Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Acto Poético

Acto Poético - Musical para celebrar o 39º Anversario do 25 de Abril: A Revolución dos Cravos.

Para celebrar o 39º Anversario do 25 de Abril : A Revolución dos Cravos. Ateneo Ferrolán e Asociación Cultural Fuco Buxán, organizan un ACTO POÉTICO MUSICAL Venres, 26 de abril, ás 20:00 horas no Salón de Actos do Ateneo (entrada libre) Intervirán: Manolo Bacallao (música) e Xosé Leira, Lorena Calaza e Fernando Ocampo (poesía)   Foram dias foram anos a esperar por um só dia. Alegrias. Desenganos. Foi o tempo que doía com seus riscos e seus danos. Foi a noite e foi o dia na esperança de um só dia. Manuel Alegre

Recital Poético-Musical: “Celso Emilio Ferreiro, no seu centenario”

O vindeiro v enres, 14 de decembro, ás 18 hs, na r úa Celso Emilio Ferreiro (esquina a Mayola) fronte ao Instituto de Canido – Ferrol celebrarase un recital poético musical coa poesía do moi querido poeta.  A. C. Fuco Buxán, anima e conv ídavos a a sistir para dar un sentido homenaxe a o autor galego no seu cente nario.   Organizan e participan : A Revolta de Trasancos, Ateneo Ferrolán, Bartoleta Teatro, Fuco Buxán, I.E.S. Canido, Lefre de Caldereta, Muiño do Vento, Poesía Salvaxe - Lendo Poesía.

Fotos da segunda sesión homenaxe a Celso Emilio Ferreiro

Estupenda segunda sesión da homenaxe a Celso Emilio Ferreiro coa actuación de María Manuela acompañada de Xurxo V a rela. Presentou Rosa Méndez, en nome do Ateneo Ferrolán e Fuco Buxán. E recitaron a poesía de Celso Emilio: Rosa Méndez, Helga Méndez, Lorena Calaza, Xosé Leira e Fernando Ocampo.  Todo moi ben amenizado por unha estupenda actuación musical de María Manuela. Toda unha homenaxe a Celso Emilio Ferreiro que fixo achegarse a súa figura e a súa obra. TEMPO DE CHORAR Hei de chorar sin bágoas duro pranto polas pombas de luz aferrolladas, polo esprito vencido baixo a noite da libertá prostituída. As espadas penduran silandeiras coma unha chuvia fría diante os ollos e teño que chorar na sombra fuxidía diste pútrido vento que arromba a lealtá e pon cadeas no corazón dos homes xenerosos. Pois que somente os ollos me deixaron para chorar por iles longos ríos, hei navegar periplos, descubertas por tempos que han de vir cheos de ...

Acto Poético-Musical Celso Emilio Ferreiro

O Ateneo Ferrolán e A.C. Fuco Buxán organizan a segunda sesión do HOMENAXE A CELSO EMILIO FERREIRO no seu centenario. Xa puidemos desfrutar na primeira dunhas excelentes charlas sobre o pensamento, os amigos, as costumes, e os entornos sociais que no se desenvolvera Celso Emilio. Toda unha honra acercarse a súa vida e coñecela para poder desfrutar e valorar mellor hoxe en día a súa herdanza literaria. Este vindeiro martes, día 27 de novembro, ás 19,30 horas na Galería Sargadelos , Ferrol , celebrarase un   ACTO POÉTICO – MUSICAL : Presenta:   Rosa Méndez, en nome do Ateneo Ferrolán e Fuco Buxán. Recitan:   Rosa Méndez, Helga Méndez, Lorena Calaza, Xosé Leira e Fernando Ocampo. Actuación Musical: MARÍA MANUELA   acompañada de Xurxo Varela. Achégate máis a Celso Emilio Ferreiro .  No volo podedes perder, pagará a pena. Vémonos alí !