Informamos que este martes 5 de maio, a Asociación Cultural Fuco Buxán , inaugurará ás 20:00 horas, na Galería Sargadelos Ferrol, a exposición: “Razón Socialista, 20 anos” . Esta inauguración da exposición será o primeiro acto desta entidade tras a renovación e cambio de directiva, feito acontecido hai uns días atrás. A revista “Razón Socialista” editou o seu primeiro exemplar o 1 de maio de 1995, catro anos máis tarde nacía a Asociación Fuco Buxán. A exposición fai un percorrido polas portadas de diferentes números editados, así como doutros materiais aportados á propia exposición. A exposición vai desde o martes 5 ao martes 19 de maio. A exposición será inaugurada pola Presidenta Teresa Martínez, o director da revista Manuel Cendán, ambos os dous estarán acompañados, tamén, do directiva e artista local Víctor García Novás. A Asociación Cultural Fuco Buxán agradece á Galería Sargadelos a colaboración prestada. Agradecemos difusión da inauguración e asistencia. Prégase Di...