A asociación cultural Fuco Buxán apoia a vindeira folga estudiantil do 14 de novembro con un marcado carácter feminista. O sistema educativo é un pilar fundamental para mudar os prexuízos e os estereotipos de xénero. Se facemos un breve repaso histórico apreciaremos como a escola foi obxecto das institucións políticamente dominantes, é dicir, con poder, as cales servíronse dela para crear unhas tipoloxías de individuos según as necesidades do sistema. Nun primeiro momento, co nacemento dos Estados-nación buscouse formar individuos nacionalista cun alto sentimento patriótico. En segundo lugar, coa industrialización, a escola convírtese no mecanismo para adoctrinar obreiros individualistas e competitivos. En terceiro lugar, encontrámonos co franquismo e os seus ideais conservadores según os cales establécese unha educación segregada por sexos. En cuarto lugar, tras a transición democrática, a educación básease en formar cidadanos e cidadanas. E, en último lugar, o que nos correspo
“Andar ergueitos, falar forte e nunca máis esquecer o noso norte."