Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Dereitos

15 de decembro: Convocatoria de mobilización de CCOO - UGT #recuperardereitos

Este vindeiro xoves 15 de decembro , os sindicatos CCOO e UGT realizan convocatorias por todo o estado para mobilizarse baixo o lema "As persoas e os seus dereitos: o primeiro". En Ferrol , a mobilización terá formato de manifestación , e partirá ás 20:00h da Praza de España con destino ao Cantón. Dende Fuco Buxán, sumámonos á convocatoria desta mobilización, pola recuperación dos dereitos enaxenados empregando como excusa a crise. Máis información: http://www.ccoo.gal/webgalicia/Informacion:Campanas:1011150--15-D__#recuperardereitos

Tod@s co Ensino Público e Navantia

A Asociación Cultural Fuco Buxán apoia a Folga e a Manifestación convocada polo Sindicato de Estudantes , que sairá o mércores 20, ás 12 horas, do Edificio Administrativo da Xunta da Galicia (Praza Amada García – Ferrol). Manifestación unitaria na que a cidadanía, estudantes, nais, pais, comunidade educativa, Asociacións, Partidos, Sindicatos, Traballadores/as de Navantia, esixiran rotundamente a retirada inmediata da LOMCE, a dimisión de Wert, a retirada do Decreto de Becas e Comedores, a subida de Taxas universitarias, e todas as medidas coas que o goberno do PP pretende desfacer o Ensino Público.

TODOS/AS CON NAVANTIA

A A.C. FUCO BUXÁN , súmase e convida a toda a cidadanía a apoiar as Mobilizacións de NAVANTIA , para esixir carga de traballo, e na defensa do emprego e da vida social e económica de Ferrol Terra. 19 de novembro. - Saída a rúa da plantilla de Navantia e acción no exterior. 20 de novembro. - Mobilización coincindo coa mobilización da Folga do Ensino. 26 de novembro .- Mobilización no Parlamento de Galicia (Compostela). 28 de noviembro. - Peche na factoría ate as 18:00 hs e visita ao Pleno do Concello de Ferrol 1 de decembro. - (Domingo) Manifestación Cidadá en Ferrol, convocada polos Comités de Empresa de Navantia. 5 de decembro. - Asembleas nos Centros (se supon que o día 4 será presentado o Plan de Empresa).

Convite para participar na Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto

Plataforma Galega Polo Dereito ao Aborto. A vida non se protexe recortando dereitos.  Este convite vai dirixido a todas aquelas organizacións que traballan no ámbito local e galego e que aínda non forman parte da Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto. Onte, 27 de maio, constituíuse en Ferrolterra o grupo de traballo local da Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto nunha asemblea celebrada no Ateneo Ferrolán na que estábamos convocadas aquelas organizacións que participamos a nivel nacional na Plataforma. Na asemblea decidiuse facer un chamamento e convite a todas aquelas organizacións que no ámbito local desexen participar neste recen constituído "Grupo de Traballo". O obxectivo da Plataforma é a de loitar polos dereitos individuais das mulleres e para xuntar forzas e conseguir sensibilizar á cidadanía sobre o dereito das mulleres a decidir sobre o noso corpo e que esta reforma da lei do aborto do ministro Gallardón supón un retroceso de 30 anos na l...

Solidariedade cas mobilizacións dos/das traballadores/as de FIMO

 A Asociación Cultural Fuco Buxán solidarízase cos traballadores e traballadoras de FIMO, apoia as súas mobilizacións e convida a toda a cidadanía a acompañarlles nas súas concentracións, en defensa da continuidade dos seus postos de traballo e os seus dereitos laborais. O persoal, que continúa traballando e esforzándose pola viabilidade da Entidade, leva xa 7 meses sen percibir o seu salario. Quenda de mobilizacións: Todos os días de lúns a venres (agás festivos), entre o 18 de marzo e o 18 de abril, de 11,00 a 12,00 horas, en FIMO. O 27 de marzo de 9,30 a 12,00 horas, no Concello de Ferrol. O 28 de marzo ás 11,45 horas na entrada de FIMO, durante a inauguración de EQUIOCIO. O Consorcio Proferias e Exposicións de Ferrol (FIMO), é unha entidade de dereito público sen ánimo de lucro,participada pola Cámara de Comercio de Ferrol (55%), e o Concello de Ferrol (45%). FIMO, é unha Entidade xurídica propia, rexida por un Consello de Administración formado por 10 memb...

Plataforma en Defensa da Sanidade Pública, A Sanidade Pública non se vende: ¡ Se defende !

 A cidadanía mobilizouse hoxe, convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública, contra os recortes, as privatizacións e o repago.  A Sanidade Pública non se vende  ¡ Se defende ! ÁLBUM FOTOGRÁFICO MANIFESTO  Mobilización Comarcal en Ferrol 03/03/2013. Bos días veciñas e veciños de Ferrolterra. Recibide un saúdo da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol. Hoxe defendendo á Sanidade Pública como tamén estivemos o pasado domingo defendendo aos estaleiros públicos. A sanidade pública é unha conquista da cidadanía, non foi un regalo de ninguén, e cos defectos que haxa que corrixir (un deles as excesivas listas de espera) é comparable a calquera sanidade pública do mundo. O dereito á protección á saúde se recolle nos artigos 41 e 43 da Constitución e no Estatuto de Autonomía de Galicia, no seu artigo 33. Estes dereitos están ameazados pola falla de recursos co que o goberno da Xunta atenaza ao Servizo Galego de Saúde, c...

3 de Marzo. Manifestación en Ferrol en Defensa dá Sanidade Pública

A A.C. Fuco Buxán entidade integrante da Plataforma en Defensa dá Sanidade Pública xunto cunhas 50 entidades entre asociacións veciñais, sindicatos, entidades socio-sanitarias e outras agrupacións, anima á cidadanía a acudir á concentración do domingo 3 de Marzo, que partirá ás doce do mediodía da praza Camilo José Cela -diante do edificio administrativo da Xunta- e percorrerá Rúa María, Praza de Amboaxe, rúa Real e chegada á praza de Armas. Hai que mobilizarse ante as reducións e recortes en sanidade, ante a os colapsos e a penosa e a situación privatizadora á que se enfrenta a sanidade en xeral. A manifestación é tan importante coma a da pasada semana de apoio ao naval. A sanidade é cousa de todos, e todos temos que estar para defendela das políticas neoliberais. Emporiso acudide a Manifestación o domingo 3 de Marzo, que partirá ás doce do mediodía da praza Camilo José Cela -diante do edificio administrativo da Xunta- e percorrerá Rúa María, Praza de Amboaxe, rúa R...

A MMM Galiza, Día 28 Moción no Pleno Concello Ferrol

MMM Marcha G aliza Coordenadora Comarcal Marcha Mundial das Mulleres Ferrolterra. Esperámosvos o xoves 28 ás das 19,30h no salón de plenos do Concello de Ferrol Agradécese difusión. A Coordenadora Comarcal da Marcha Mundial das Mulleres ven realizando dende hai anos concentracións de repulsa cada vez que asasinan a unha muller víctima da violencia machista na Galiza, nesas concentracións pintamos a silueta das mulleres asasinadas, pretendendo que todas e cada unha delas permaneza sempre na lembranza da cidadanía, non so nun minuto de silencio.  Nas dúas últimas concentracións non poidemos pintar as siluetas porque a Policía Local tiña orde da Concelleira de Igualdade de prohibirnos pintalas. Mantivemos unha reunión coa Concelleira de Igualdade Verónica Casal Míguez, e mantense na súa postura de prohibirnos pintar a silueta da muller asasinada, baseando a súa prohibición na Ordenanza municipal de Limpeza e recollida de residuos. Pensamos que nin á Marcha nin á cidad...

Concentración convocada pola Plataforma Galega en Defensa dos Servizos Públicos

A A.C. FUCO BUXÁN súmase e convida a participar na Concentración convocada pola Plataforma Galega en Defensa dos Servizos Públicos : XOVES 21 DE FEBREIRO, ÁS 19 HS, Diante do Edificio da xunta de Galicia (Praza Amada García - Ferrol) En defensa dos servizos Públicos e dos dereitos laborais. A Plataforma ten convocadas mobilizacións, para o xoves, nas sete cidades galegas para manifestar o seu rexeitamento a uns orzamentos que poñen en perigo os servizos públicos, promoven a supresión e despedimento de persoal e deterioran as súas condicións laborais e económicas. Apoian os Sindicatos: CIG, CCOO, UGT, USTG, USO, CSI-F, CESM, SATSE, USAE, OMEGA, ANPE, STEG, CGT, SIAT, STAJ e ACAIP.  - FERROL: saída ás 19 horas da praza de España. - A CORUÑA: saída ás 19 horas da praza de Pontevedra. - SANTIAGO DE COMPOSTELA: saída ás 19 horas da Alameda. - LUGO: saída ás 19 horas do edificio administrativo da Xunta. - OURENSE: saída ás 19 horas do pavillón dos Remedios. ...

23 F Tódos ás Rúas

      A Asociación Cultural Fuco Buxán, súmase e convida aos seus socios e á cidadanía a acudir este S ábado día 23 de Febreiro, ás 18:00 Horas, diante do Edificio Administra tivo da Xunta de Galicia, na plaza de España, número 2, Ferrol. Por considerar, que tales peticións son totalmente lexítimas e necesarias para o benestar social . Basta xa! Gürtel, Camps, Correa, El Bigotes, Fabra, ERES, Barcenas, Baltar, Pokemon, Malaya, Palau, Pallarols, ITV, Puyoles, Bankia, Privatización de la Sanidad, RTVE, Destrucción de la Educacón Publica, Urdangarines y Borbónes, 6.000.000 de parados, Pensionazo, Tasazo , Parques Nacionales Privatizados, Corrupción Generalizada, EUROVEGAS, DESAHUCIOS CRIMINALES MASIVOS... ¿A que estamos esperando? El 23 de Febrero, salimos a la calle, exigimos una nueva Constitución y la Refundación de la Democracia. Este Gobie rno es Ilegal, Inmoral e Ilegitimo.    A que estamos a esperar? O 23 de Febreiro, saímos á rúa...

Video da "Factoría Zombie"

"Factoría Zombie " Este é o título da última entrega dirixida polo compañeiro de Rádio Filispim, Miguel Castro (produzóns En Tránsito), con guión del mesmo e de José Torregrosa. Nela se narra, a modo de viñetas radiofónicas, as aventuras de Cornelius K, quen representa a pasividade nunha situación de crise e a quen se lle podería atribuir a frase "se hai que ir se va". A outra cara da moeda a representa a súa compañeira na ficción, María, que vén a ser a súa conciencia e a dignidade. Unha morea de zombies ben domesticados pola organización do Sindicato Único (S.U.) vén sendo aquela masa de individuos tristemente real que se acomoda nas "conquistas sindicais" que negocian unha "boa liquidación", non só monetaria, senón tamén humana..." A Asociación Cultural Fuco Buxán, prácese en difundir publicamente a creación de te atro radiofónico e scrita por José Torregrosa e Miguel Castro . Ilustracións por Fernando Ocampo . Música ori x ...

Stop Desafiuzamentos en Ferrolterra

 Información da Manifestación convocada por Stop Desafiuzamentos, da Rede de Apoio Mutuo Ferrolterra . Álbum fotográfico. Web de STOP Desafiuzamentos Diario de Ferrol Web Fuco   Comunicado leido ao final da manifestación : Ola, a todas e todos! Permitir-me darvos a benvida a esta manifestación de protesta, denuncia e reivindicación, no nome de S top-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra. Hoxe non só nos mobilizamos en Ferrol, tamén o están facendo noutras cidades da Galiza: en Vigo, na Coruña, en Compostela, en Ourense, en Lugo, ... e en máis de cincuenta cidades e vilas, do resto do Estado, e nalgunhas cidades do resto de Europa. Son varios centos de miles de persoas as que hoxe saen á rúa para apoiar a xusta e heroica loita das persoas que conforman as plataformas de afectadas e afectados pola hipoteca. Protestando con Stop-Desafiuzamentos, contra as execucións hipotecarias de persoas sen recursos, empobrecidas...

Mobilización da marea blanca en Narón o vindeiro domingo 17F

 A Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol, facéndonos eco da mobilización chamada " Marea Blanca " que se celebra o domingo día 17 de Febreiro en todo o Estado Español, e que en Galicia conta co apoio de SOS Sanidade Pública , en Defensa da Sanidade Pública , contra as privatizacións, os recortes e o repago. CHAMAMOS a toda a cidadanía a participar na concentración convocada polo Concello de Narón para o domingo día 17 de febreiro ás 12 h na Praza de Galicia . Pola Defensa dunha Sanidade Pública, Gratuíta e Universal, para todos por igual Pola construción dos Centros de Saúde comprometidos: Narón, Ares, A Capela e Cedeira, así como a ampliación do Fontenla Maristany e a reapertura do Consultorio da Graña. Derogación do decreto do transporte sanitario. Derogación do decreto que deixa sen asistencia sanitaria aos inmigrantes en situación irregular. Modificación orzamentaria precisa para dotar ao Hospital Naval das...

Mobilización Polo Dereito á Vivenda. Sábado 16/2/2013.

Desde a Asociación Cultural Fuco Buxán - integrantes da Rede de Apoio Mútuo Ferrolterra - sumámonos á Convocatoria e convidamos a participar a toda a cidadanía de Ferrolterra.     #16F MOBILICÉMONOS – MANIFESTACIÓN CIDADÁN EN FERROL Polo dereito á vivenda. Contra os abusos da banca. Contra o xenocidio financeiro, sinalamos aos responsábeis e esiximos dación en pago retroactiva, aluguer social e stop desafiuzamentos xa! Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, chamamos a secundar a convocatoria que desde as PAH (Plataforma de Afectad@s pola Hipoteca) faise á cidadanía galega, como ao do resto do Estado, para apoiar a mobilización social do vindeiro sábado 16 de febreiro e manifestar o apoio á Iniciativa Lexislativa Popular que presentamos no Congreso dos Deputados avalada con 1.402.854 sinaturas de apoio (30.283 na Galiza), para conseguir: Dación en pago con efectos retroactivos. Chámase dación en pago ao feito de e...

23 F, Marea Cidadá Contra o Golpe dos Mercados

A Asociación Cultural Fuco Buxán, quere informar da convocatoria da Marea Cidadá para o 23F, por considerar, que o seu manifesto reflicte na súa totalidade as necesidades vitais que demanda este país para un troco verdadeiro da situación política, económica, de crise e neoliberalismo, de intereses dos mercados, de débedas externas, de desafiuzamentos. Basta Xa! Hai que paralos ! Non ao golpe de estado dos mercados. A nosa asociación convídavos a ler o manifesto e a saír as rúas o día 23F, para dicir que xa está ben de corrupcións e de gobernos tiranos. A xente morre de fame, que da sen casas, sen roupa, sen negocios, NON PODE SER que haxa TANTA desigualdade. Enlace ao blogue da Marea Cidadá: http://mareaciudadana.blogspot.com.es/