Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Exposición

Exposición "Hábitats", de Carlos López García

Exposición "Hábitats", de Carlos López García, "Carlús", que se amosará a partir do vindeiro luns 10 de abril na sala de exposicións temporais da Casa da Cultura-Museo do Humor de Fene.

Exposición "Ferrol e as Irmandades da Fala"

A Biblioteca Municipal comprácese en informar a vostede sobre a Exposición "Ferrol e as Irmandades da Fala" que se inaugurará o próximo martes día 21 de marzo ás 12.00 h e que se amosará ata o 26 de maio na Sala de Exposicións da Biblioteca Municipal Central, 3º andar. Horario de luns a venres: de 9.00 a 21.00 h. La Biblioteca Municipal se complace en comunicarles que a partir del lunes día 20 de marzo a las 14.00 h se podrán retirar las invitaciones para la sesión de la Hora del cuento que se celebrará el viernes 24 de marzo a las 18.00 h con la presencia de la Compañía Trinke Trinke.

Exposición "Quessada e o seu tempo" - Visitas guíadas de balde os venres 13 e 20 de xaneiro

Lembran que o ano 2016 foi declarado "Ano Quessada" en Ferrol? Saben que está aínda dispoñible a exposición "Quessada e o seu tempo" no Centro Torrente Ballester , e que poderán visitala ata o 31 de xaneiro de 2017 ?   Pois ben, para aproveitar ao máximo o pouco tempo que queda, dende Fuco Buxán organizaremos dúas visitas guíadas a esta exposición única e que pode que tarde moito tempo en repetirse de novo na nosa cidade. As visitas guiadas terán lugar nas seguintes datas: Venres 13 de xaneiro , ás 19:30h Venres 20 de xaneiro , ás 19:30h Estas visitas correrán a cargo do noso amigo, membro da xunta directiva, e tamén pintor Victor G. Novás . As visitas son completamente de balde e non é precisa inscrición algunha.

Inauguración da exposición "Quessada e o seu tempo" - Venres 19 de novembro, 19h

Temos o grandísimo pracer de convidarte á inauguración da exposición "Quessada e o seu tempo" que organizamos en conxunto coa Fundación Xaime Quessada Blanco e o Concello de Ferrol dentro dos actos realizados para a celebración do Ano Quessada . A inauguración terá lugar este venres 18 de novembro de 2016, ás 19:00h no Centro Torrente Ballester . Este xoves 17 de novembro, ás 12:00, no Concello de Ferrol terá lugar unha rolda de prensa na que se anunciará este acto de xeito oficial. O Ano Quessada do Concello de Ferrol comenzaba o pasado 2 de marzo coa apertura ao público da montaxe no Auditorio de Caranza de dous inmensos murais de Xaime Quessada Porto (Ourense 1937-2007), un dos artistas plásticos galegos con mais proxección internacional. Desde entón, locen nas paredes do recibidor e no primeiro andar deste contedor cultural da cidade, logo de moitos anos ocultos e mesmo desterrados, como parte do patrimonio artístico municipal para o desfrute colec...

Exposición fotográfica "Bolboretas"

O Vindeiro 19 de setembro comenza, no espacio expositivo da Sociedade Galega de Historia Natural, unha exposición fotográfica, de Ramiro Segade Andrade, que leva por título "BOLBORETAS" Dita exposición poderá ser visitada no horario do Museo de Luns a sábados. Mañás: De 09:30h a 13:30h e tardes: De 16:30h a 20:30h. Domingos e festivos: Mañás de 10:00h a 14:00h, tardes pechado.

Exposición e Talleres de Artesanía no Ateneo Ferrolán

Exposición e Talleres de Artesanía que Organiza a A. C. "Camiño da Artesanía" do 2 ao 15 de xullo nas salas de exposicións do Ateneo de 10:00 horas a 14:00 horas. A inauguración terá lugar o venres día 1 de xullo ás 20 horas. Exposición e Talleres da asociación "Camiño da Artesanía" Os seus principais obxectivos son o dar a coñecer o oficio artesanal como parte de cultura, o intercambio de coñecementos entre artesáns e transmitir os coñecementos a novas persoas para divulgar a artesanía. Para iso a Asociación ten previsto actividades como impartición de talleres en centros educativos e locais sociais, exposicións dos traballos artesanais, asistencia a feiras e mercados para presentar os traballos e conferencias e charlas para dar a coñecer o oficio artesanal. Para este ano en curso as nosas actividades previstas serán: Cestería, palillos, coiro e metal para os cales se impartirán cursos avanzados e de iniciación e ademais exposicións para da...

Exposición de pinturas de Victor G. Novás en Valdoviño. Inauguración o venres 1 de xullo, 20:30h

O noso compañeiro Victor G. Novás , e o Concello de Valdoviño convídanvos á inauguración da exposición das súas obras acompañada con textos de Karlotti . Este evento terá lugar o venres 1 de xullo ás 20:30 horas nas instalacións da sala de exposicións da Casa da Cultura de Valdoviño . Esta exposición permanecerá aberta até o 18 de xullo , podéndose visitar nos seguintes horarios: De luns a venres: en horario de mañá das 9 ás 14 horas , e en horario de tarde das 20 ás 21:30 horas .   Sábados: das 12 ás 14 horas .

Exposición "10 anos de historia filispiniana".

A prehistoria do Colectivo OPAÍÍ-Rádio FilispiM remóntase á desaparecida emisora universitaria Radio Kaos . Tras o verán de 2003, algunhas voces que xa participaran da mencionada experiencia sentían a necesidade de volver ás ondas e outras persoas interesáronse na idea. Após varias asembleas en locais de ocio, o 28 de novembro de 2003 fixeron un primeiro chamamento aberto á cidadanía para presentar esta iniciativa de crear unha nova emisora. Desta vez sería un medio libre, independente das institucións oficiais, e ao servizo da comunidade. A denominación debía ser claramente ferrolá, tanto para o colectivo como para a emisora. Tras esa data no Ateneo Ferrolán , o proxecto de Rádio FilispiM participou en decembro no Foro Negro nunha mesa de traballo xunto a Piratona, Kalimera e outros medios de contrainformación. Nun período de gran actividade contra-informativa en Galiza e o Estado, o colectivo realizaba unha asamblea tras outra. Debatía ideas, obxectivos e estatutos,...

Exposición "20 Anos de Razón Socialista"

   Queremos lembrar que inda se pode visitar a Exposición "20 Anos de Razón Socialista" , aberta e inaugurada o venres día 9 de outubro ás 20:00 horas na casa das Palmeiras de Neda polo alcalde de Neda Ángel Alvariño e a concelleira de cultura Helena Pardo, ademais do director da revista Manolo Cendán e a presidenta da A. C. Fuco Buxán María Teresa Martínez Vilariño. A Exposición estará aberta e poderase visitar no horario de 18:00 a 20:00 horas, pechará o día 25. Coa colaboración do Concello de Neda

Inauguración. Exposición: "Man de Camelle", en Narón.

O Pazo da Cultura de Narón acollerá do 16 ó 30 de xaneiro a exposición ‘Manfred, o alemán de Camelle’. Trátase dunha recopilación da súa obra artística, fotografías e textos deste artista que fixo da Costa da Morte o seu lugar de traballo e de vida. A inauguración oficial da exposición terá lugar o mércores 15 de xaneiro ás 19:00 horas. A entrada é gratuita, e os horarios de visita son os seguintes: de luns a venres: de 10:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 horas e sábados: de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas. Ademais, o mércores 29 de xaneiro terá lugar a proxección do documental ‘MANfred, home sen paz’, ás 20:30 horas no Café Teatro do Pazo da Cultura. Esta exposición está promovida pola asociación cultural Fuco Buxán e a Fundación Man Camelle, en colaboración co Padroado de Cultura do Concello de Narón. Nova: http://ferrol360.es/o-pazo-da-cultura-de-naron-acolle-unha-exposicion-de-manfred-o-aleman-de-camelle/

Proxección no Ateneo Ferrolán, que leva por título Manfred "Home Sen Paz".

A Asociación Cultural FUCO BUXÁN convídate a visitar a mostra de obra artística, fotografías e textos de Manfred Gnädinger, Man “o alemán de Camelle” que leva no Ateneo Ferrolán dende o 15 de novembro e finaliza o vindeiro día 30. O venres día 29 ás 20:30 Horas terá lugar unha Proxección no Ateneo Ferrolán, que leva por título Manfred "Home Sen Paz", un audiovisual Premio Mestre Mateo 2011 dirixido por Simón Vázquez de Infiernos TV S.L.  Esta mostra quere ser unha reivindicación do seu legado e memoria desde a faceta de creador coherente, lúcido e profundo que decidido a non colaborar con este statu quo, levou unha forma de vida alternativa. A súa ausencia –morreu, nun acto derradeiro de rebeldía, o día dos Santos Inocentes do 2002, vítima do Prestige- deixa un gran baleiro en Camelle e tamén na arte galega. Colaboran: Fundación Man e Ateneo Ferrolán.

Exposición "Man, o alemán de Camelle"

Inauguración Venres, 15 de novembro de 2013 ás 20:30 horas no Ateneo Ferrolán. A Asociación Cultural FUCO BUXÁN convídate a visitar a mostra de obra artística, fotografías e textos de Manfred Gnädinger, Man “o alemán de Camelle” que terá lugar no Ateneo Ferrolán do 15 ó 30 de novembro de 2013. Esta mostra quere ser unha reivindicación do seu legado e memoria desde a faceta de creador coherente, lúcido e profundo que decidido a non colaborar con este statu quo, levou unha forma de vida alternativa. A súa ausencia –morreu, nun acto derradeiro de rebeldía, o día dos Santos Inocentes do 2002, vítima do Prestige- deixa un gran baleiro en Camelle e tamén na arte galega. Colaboran: Fundación Man e Ateneo Ferrolán . http://www.mandecamelle.net/MAN.htm

Exposición de Víctor G. Novás.

O noso compañeiro Víctor G. Novás, inaugurou na Casa da Cultura de Valdoviño a súa exposición de óleos e acrílicos, que permanecerá aberta ate o 31 de xullo. Audio da inauguración. Álbumfotográfico. Horario de visita ate 31 de xullo: de Lúns a venres: manáns en horario de Biblioteca, tardes de 20 a 21,30 hs, sábados de 12 a 14 horas. VÍCTOR : artigo de José Torregrosa. Del 17 al 31 de julio planta Víctor Gª. Novás sus reales (y sus imaginarias) en la Casa de la Cultura de Valdoviño, con una exposición de óleos y acrílicos. Yo que yo, no me la perdería, forastero. En este “brave new world”, uno no sabe dónde poner los ojos que no sea recuerdo de un churrigueresco s. XXI, su pesimismo (horizontes muertos soñados por el Bosco, delicioso jardinero de mandrágoras), y, enfrente, según se sube hacia la izquierda, la rebeldía de bien, que se niega seguir lamentándose, inútil, sobre sobre muros de atropello e indecencia. Dirigir la vista hacia la obra de Víctor –es...

Vindeiro mercores día 17, Inauguración da Exposición de Víctor G. Novás.

ÓLEOS E ACRÍLICOS VÍCTOR G. NOVÁS Inauguración o mércores 17 de xullo ás 20,30 horas na sala de exposicións da Casa da Cultura do Concello de Valdoviño. Poderase visitar de luns a venres, mañás en horario de biblioteca, tardes de 20:00 a 21,30 horas, Sábados de 12 :00 a 14 :00 horas. Do 17 ó 31 de xullo do 2013. Nova no Diario de Ferrol: Víctor García Novás convierte su nueva exposición en un homenaje a Pablo Neruda. NICOLÁS VIDAL FERROL | Actualizado 16 Julio 2013 - 02:00 h. ...

HOMENAXE A CELSO EMILIO FERREIRO

Ateneo Ferrolán e A.C. Fuco Buxán organizan: HOMENAXE A CELSO EMILIO FERREIRO no seu centenario.   O vindeiro martes, 20 de novembro, ás 19,30 hs, na Galería Sargadelos de Ferrol. Presenta: Fernando Ocampo Montesinos en nome do Ateneo e de Fuco Buxán. Interveñen: Enrique Barrera Beitia , Historiador “ O contexto político-social da época” e José Luis Forneiro Pérez , Profesor de Filoloxía Galego-Portuguesa da USC. “ Vida e obra de Celso Emilio”. Haberá tamén un Recital Poético – Musical e unha Exposición Bibliográfica da obra de Celso Emilio Ferreiro. Entrada de balde, alí vós esperamos.

Conferencia e Exposición fotográfica: AUSCHWITZ – BIRKENAU Unha mirada ao pasado

     Conferencia e Exposición fotográfica: AUSCHWITZ – BIRKENAU (Unha mirada ao pasado) fotografías de Daniel Candal. Organizan: A.C. Fuco Buxán e Asoc. Memoria Histórica Democrática. Conferencia: Sábado 10 de novembro, ás 19 hs, no Centro Cívico de Caranza – Ferrol. Intervirán: Enrique Barrera Beitia, Historiador e Daniel Candal Álvarez, fotografo e autor da exposición. Exposición: do 27 de outubro ao 17 de novembro , no Centro Cívico de Caranza - Ferrol.   http://www.auschwitzlaexposicion.es