Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: outubro, 2016

28 e 29 de outubro: Toxos, Ferrol e as Irmandades da Fala

O Concello de Ferrol , o Real Coro "Toxos e Froles" e a Real Academia Galega , organizan o Congreso Extraordinario "Terra de Trasancos" , os días 28 e 29 de outubro , baixo o título "Toxos, Ferrol e as Irmandades da Fala" . Neste ano 2016, no que se celebra o 100 aniversario da creación das Irmandades da Fala, o Real Coro Toxos e Froles leva adiante esta iniciativa na que busca salientar tanto o papel xogado pola nosa Entidade, coma a doutros persoeiros ferroláns, na difusión do ideario irmandiño. O programa do Congreso está conformado por mesas redondas, charlas e tamén aportacións de investigadores que queiran achegar os seus traballos a través de comunicacións, seguindo as bases do programa. Máis información : [Artigo orixinal]

Mostra "Cinema e Sociedade 2016" - Xoves 27 de outubro, 19h : A loita contra o cancro de mama

Este xoves 27 de outubro , ás 19:00h , no Ateneo Ferrolán , nova entrega da Mostra "Cinema e Sociedade 2016" , que neste caso estará adicada á loita contra o cancro de mama :

Xoves 27: Ruper Ordorika e Isaac Xubín, recital "Tempo de exilio" na Coruña

Compartimos esta invitación que fai a Editorial Kalandraka para asistir ao concerto que terá lugar este xoves 27 de outubro , ás 20:30h no espazo Linda Rama da Coruña: da man de Ruper Ordorika e Isaac Rubín, recitarán e cantarán a J. Sarrionandia. RUPER ORDORIKA E ISAAC XUBÍN INTERPRETAN A OBRA DE SARRIONANDIA NUNHA XIRA DE RECITAIS POÉTICOS EN COMPOSTELA, VIGO E A CORUÑA Os versos de Joseba Sarrionandia recompilados na antoloxía “Tempo de exilio”, soarán en galego e en éuscaro grazas ás voces do tradutor da obra na nosa lingua, Isaac Xubín, e do cantautor vasco Ruper Ordorika. Ambos protagonizarán unha xira de recitais poéticos que se van celebrar na Sala Capitol de Santiago de Compostela o vindeiro 25 de outubro, no Café De Catro a Catro en Vigo o día 26, e o 27 no espazo Linda Rama da Coruña, todos ás 20:30 horas e con entrada de balde. “Tempo de exilio” –polo que Isaac Xubín recibiu o I Premio Etxepare-Laboral Kutxa de Tradución 2015– é a primeira escolma de poemas de Sar

Mércores 26 de outubro - Mobilizacións contra a LOMCE

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público (PGDEP) anunciou en rolda de prensa, un amplo calendario de accións e mobilizacións coas que se dá continuidade a todas as que xa ten desenvolvido desde a aprobación desta Lei. A Plataforma transmitiu ademais a súa “firme vontade de continuar na loita até conseguir derrogar a LOMCE e as reválidas”. Neste sentido, o portavoz da plataforma, Anxo Louzao, presentou o manifesto da plataforma no que se sintetizan as razóns polas que a PGDEP se opón non só á LOMCE senón tamén á imposición das reválidas. A continuación, o calendario de accións previstas para este mércores 26 de outubro : No caso de Ferrol , farase unha concentración fronte o Edificio da Xunta (Pza Amada García) ás 19:00h . Esta plataforma tamén está a facer unha recollida online de sinaturas esixindo a eliminación das reválidas e a derogación da LOMCE. Para participar, basta con seguir esta ligazón: http://plataformagalegadefensaensinopublico.blogspot.com.es/2016/1

SGHN - Sábado 22 de outubro: Memorial 200 anos de Juan Lembeye: as aves de Cuba

Este vindeiro sábado 22 de outubro , a partires das 16:30h , celebrarase no Salón de actos da SGHN- Ferrol , as conferencias en Lembraza do naturalista ferrolán Juan Lembeye Lartaud . O domingo 23 viaxarase en vehículos particulares a Culleredo para facer un itinerario interpretativo cultural e ornitolóxico.

Sábado 22, 19h na Coruña - Representación da obra "Abril de lume e ferro" de Manuel María

Compartimos esta invitación da Casa-Museo Manuel María para o sábado 22 de outubro: Prezadas/os amigas/os, Este sábado 22 de outubro o Centro Ágora da Coruña (Lugar da Agramela, 17 -por tras da piscina e do IES da Agra do Orzán) acollerá a representación da peza teatral de Manuel María "Abril de lume e ferro" , que correrá a cargo da Asociación de Cultura e Teatro Abril de Lume e Ferro de Carral, o grupo de teatro amador que a vén representando ininterrompidamente desde 1996. A entrada será libre até completar o aforo dispoñíbel do espazo.  Abril de lume e ferro foi escrita por Manuel María en 1974 –non viu a luz até a edición realizada polo Concello de Carral en 1989- e recrea os acontecementos que supuxeron o levantamento liberal e galego de 1846 que remataron co fusilamento das persoas sublevadas, os Mártires de Carral . A peza constitúe unha destacada achega á escena galega e fai parte destacábel da produción teatral de Manuel María, que se inicia en

CANCELADO - Homenaxe a Ángeles Rivera Torres "Gelines"

Por indisposición da homenaxeada, lamentamos anunciar que a homenaxe a Gelines queda adiada ata próximo aviso . Desculpade as molestias ocasionadas.

Ateneo Ferrolán - xoves 20 de outubro, 19:30h : Presentación Documental: "100 anos de Escola Obreira Ferrol"

Dentro dos actos de conmemoración dos 100 anos da inauguración do edificio que sería sede da Escola Obreira ata 1976, este xoves 20 de outubro , ás 19:30h terá lugar no Ateneo Ferrolán a presentación do documental "100 anos de Escola Obreira Ferrol" . Enlace ao programa completo de actos: [Programa - PDF]

Campus Esteiro - Xoves 20 outubro, 18h : presentación do libro "La beneficencia, la filantropía y la caridad", de Concepción Arenal

O vindeiro xoves 20 de outubro ás 18:00 h . terá lugar no Salón de Actos do Campus Universitario (Esteiro) a presentación do libro: "La beneficencia, la filantropía y la caridad" ,  de Concepción Arenal 

AGAVIDA - Luns 17 de outubro, 11h : Concentración ante a presenza de amianto no estacionamento público da Praza de Armas

O vindeiro luns 17 de Outubro , ás 11 da mañá , en Ferrol na Praza de Armas , diante do Palacio Municipal, a AGAVIDA (Asociación Galega Vítimas do Amianto) chama a concentrar-se para denunciar a presenza de amianto no estacionamento baixo a mesma Praza de Armas. Participa !! En Agosto deste ano denunciaron a situación do Parking (Nova en Ferrol 360): http://www.ferrol360.es/agavida-alerta-de-la-presencia-de-placas-de-amianto-a-la-vista-en-el-parking-de-armas/ Máis información: AGAVIDA Telefono: 981371401 Correo-e: agavida@hotmail.com

O 15 de outubro, mobilízate contra os tratados de comercio que priorizan os intereses económicos sobre as persoas

Este próximo 15 de Outubro, as Marchas da Dignidade convocan mobilizacións en toda Galicia, dentro da convocatoria a nivel mundial dun outono de resistencia , que chama á mobilización popular contra os tratados mal chamados de libre comercio , e contra a impunidade das transnacionais, e que no estado español transcurrirá na semana do 8 ao 15 de outubro. Como non pode ser doutro xeito, Fuco Buxán súmase a esta convocatoria, e convida á cidadanía a participar nas mobilizacións programadas , e máis concretamente na que terá lugar en Ferrol o sábado 15 de outubro, ás 19h , e que partirá da Praza de Amada García -fronte o edificio da Xunta, zona Praza de España-. A continuación, compartimos o comunicado que están a difundir dende as Marchas da Dignidade de Ferrolterra sobre este evento. O dia 15 de Outubro, como noutras cidades de Galiza, en Ferrolterra mobilizaremos-nos contra os tratados comerciais e financeiros, patrocinados polos executivos dos estados neoliberais e das

Remunicipalización - Venres 14 de outubro, 12h, Rolda de Prensa en Sargadelos

Compartimos o comunicado que nos fai chegar a Plataforma na Defensa dos Servizos Públicos, pola Remunicipalización de Ferrol, convocando unha rolda de prensa aberta o vindeiro venres 14 de outubro. Pregamos difusión deste comunicado, e a asistencia da cidadanía para arroupar e seguir a respaldar e impulsar as iniciativas desta plataforma cidadá:   A Plataforma na Defensa dos Servizos Públicos, pola Remunicipalización , organiza o próximo venres 14 de outubro, ás 12 do mediodía , unha Rolda de Prensa na Galería Sargadelos de Ferrol . Vivimos a ruptura do goberno municipal na cidade de Ferrol con preocupación. Son moitos os problemas que esta cidade, e a Mancomunidade de municipios á que pertence, teñen que resolver. A defensa dos servizos públicos e o camiño cara a remunicipalización está prácticamente nos comezos, senón en clara parálise... A Plataforma, convoca a Rolda de Prensa para amosar a nosa análise e fixar a nosa posición, ademais de formular as demandas veciñais.

PAH/STOP Desafiuzamentos - Venres 14 de outubro, 11:30h, concentración en solidaridade con Vanesa e os seus fillos

Este venres 14 de outubro , STOP Desafiuzamentos-Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra e a PAH de Ferrol convocan unha concentración ás 11:30 horas diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Ferrol -na Praza de Amada Garcia-  en Apoio e Solidaridade con Vanesa e os seus fillos . Tal e como relata a páxina web da PAH Vigo-Tui , en breves días esta familia pode quedar na rúa: Vanesa e seus dous fillos de 9 e 6 anos terán que irse do piso subvencionado pola Xunta xa que terminado o prazo do “bono”, non pode seguir pagando o aluguer Ten dous nenos, dous menores de 6 e 9 anos e carece de ingresos. É unha mais dos 174.000 fogares galegos que se atopan en exclusion social. O 9% dos fogares galegos vive sen ingresos, sen retribución regular, segundo os datos da última Enquisa de Poboación Activa (EPA) de Galicia, que revela que na comunidade galega existen 38.300 familias nesta situación. A cifra ademais creceu de forma considerable, con 5.200 fogares máis (un 17%), con

Ateneo Ferrolán - Xoves 13 de outubro: mostra "Cinema e Sociedade 2016" sobre as personas maiores

A Mostra “Cinema e Sociedade 2016” , quere ofrecer una visión sobre a historia centrando a súa oferta en diferentes traballos que nos falan da nosa memoria, da emigración, do urbanismo e da sociedade. XOVES de COMADRES , será a vía directa que a Asociación CONXEITO ofrecerá a partir do presente ano coincidíndo coa celebración mundial de eventos da loita social contra as diferentes enfermedades e discapacidades e desenvolveráse en duas modalidades: A primeira aberta e pública con temáticas xerais que se desenvolverán nas sedes oficiais da Mostra Unha segunda vía reservada para aqueles Centros de Ensino ou entidades sociais que soliciten un tema concreto a desenvolver nos seus locais. “Cinema e Sociedade 2016” , tentando chegar a un espectro máis amplo da sociedade invitará á participación directa no Cine Fórum a aqueles colectivos sociais implicados nas diferentes temáticas que se tratarán na mesma. Desde a asociación CONXEITO, nunha tentativa de contribuir á recuperación

Comité Cidadán de Emerxencia - Martes 11 de outubro ás 19h CONCENTRACION: Entrada gaseiro nº 216

Estando prevista a entrada na Ria do Gaseiro cargado con GNL, nº 216 "LNG Lokoja" , o Comité Cidadán de Emerxencia , convoca: CONCENTRACIÓN Martes, 11 de Outubro, ás 19 hs (7 da tarde Horario inverno) diante do Edificio da Xunta de Galicia Praza Amada García - Ferrol Datos do buque: Nome .- LNG Lokoja, Bandeira .- Bermudas, Eslora .- 288 m, Manga .- 43 m, Calado .- 11.3 m, Capacidade .- 148.300 m3 PLANTA DE GAS: PECHE XÁ !

STOP Desafiuzamentos A Coruña - Venres 7 de outubro: Concentración en apoio ás Xornadas polo dereito á vivenda

Compartimos este chamamento que fai STOP Desafiuzamentos da Coruña para concentrarse este venres 7 de outubro ás 11h diante dos Xulgados desta cidade para apoiar as "Jornadas por el derecho a la vivienda digna ante el Tribunal Supremo - Sin Justicia no hay Derechos" que están a ter lugar en Madrid entre os días 6 e 8 de outubro. A Coruña, 6 de Outubro de 2016. Este venres, 7 de Outubro, concentrarémonos nos Xulgados de Coruña ás 11:00h para apoiar as Xornadas polo dereito á vivenda que se están a realizar fronte do Tribunal Supremo os días 6, 7 e 8. As entidades financieiras e os especuladores ocupáronse, durante anos, de crealas condicións necesarias para a formación dunha burbulla inmobiliaria. Cando esta burbulla colapsou en 2008, o resultado para as familias traballadoras foi o desemprego , as execucións hipotecarias e as débedas perpetuas . Nos últimos oito anos, máis de 600.000 execucións hipotecarias das que 200.000 corresponden expulsións da vivenda habi

Campaña de alerta diante da inminente abordaxe da flotilla de Mulleres Rumbo a Gaza

Mulleres representantes de diversas organizacións que participan na campaña “Rompamos o bloqueo. Mulleres Rumbo a Gaza” compareceron este luns 3 de outubro en rolda de prensa para manifestar a súa solidariedade e pedir protección ao estado español e a UE para a flotilla de mulleres que partiron rumbo a Gaza o pasado mércores día 27 de setembro. Xunto a isto anunciaron que, diante da inminente abordaxe do barco, lánzase unha campaña de alerta para chamar á mobilización cando iso ocorra. Na rolda de prensa participaron Marisela González, portavoz de BDS e Mulleres Rumbo a Gaza ; Ana Miranda, portavoz do BNG en Europa e extripulante da flotilla 2015; María Ferreiro, secretaria das mulleres do SLG e Margarida Corral, secretaria das mulleres da CIG . Todas en calidade de representantes da campaña galega “Rompamos o bloqueo. Mulleres Rumbo a Gaza” coordinada por BDS Galiza en colaboración coa Coordinadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres , que conta ademais co apoio de diversos o