O noso compañeiro Victor G. Novás , e o Concello de Valdoviño convídanvos á inauguración da exposición das súas obras acompañada con textos de Karlotti . Este evento terá lugar o venres 1 de xullo ás 20:30 horas nas instalacións da sala de exposicións da Casa da Cultura de Valdoviño . Esta exposición permanecerá aberta até o 18 de xullo , podéndose visitar nos seguintes horarios: De luns a venres: en horario de mañá das 9 ás 14 horas , e en horario de tarde das 20 ás 21:30 horas . Sábados: das 12 ás 14 horas .
“Andar ergueitos, falar forte e nunca máis esquecer o noso norte."