ferrol hai cen anos, o 11 de febreiro do 1917. Amigos da Fala somos Y-o amor de Galicia sea, Xa que de todos é nai, Quen nos xunte e nos protexa… (Cantiga dos amigos da fala, de Manuel Lugrís) O 11/02/1917 a “Hirmandade de Amigos da Fala da Cruña” celebrou en Ferrol un acto galeguista. Dito acto foi anunciado polos ferroláns coma un «mitín do rexionalismo galego» no que ninguén ía atopar «humildá, nin queixas, nin vágoas, nin sospiros». Entre outros; foron a Ferrol, os irmáns Vilar Ponte, Manuel Lugrís, Francisco Tettamancy e Eladio Rodríguez González. Despois do mitin, celebrado no Salón de Amboaxe , os irmáns enxebres ...