A Asociación para a Defensa Ecoloxica de Galiza , ADEGA , acaba de outorgar o Premio OSÍXENO 2016 , categoría individual, a Patricia Gabeiras Vázquez , avogada e asesora xurídica do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol “polo seu denodado traballo en defensa da ría e da cidadanía e contra as ilegalidades de REGANOSA. Como resultado, conseguiuse a anulación por parte do Supremo da autorización da planta de gas e do proxecto de construción” . O CCE acolleu esta nova con enorme satisfacción, agradece a ADEGA esta distinción e felicita efusivamente a Patricia Gabeiras por tan merecido premio ao seu acertado, desinteresado e comprometido traballo en defensa da legalidade, da Ría e da vida dos seus habitantes, desde fai máis de quince anos. Nesta 16ª edición dos Premios Osíxeno e Dioxina ás millores e piores actuacións ambientais de 2016, ADEGA quere subliñar o millor e o pior do pasado ano dende a perspectiva ambiental. O conflito de REGANOSA e a problemática da euc...
“Andar ergueitos, falar forte e nunca máis esquecer o noso norte."