Mediante esta publicación, aproveitamos para difundir información sobre próximas actividades que desenvolverá a SGHN en Ferrol: Desde a Sociedade Galega de Historia Natural de Ferrol e por medio do Convenio "A biblioteca sae ao medio" asinado entre o Concello de Ferrol e esta entidade, informamos da seguinte actividade a realizar na vindeira Feira do Libro de Ferrol 2016 dentro da programación da "Festa da Lectura, do Libro e da Palabra" , que se levará a cabo no Cantón de Molíns entre os días 20 e 24 deste mes de abril. Xa que a esta actividade está subvencionada polo Concello de Ferrol, será de balde para tódalas persoas que desexen participar . Non é necesaria inscrición previa. Os roteiros partirán do Cantón ás 11:30h e 12:30h da mañá do sábado día 23, tal como aparece sinalado no cartel adxunto editado polo Concello de Ferrol. Desde a SGHN cren que é unha boa oportunidade tanto para a comunidade educativa, como para o público en xeral, de coñecer ...