Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2017

Marcha Mundial das Mulleres - Concentración en repulsa polo asasinato machista no Carballiño: martes 31 de xaneiro, 20h

Compartimos a convocatoria da Marcha Mundial das Mulleres e convidámosvos a participar nela: A COORDENADORA COMARCAL DE FERROLTERRA DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES CONVOCA CONCENTRACIÓN DE REPULSA EN FERROL POLO ASASINATO POR VIOLENCIA MACHISTA DE Virginia F.V. no Carballiño. Unha vez máis sairemos á rúa para amosar a nosa indignación polo asasinato dunha muller por violencia machista. Virginia foi asasinada polo seu marido pagando coa súa vida a discriminación e a desigualdade que padecemos todas. Sairemos novamente para rexeitar este cruel asasinato e denunciar unha vez máis a violencia machista instalada na nosa sociedade. É precisa unha resposta social contundente contra a violencia machista. Non consentiremos que a violencia machista continue asasinándonos!!!! O MARTES 31 DE XANEIRO ÁS 20:00H NA PRAZA DIANTE DO CONCELLO DE FERROL "As mulleres decidimos" Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres mmmferrolterra@gmail.com www.f

Salvar Sargadelos Ferrol - Comunicado e nova convocatoria de concentración para este luns 30 de xaneiro

Compartimos unha nova convocatoria da plataforma cidadá "Salvar Sargadelos" para este luns 30 de xaneiro: CONVOCATORIA de CONCENTRACIÓN da PLATAFORMA SALVEMOS SARGADELOS. LUNS, DÍA 30 DE XANEIRO , ÁS 19:30 , DIANTE DA GALERÍA SARGADELOS - A Plataforma “ Salvar Sargadelos Ferrol” Convoca a cidadanía, Grupos políticos, Asociacións, Sindicatos... a asistir a unha nova concentración o vindeiro luns, día 30 de xaneiro, ás 7:30 da tarde, diante da pechada Galería Sargadelos, para dar conta e informar da situación e dos pasos que se están dando en defensa da Cultura SARGADELOS. LAMENTAMOS e REXEITAMOS que este día 26 de xaneiro se producira o PECHE desta Galería Sargadelos a cal estivo ligada a esta cidade de Ferrol durante 26 anos e que rematou a súa actividade cultural e social co peche de súas portas. Esperamos que novos tempos sexan chegados, desexando a súa nova reapertura. Informamos que teremos unha entrevista co escritor, intelectual e presidente da Ac

Memoria Histórica: resumo de actividades da semana pasada

Compartimos con vós as imaxes da homenaxe a Amada García e aos represaliados pola Ditadura fascista, Acto Institucional do Concello de Ferrol realizado coa colaboración da Asoc. Memoria Histórica Democrática, celebrado o pasado 27 xaneiro 2017, no Castelo de San Felipe e Cemiterio de Serantes, e que podedes ver nas seguintes ligazóns: Álbums fotográficos: Álbum 1 Álbum 2 Tamén compartimos o poema de Xosé Torregrosa lido polo seu propio autor en honor a Amada García: AMADA MEMORIA Es el frío calor de enero quien nos devuelve su aroma a rosa recién cortada que se yergue y nos convoca… Sigue viva en el recuerdo, vencedora de las sombras, con un nombre hecho de Amor que resume su persona… II Amada García, la Madre, la llaman cuando la evocan… Por eso estamos aquí, en la hora de su hora, para sentirnos escritos, junto a ella, en su victoria: ayer, destinada al plomo; hoy, instalada en la gloria… Quien firmara tal sentencia, pol

ADEGA premia a Patricia Gabeiras, Avogada do Comité Cidadán de Emerxencia, co premio Osíxeno 2016

A Asociación para a Defensa Ecoloxica de Galiza , ADEGA , acaba de outorgar o Premio OSÍXENO 2016 , categoría individual, a Patricia Gabeiras Vázquez , avogada e asesora xurídica do  Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol “polo seu denodado traballo en defensa da ría e da cidadanía e contra as ilegalidades de REGANOSA. Como resultado, conseguiuse a anulación por parte do Supremo da autorización da planta de gas e do proxecto de construción” . O CCE acolleu esta nova con enorme satisfacción, agradece a ADEGA esta distinción e felicita efusivamente a Patricia Gabeiras por tan merecido premio ao seu acertado, desinteresado e comprometido traballo en defensa da legalidade, da Ría e da vida dos seus habitantes, desde fai máis de quince anos. Nesta 16ª edición dos Premios Osíxeno e Dioxina ás millores e piores actuacións ambientais de 2016, ADEGA quere subliñar o millor e o pior do pasado ano dende a perspectiva ambiental. O conflito de REGANOSA e a problemática da eucalip

Mesa Redonda "Lembrando a Quessada" o venres 27 ás 20h e colocación de placa de recoñecemento o sábado 28 ás 11h

Dende Fuco Buxán convídavos á mesa redonda que leva por título LEMBRANDO A QUESSADA , na que intervirán o Presidente da Real Academia Galega Xesús Alonso Montero , o Presidente da A.C. Fuco Buxán Rafael Pillado e o Concelleiro de Cultura de Ferrol   Suso Basterrechea . O Vicepresidente da Fundación Xaime Quesada Blanco José Gómez Alén , comisario da mostra, fará a presentación do catálogo da exposición que se entregará ós asistentes. A devandita mesa terá lugar o vindeiro venres 27 de xaneiro , -día internacional das vítimas do holocausto- no Centro Cultural Torrente Ballester ás 20:00 h . Ó día seguinte, sábado 28 de xaneiro , ás 11:00 da mañá , poñeremos unha placa de recoñecemento a Xaime Quessada ó pé dun castaño na rúa Lepanto, fronte ó local da A.C. Fuco Buxán e como remate da homenaxe.

O Seminario Galego de Educación para a Paz concede ao Foro Galego de Inmigración o premio Portapaz 2017

Compartimos a publicación que fai o Foro Galego de Inmigración - Ferroterra anunciando que o Foro Galego de Inmigración foi escollido como destinatario do premio Portapaz 2017 . Dende aquí, a nosa noraboa. ¡Estamos de noraboa! O pasado luns recibimos comunicación do   Seminario Galego de Educación para a Paz   para informar que   acordaran concedernos ao Foro Galego de Inmigración   o seu premio anual: o coñecido, e prestixioso, premio   PORTAPAZ , que se entrega pola defensa dos valores que se corresponden cunha cultura de Paz. O   acto de entrega   será o vindeiro   venres día 27 de xaneiro , ás   19:30h   no   auditorio da Obra Social ABanca , na Praza de Cervantes, Santiago de Compostela. O premio non ten dotación económica, pero sí un importante valor simbólico.

Asociación Memoria Histórica - Exposición, conferencia e vindeiros actos

O pasado martes 17 de xaneiro, quedou aberta, no Colexio de O Feal, Narón, a Exposición fotográfica “Galegos en Mauthausen” , da Asociación Memoria Histórica Democrática , na que se recupera a memoria dos veciños da comarca que estiveron no campo de concentración nazi da localidade austríaca. Pódese visitar en horario escolar. O vindeiro LÚNS, 23 DE XANEIRO , terá lugar, nese Colexio, ás 16,30 hs , una conferencia co mesmo título impartida polo Historiador e Directivo da Asociación, Enrique Barrera https://www.youtube.com/watch?v=LMSpEoRtyGM Próximos actos da Asociación Memoria Histórica Democrática: O 24 de xaneiro, ás 20:00h no Ateneo Ferrolán O 27 de xaneiro  coinciden as dúas conmemoracións. ás que convidamos a asistir a toda a cidadanía: Día Internacional de Conmemoración anual en memoria das vítimas do Holocausto . Actos institucionais e Acendido de candeas, nos Salóns de Recepcións dos Concellos de Narón ( 10,30 hs ) e de Ferrol ( 12,30 hs )

Rafael Pillado modera o debate "Amianto e saúde pública" este xoves 26 de xaneiro, 19:30h, na sede Podemos A Coruña

Este xoves 26 de xaneiro , ás 19:30h , na sede de Podemos Coruña terá lugar o debate "Amianto e saúde pública" , que estará moderado polo noso presidente Rafael Pillado . Un debate que toma como punto de partida o problema que está a ter lugar no colexio Ramón de la Sagra , no que se están a facer obras sobre materias con amianto mentres se imparten clases.

Presentación do libro "Amada García Rodríguez e os seus arredores", de Bernardo Maiz - xoves 26 de xaneiro, 19:30h

Compartimos a invitación que nos envía o Ateneo Ferrolán para asistir á presentación do libro "Amada García e os seus arredores" O vindeiro xoves, día 26 , ás 19:30 no Ateneo , terá lugar a presentación deste libro de Bernardo Maiz que sen dúbida supoñerá unha achega máis ao coñecemento da nosa intrahistoria. Será un pracer contar coa túa asistencia. "Amada García e os seus arredores" é o último libro do historiador Bernardo Maiz. Amada é o fío condutor deste estudo, figura simbólica dun pobo que viu coutadas as súas esperanzas cando tomaba ao fin o protagonismo histórico. Preséntanos o autor unha Amada García histórica, fidedigna, contextualizada, lonxe da ficción, extraendo da documentación escrita, “do rastro que deixou”, só o que acredita como verdadeiro, que non é o máis épico nin o máis tenro nin o máis dramático, aspectos estes case sempre esaxerados e inexactos. A historia real supera á ficción. Bernardo Maiz Vázquez (1950) , catedrático xubilado,

Mesa redonda "Visibilidade, pobreza e realidade das persoas sen fogar". Luns 23 ás 19,30 h, Ateneo Ferrolán

Mesa Redonda: "Visibilidade, pobreza e realidade das persoas sen fogar" Luns día 23 de xaneiro ás 19,30 h . no #AteneoFerrolán Intervirán:  Xulia Díaz Sixto (Club de Prensa)  Carmela Primo (Educadora Social) Xosé Cuns Traba (EAPN Rede Galega)

Plataforma Salvar Sargadelos - Acto homenaxe a Isaac Díaz Pardo: luns 23, 19h

Compartimos a convocatoria que fai a Plataforma "Salvar Sargadelos" para convidar á cidadanía a un acto homenaxe a Isaac Díaz Pardo na Galería Sargadelos de Ferrol o vindeiro luns 23 de xaneiro , ás 19:00h : A “Plataforma Salvar Sargadelos” CONVOCA e CONVIDA a cidadanía e entidades sociais a un acto público na Galería SARGADELOS-FERROL, este vindeiro luns-23 ás 7h da tarde co fin de proxectar unha película sobre o intelectual galeguista ISAAC DÍAZ PARDO , súa obra artística e relación con SARGADELOS. Estarán presentes neste acto os fillos de Isaac, Camilo Díaz e Xosé Díaz para acompañarnos e amosar a historia e o significado cultural de Sargadelos. Remataremos este acto dando conta das seguintes actuacións e cun debate aberto a cidadanía. Ferrol, a 19 de xaneiro de 2017 .- Saúdos Plataforma Salvar Sargadelos .-

Marchas da Dignidade - Mobilización en Ferrol contra o TTIP-CETA-TISA o 21 de xaneiro

A semana pasada anunciabamos en Marchas da Dignidade - Autoconvocatoria para este xoves 12 de xaneiro, ás 7 no Ateneo Ferrolán: intentar conseguir unha nova mobilización unitaria en Ferrolterra, co obxectivo de participar na convocatoria internacional contra o CETA a celebración dunha xuntanza sobre as mobilizacións convocadas a nivel europeo contra o TTIP-CETA-TISA para o 21 de xaneiro e a posibilidade de facer algo en Ferrolterra. Pois ben, froito desa xuntanza, acordouse o seguinte: Reunidos este xoves 12 de xaneiro nos locais do Ateneo Ferrolán os colectivos e organizacións: - A REVOLTA DE TRASANCOS COLECTIVO SOCIOCULTURAL. - ASOCIACIÓN GALEGA CONTRA O MALTRATO A MENORES - AGAMME. - BLOQUE NACIONALISTA GALEGO -BNG. - DECIDE EN COMÚN. - ESQUERDA UNIDA -EU. - FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN. - FUCO BUXÁN A.C. - GRUPO DE CONSUMO FONTE DA UZ. - MARCHAS DA DIGNIDADE FERROLTERRA. - MUIÑO DO VENTO ASOCIACIÓN SOCIOCULTURAL. aos que se sumou Stop Desafiuzamentods da Rede de

Fundaçom Artábria - Proxección do documental "Santa Liberdade": venres 20 de xaneiro, 20:30h

Compartimos o convite que nos chega dende a Fundaçom Artábria para asistir á proxección do documental "Santa Liberdade" : Na próxima sexta-feira 20 de janeiro , às 20.30hs , projetaremos no Centro Social o documentário dirigido por Margarida Ledo "Santa Liberdade" . O filme conta com a participaçom de Camilo Mortágua (que tinha 27 anos antom e era a mao direita de Galvão), Federico Fernándes (filho do comandante Soutomaior) e Vítor Velo (filho de José Velo). A projeçom coincide com o 56 aniversário do início da espetacular açom protagonizada por antifascistas galegos e portugueses. -- Travessa de Batalhons nº7 Esteiro 15403 Ferrol - GALIZA Telefone: +34 981 35 29 86 www.artabria.net Segue-nos em twitter @fartabria e em facebook! .... A Fundaçom Artábria é um projecto popular em defesa da língua e cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos da Galiza. Entidade de carácter sociocultural sem ánimo de lucro que está declarada de

Exposición "Quessada e o seu tempo" - Visitas guíadas de balde os venres 13 e 20 de xaneiro

Lembran que o ano 2016 foi declarado "Ano Quessada" en Ferrol? Saben que está aínda dispoñible a exposición "Quessada e o seu tempo" no Centro Torrente Ballester , e que poderán visitala ata o 31 de xaneiro de 2017 ?   Pois ben, para aproveitar ao máximo o pouco tempo que queda, dende Fuco Buxán organizaremos dúas visitas guíadas a esta exposición única e que pode que tarde moito tempo en repetirse de novo na nosa cidade. As visitas guiadas terán lugar nas seguintes datas: Venres 13 de xaneiro , ás 19:30h Venres 20 de xaneiro , ás 19:30h Estas visitas correrán a cargo do noso amigo, membro da xunta directiva, e tamén pintor Victor G. Novás . As visitas son completamente de balde e non é precisa inscrición algunha.

Comité Cidadán de Emerxencia - Concentración por entrada do gaseiro nº220: venres 20 de xaneiro, 19h

Compartimos a convocatoria do Comité Cidadán de Emerxencia para concentrarse contra a entrada do gaseiro nº220 na planta ilegal de Reganosa:   Estando prevista a entrada na Ría do gaseiro cargado con GNL . nº220 , o Comité Cidadán de Emerxencia, convoca CONCENTRACIÓN venres, 20 de xaneiro ás 19 h diante do Edificio da Xunta de Galicia Praza Amada Garcia – Ferrol PRANTA DE GAS: PECHE XÁ !

Inauguración do Ciclo "Ferrolterra, presente e futuro" con X. Fernández Leiceaga: xoves 19 de xaneiro, 19:·30h, Ateneo Ferrolán

Dende Fuco Buxán convidámosvos a participar nos actos que terán lugar no marco do ciclo de conferencias-debate que leva por título FERROLTERRA, PRESENTE E FUTURO : una análise da nosa realidade dende una perspectiva progresista e de esquerdas. Na primeira intervirá o voceiro parlamentario do PSdeG-PSOE X. Fernández Leiceaga , e terá lugar o vindeiro xoves 19 de xaneiro no Ateneo Ferrolán ás 19,30 h . Có devandito ciclo, dende Fuco Buxán pretendemos contribuír ó debate sobre a profunda crise na que está inmersa a nosa bisbarra, e na procura de solucións por parte de tod@s. Por iso, a vosa presenza e participación é importante no coloquio que terá lugar tras a intervención dos protagonistas do acto. A tal fin convidaremos ás forzas da esquerda do noso país, que presentarán as súas alternativas i escoitar as voces da cidadanía.

Remunicipalización Ferrol - Convocatoria de rolda de prensa para o mércores 18 de xaneiro ás 17h

Compartimos o chamamento que fai a Plataforma en Defensa dos Servizos Públicos, pola Remunicipalización de Ferrol , para que a cidadanía acuda a unha rolda de prensa convocada para o mércores 18 de xaneiro , ás 17:00h fronte o Concello de Ferrol : A Plataforma convoca Rolda de Prensa en Ferrol: AcuaEs, Augas de Galicia, Partido Popular, Emafesa, Concello de Ferrol, Concello de Narón, ... Depuradora (Edar Prioriño). - Mércores 18 de xaneiro de 2017 PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS, POLA REMUNICIPALIZACIÓN Convocatoria Rolda de Prensa Día : Mércores 18 de xaneiro. Hora : 17:00hs (5 da tarde). Lugar : Casa do Concello de Ferrol (Praza de Armas,s/n.) Asunto : AcuaEs, Augas de Galicia, Partido Popular, Emafesa, Concello de Ferrol, Concello de Narón, ... Depuradora (Edar Prioriño). O próximo mércores 18 de xaneiro, ás 17 hs na sala de prensa do Concello de Ferrol, a Plataforma na Defensa dos Servizos Públicos, pola Remunicipalización, c

Plataforma "Salvar Sargadelos" - Información e nova convocatoria de concentración para o luns 16 de xaneiro

Esta semana, a Plataforma "Salvar Sargadelos" informaba sobre as xuntanzas que ía manter cos distintos grupos políticos do Concello de Ferrol para estudar qué accións estarían na súa man para garantir a continuidade da actividade deste espazo: A "Plataforma Salvar Sargadelos" informamos que estamos mantendo encontros cos Grupos municipais coa fin de debater e intercambiar informacións e acordos ante o anuncio do peche da Galería Sargadelos. Axuntamos un Documento a presentar aos grupos coas principais reivindicacións das entidades que conformamos esta Plataforma. - Este xoves teremos encontros co Partido de Ciudadanos - C,s- a partir das 9,30 horas. - Grupo Municipal do BNG ás 11 horas deste xoves no concello. - Grupo Municipal do PSdeG-PSOE ás 11,30 horas deste xoves no concello. - O venres teremos unha xuntanza co Grupo Non Adscritas ( Rosa Méndez- Mª Lemos)  ás 10,30 horas . - Saúdos - Plataforma Salvar Sargadelos .-

Marchas da Dignidade - Acción, desde Ferrolterra, en Solidariedade con Diego Lores e a Asemblea Aberta de Coia (Vigo) - Domingo 15 e Luns 16 de Xaneiro

Compartimos a información que as Marchas da Dignidade de Ferrolterra publican sobre accións que realizarán en solidariedade con Diego Lores e as persoas que estiveron a loitar na rotonda de Coia contra a instalación do Alfageme. Estas accións terán lugar o domingo 15 e luns 16 de xaneiro : Acción, en Ferrolterra, en Solidariedade con Diego Lores e a Asemblea Aberta de Coia (Vigo). O pasado luns 9 de xaneiro, tiña lugar en Ferrol, un acto público: "Quéren-nos en soidade, teran-nos en común", unha Palestra-Coloquio á que se achegarón activistas da Asembleia Aberta de Coia (Vigo) O xuntanza tivo lugar no salón de actos do #AteneoFerrolán que iniciou coa proxeción da curtametraxe #MoitoPeixeRompeARede , unha peza de 8 minutos que fai un repaso polos meses de loita veciñal na rotonda de Coia e polas consecuencias da mesma. Trataba-se de poñerlle voz e corpo ás loitas veciñais na defensa do ben común. Coñecer as resistencias que se tecen para frear os intereses

Marchas da Dignidade - Autoconvocatoria para este xoves 12 de xaneiro, ás 7 no Ateneo Ferrolán: intentar conseguir unha nova mobilización unitaria en Ferrolterra, co obxectivo de participar na convocatoria internacional contra o CETA

Compartimos a convocatoria que fan dende as Marchas da Dignidade de Ferrolterra para o xoves 12 de xaneiro ás 19:00h no Ateneo Ferrolán dunha xuntanza para organizar unha mobilización a nivel local contra os tratados de comercio neoliberais dentro dunha convocatoria realizada a nivel internacional: Estimad@s Compañeir@s, O pasado 21 de Decembro, conseguimos en Ferrolterra facer unha mobilización unitaria contra a pobreza enerxética, con relativo suceso, pensamos que dado a data concreta, onde tiñan lugar os diferentes festivais de nadal nas escolas e ceas de empresa ou amizades..., mais conseguimos reunir-nos baixo unhas reivindicacións concretas 31 colectivos e organizacións que valoramos moi importante. Desta volta pretendemos conseguir unha nova mobilización unitaria en Ferrolterra, mais o obxectivo é o de participar na convocatoria internacional contra o tratado de comercio e investimentos entre a UE e Canadá (CETA - Tratado Económico e Comercial entre a Unión Europea e

Rede Apoio Mútuo Ferrolterra - Concentración de apoio a Jeide en xuizo por desafiuzamento este mércores 11 de xaneiro, ás 10:00h

Recibimos aviso da Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra - STOP Desafiuzamentos de que este mércores 11 de xaneiro terá lugar en Ferrol un xuizo contra Jeide, unha veciña de Ferrolterra, que se enfronta a ser desafiuzada e expulsada do seu actual fogar sen ter unha alternativa habitacional. Por este motivo, convócase á cidadanía para realizar unha concentración fronte os xulgados de Ferrol (Rúa Coruña, 55) ás 10:00h . Tamén se convida a que aquelas persoas que poidan, acudan a ese mesmo lugar ás 8:50h para acompañar a Jeide durante o xuizo. Compartimos o comunicado: Concentración diante dos Xulgados de Ferrol ante un novo Xuízo der Desafiuzamento e para demandar alternativa residencial e denunciar o desemprego, a pobreza e a exclusión social. As plataformas Stop Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrrolterra e a PAH de Ferrol e Comarca, teñen convocado mañá mércores 11 de xaneiro, ás 10 da mañá, unha acción de proptesta e denuncia , diante do edificio dos xulgados de Fe

Salvar Sargadelos Ferrol - Nova convocatoria de concentración para o luns 9 de xaneiro

A pesares de non ter podido anunciar a convocatoria do luns pasado, compartimos con vós a nova convocatoria de concentración da plataforma cidadá "Salvar Sargadelos Ferrol", que terá lugar o vindeiro luns 9 de xaneiro , ás 19:30h , no entorno da Galería. Velaquí o chamamento: CONVOCATORIA DA PLATAFORMA SALVEMOS SARGADELOS FERROL NOVA CONCENTRACIÓN LUNS, DÍA 9 DE XANEIRO, ÁS 19:30, DIANTE DA GALERÍA SARGADELOS- A Plataforma “ Salvar Sargadelos Ferrol” Convoca a cidadanía, Grupos políticos, Asociacións, Sindicatos... a asistir a unha nova concentración o vindeiro luns, día 9 de xaneiro, ás 7:30 da tarde, diante da Galería Sargadelos, para dar conta e informar da situación e dos pasos que se están dando en defensa da permanencia nesta cidade da Galería Sargadelos, tanto polo que representa como manifestación da nosa propia cultura, como por ser un espazo emblemático para o tecido asociativo e cultural. Reiteramos que a nosa reivindicación será sempre a D