Este martes 31 de maio , ás 19:30h , terá lugar na Galería Sargadelos de Ferrol un acto aberto de presentación da Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas Constituída na actualidade por máis de 45 colectivos -entre eles, Fuco Buxán- ten por obxectivo mobilizar á cidadanía galega na defensa dos dereitos das persoas refuxiadas, informar sobre a súa realidade e denunciar a política migratoria da UE. No acto, participará Alberto Ameneiros , veciño da nosa comarca, que relatará a súa experiencia nos campos de refuxiados dos que acaba de regresar. Pregamos máxima difusión deste acto, e a vosa participación. Máis información sobre a Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas: Web: http://www.rederefuxiadas.org/ Twitter: @GalRefuxiadas
“Andar ergueitos, falar forte e nunca máis esquecer o noso norte."