Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2017

11ª MARCHA A PÉ FERROL – MUGARDOS

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol , convoca, como cada ano desde 2007, a 11ª MARCHA A PÉ FERROL – MUGARDOS , denunciando a ilegal, perigosa, antieconómica e innecesaria Planta de Gas de REGANOSA, instalada – coa complicidade das Administracións – no centro das nosas vidas. A pé, en carro, en bici… ACOMPÁÑANOS na defensa da sostenibilidade da Ría e da Vida dos seus habitantes. Saida, o venres 2 de Xuño, ás 17 hs, do Parque "Carmelo Teixeiro" en Caranza, Ferrol, e chegada á A.VV de Mehá, Mugardos, sobre ás 20 hs.

Moción sobre REGANOSA que Ferrol en Común presenta hoxe ao Pleno do Concello de Ferrol

A planta de REGANOSA é unha instalación perigosa no interior da Ría de Ferrol, perigosa porque está instalada a pouco máis de 100 metros dos veciños de Mehá e a 900 m do Arsenal Militar e engadido a isto ten anexo un complexo petroquímico que almacena á súa vez 300.000 m³ de combustibles e produtos químicos. Situada esta bomba de reloxería no corazón da ría de Ferrol nun entorno de algo máis dos 100 000 habitantes. O proxecto inicial de instalación data dos anos 90 e estaba prevista situala no Porto Exterior de Ferrol, pero os intereses do Grupo Tojeiro co apoio de Manuel Fraga Iribarne e o conselleiro de Economía Don José Oza, asinando un convenio Xunta/Reganosa foi recolocar a planta en terreos do Sr. Tojeiro constituíndo un auténtico pelotazo urbanístico gañando 30 000 000 € e favorecendo a instalación da devandita planta ao lado da empresa Forestal Atlántica. Unha instalación que contaba con dúas Resolucións da Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas de 2002 e 2004

Actualización da campaña de axuda económica do CCE

O CCE, na súa web , pubricou a actualización da súa campaña de axuda económica para sufragar os procesos xudiciais contra REGANOSA.

O CCE denuncia ante a C. Europea ao Goberno pola exención Mediambiental a REGANOSA

O Comité Cidadán de Emerxencia denuncia ante a Comisión Europea, ao Goberno de Mariano Rajoy logo de que desoindo as Sentencias do Supremo, decidise excluir á Planta de Gas de Reganosa da lexislacion medioambiental. Fonte: Comité Cidadán de Emerxencia

Lídia Senra denuncia ante a CE a “insuficiente e ineficaz” política de prevención dos incendios forestais na Galiza

· Insta á Comisión Europea a pronunciarse sobre os 436 traballadores/as interinos descontinuos que a Xunta contrata só tres meses ao ano · A eurodeputada considera que o “lóxico” sería que este persoal estivera contratado sempre formando parte dos corpos de emerxencia Santiago, 23 de maio de 2017 . A eurodeputada galega Lídia Senra , integrada Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), denuncia ante a Comisión Europea (CE) a “insuficiente e ineficaz” política de prevención de incendios forestais na Galiza . Así o anunciou a propia Senra este martes pola mañá, durante unha rolda de prensa ofrecida en Santiago de Compostela xunto a José Ángel García López, presidente da Asociación de Traballadores de Incendios Forestais de Galicia (ATRIFOGA) e enxeñeiro forestal helitransportado; Sonia Lino García, emisorista; e David Faria Juncal, conductor de motobomba . A eurodeputada deu conta de dous escritos que elaborou de cara a informa

Vídeo e audio da presentación do libro IBEX 35 de Rubén Juste

Vídeo da presentación do libro IBEX 35 polo seu autor, Rubén Juste, na nosa canle de YouTube: Audio do evento na nosa canle de Ivoox, para escoitar on-line ou descargalo no teu dispositivo:

Artigo 15M da A.C. Fuco Buxán

O próximo día 15 cúmprense seis anos do 15 M, aquel día onde unha boa parte da cidadanía decidira mobilizarse contra a política de austeridade que levaba, e segue a levar, cara á perda e aos recorte de dereitos sociais e económicos, fora un movemento que ocupou pacificamente as prazas públicas das cidades. A acampada na porta do Sol convertérase no centro de referencia de protestas e reivindicacións. Non foran os partidos políticos, nin os sindicatos, quen tomou a iniciativa foi unha parte da sociedade que con gran participación de mozas e mozos decidiu rebelarse fronte ao modelo político e económico. En España, a crise ten unha característica propia, un crecemento económico baseado na construción, e se crea unha burbulla inmobiliaria. Todo o solo é urbanizable, como dicía o autor da milagre económica, o ministro Rodrigo Rato. Bancos e Caixas incentivaron a concesión de créditos hipotecarios. Como consecuencia da creba do sistema bancario, daquela o Estado inxectou diñeiro en Banc

Sábado 20 : Xantar Solidario do Comité Cidadán de Emerxencia. Anímate!

O Comité Cidadán de Emerxencia, co fin de celebrar una xornada de convivencia  coas persoas que veñen apoiando as súas actividades  e de obter axuda económica coa que facer fronte aos gastos ocasionados polas demandas xudiciais contra a ubicación da Planta de Gas,  organiza o sábado 20 de maio, ás 14,30 hs , un Xantar Solidario ao que convida a todxs xs amigxs e simpatizantes. Lugar: RESTAURANTE “A Grella do Avó” , O Carballo, 21  SEDES – Narón. Enlace á ruta Menú : Entrantes, arroz caldoso con centolo, segredo de porco branco, sobremesas, café, licores, 20 € + 5 € axuda ao CCE :  25 € Menú infantil : Croquetas caseiras, segredo de porco branco e xeados.  5 € Haberá música, cancións e boísima convivencia.  Animádevos e axudaremos ao CCE na súa loita en defensa da Vida e da Ría. Data tope de Reserva:  18 de Maio. Teléfs:  669208499  652201003  699548246 Fonte:  Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

A visita do TRAMABUS a REGANOSA (fotos e prensa)

ALBUM FOTOGRÁFICO O pasado sábado, unha delegación do Comité Cidadán de Emerxencia acompañou desde Lugo ao TRAMABÚS de PODEMOS que fixo parada ante os tanques de REGANOSA, en Mugardos, onde agardaban varias deceas de persoas, convocadas polo CCE. Alí, a compañeira Lupe Ces, en nome do Comité, resaltou os graves riscos para a poboación e para a sostenibilidade da Ría, así como o fraude económico e o enorme custo innecesario que para toda a cidadanía supón esta Planta de Gas, innecesaria, ilegal e perigosa. Informacións en: FERROL360 PRAZA PÚBLICA EL CORREO GALLEGO Fonte: Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

Vídeo e audio da conferencia de Cristina Fallarás e a presentación da revista de Fuco Buxán

Vídeo da presentación da revista e a conferencia de Cristina Fallarás na nosa canle de YouTube: Audio da presentación da revista e a conferencia de Cristina Fallarás na nosa canle de Ivoox, para escoitar on-line ou descargalo no teu dispositivo:

Sábado 6, ás 11:15 hs, o “Tramabus” de Podemos chega a REGANOSA.

O vindeiro sábado 6 de maio, ás 11:15 horas o “Tramabus” de Podemos estará diante da Planta de Gas de REGANOSA, en Mugardos , para chamar a atención sobre as corruptelas e o pelotazo económico que fai posible este disparate, que permite que unha Planta de Gas, perigosa, innecesaria e antieconómica se ubique no interior da nosa Ría. O Comité Cidadán de Emerxencia convida á cidadanía, para recibilo e acompañalo durante esta parada (Rúa Penedo, A Pedreira, Mugardos, diante dos tanques de REGANOSA). O “Tramabus” posto en marcha por PODEMOS é un vehículo que recorre o país, decorado con figuras políticas e empresariais para denunciar aos responsables da corrupción “profundizando nos principais protagonistas da trama política e económica que configura o poder en España”: Bárcenas, Aznar, González, Pujol, Blesa, Inda, Rajoy, Rato, son algúns dos seus protagonistas. Fonte: https://cociudem.wordpress.com/2017/05/03/sabado-6-as-1115-hs-o-tramabus-de-podemos-chega-a-reganosa/

Ciclo Democracia e Compromiso: presentación do libro "IBEX 35" de Rubén Juste - Xoves 4 de maio, 19:30h, Ateneo Ferrolán

A A.C. FUCO BUXÁN convídate á presentación do libro IBEX 35. Una historia herética del poder en España polo seur autor, o sociólogo e articulista RUBÉN JUSTE . A obra fala de portas xiratorias, dos que mandan sen presentarse ás eleccións, das empresas do índice, dos persoeiros fundamentais, das privatizacións, das estratexias dos partidos en relación con elas... Todo isto tratando de dar resposta á pregunta ¿regula o Estado ás grandes empresas ou son éstas as que controlan ó Estado? Como afirmou cínicamente Joan March "la riqueza no se crea ni se destruye, sólo cambia de bolsillo".

Subidas da luz e ganacia das electricas

En sólo diez años, el recibo de la luz ha subido un 76% para el usuario medio. https://www.facua.org/es/noticia.php?Id=9594 Aún no nos hemos recuperado Las tres grandes eléctricas ganan el doble y pagan mucho menos impuestos que nosotros. Tuvieron 3.687 millones de beneficios en 2016, de los que sólo 210 (el 5,7%) fueron para Hacienda. http://www.publico.es/economia/tres-grandes-electricas-ganan-doble.html Solidariamente asumimos pagar más El 39,5% del salario de los españoles se destina al pago de impuestos y a la seguridad social: http://www.europapress.es/economia/fiscal-00347/noticia-395-salario-espanoles-destina-pago-impuestos-seguridad-social-20170413124952.html El Gobierno plantea subir el sueldo a los funcionarios más de un 1% en 2018 http://www.expansion.com/economia/funcion-publica/2017/04/25/58ff1617468aeb2e688b461a.html Los salarios han perdido casi un 10% de poder adquisitivo con la crisis http://economia.elpais.com/economia/2016/11/18/actualidad/1479