Os traballos de Acción Directa - Recuperación de espazos públicos Limpeza de regatos en Stª Comba, Covas.
Toda a solidariedade e recoñecemento de Fuco Buxán cos compañeiros/as de Acción Directa - Recuperación de espazos públicos , que están desenrolando unha importante labor de conservación do medio, de concienciación ecolóxica e de denuncia do abandono e mal gasto do diñeiro público por parte do desgoberno Municipal do PP no Concello de Ferrol. Fotos dos traballo s Limpeza de regatos en Stª Comba, Covas. O colectivo cidadán “Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos” traballou hoxe sábado, na limpeza de dous regatos de Covas, coñecidos estes como o Cano do Foutadoiro, e o Cano de Marmadeiro, ambos os dous encóntranse na metade da praia de Stª Comba. Foron sobre uns 200 kg de residuos recollidos, sobre todo, aerosois, botellas, e plásticos. Desatascar a retirada dun gran tapón formado no regato do Cano do Foutadoiro, varios madeiros, e parte da antiga muralla militar freaban o discorrer das augas. Queremos chamar a atención aos visitantes e ás autoridades, so...