Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta AGAMME

AGAMME - Presentación do libro "A dúbida", de María Reimóndez: venres 16 de decembro, 20h, Ateneo Ferrolán

Este venres 16 de decembro , terá lugar no Ateneo Ferrolán a presentación do libro de María Reimóndez "A dúbida" , XIV Premio Novela por Entregas de La Voz de Galicia. O acto, que se enmarca nas actividades que AGAMME (Asociación galega contra o maltrato a Menores) vén realizando a prol da visibilización do abuso sexual infantil, dará comezo ás 20:00 h . e contará coa presenza da escritora. A novela, que vai xa pola segunda edición, achega múltiples perspectivas desta problemática entretecidas cun argumento de ritmo intenso que se mantén ata as últimas páxinas: abuso sexual, prostitución de menores, corrupción arremuíñanse arredor da protagonista que busca a verdade sen prever as consecuencias. Máis información:   http://agamme.org/archivos/1298

AGAMME - Presentación do libro "A resposta institucional ante o abuso sexual infantil" : mércores 7 de decembro, 19:30h no Ateneo Ferrolán

Compartimos con vos a invitación que nos envían dende AGAMME para participar o vindeiro mércores 7 de decembro , ás 19:30h , no Ateneo Ferrolán o libro "A resposta institucional ante o abuso sexual infantil"   Presentación do libro editado por AGAMME: "A resposta institucional ante o abuso sexual infantil" A Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (AGAMME) presenta o mércores 7 de decembro ás 19:30 no Ateneo Ferrolán o libro de edición propia A resposta institucional ante o abuso sexual infantil. No acto intervirán membros de AGAMME para expoñer os contidos e orixe da publicación, así como o proceso de realización da mesma. O texto, cofinanciado polo Parlamento de Galicia, pretende ofrecer unha ferramenta útil para coñecer certos aspectos do abuso sexual infantil que adoitan dificultar a comprensión das vítimas e en consecuencia o tratamento institucional que estas reciben. A resposta institucional ante o abuso sexual infantil consta ...

AGAMME - Campaña de apoio á denuncia presentada ante a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo sobre maltrato a menores

Compartimos con vos a seguinte campaña que están a promover dende AGAMME para apoiar e impulsar unha denuncia admitida a trámite pola Comisión de Peticións do Parlamento Europeo sobre maltrato a menores: Estimadas compañeiras: Hai un ano tres entidades (AGAMME, Rede Veciñal de Mulleres contra os Malos Tratos de Vigo e Grupo de investigación “Antígona” da UAB) presentamos unha demanda perante a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo denunciando o sesgo machista presente nos xulgados españois e como este feito afecta ás mulleres, nenos e nenas vítimas. Axunto enviámosvos o texto completo. En maio a Comisión informounos de que fora aceptada a trámite e dirixida á Comisión de Xustiza e Liberdades Civís e á de Igualdade e Violencia contra a Muller. Actualmente a Comisión de Peticións está a realizar un informe preliminar que determinará o peche do expediente ou a apertura dun proceso de investigación máis a fondo. Pedímosvos a vosa colaboración a través dalgunha das seguin...

Vídeos das IV Xornadas de AGAMME sobre o maltrato á infancia e á adolescencia

Para todas aquelas persoas que non puideron asistir ás IV Xornadas de AGAMME sobre o maltrato á infancia e á adolescencia , que tiveron lugar o pasado venres 15 de abril no Ateneo Ferrolán , esta asociación acaba de publicar na súa web os vídeos das intervencións dos conferenciantes na seguinte ligazón: http://www.agamme.org/?p=1121

A Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (Agamme) celebra a IV Xornada sobre o maltrato á infancia e á adolescencia, o venres 15 de Abril no Ateneo Ferrolán

AGAMME celebra a IV Xornada sobre o maltrato á infancia e á adolescencia A Asociación Galega contra o Maltrato a Menores ( AGAMME ) organiza as súas IV Xornadas sobre o maltrato á infancia e á adolescencia nas que se darán cita unha serie de relatores e relatoras especializadas no novo marco normativo en relación á infancia, cunha análise do seu impacto sobre os dereitos das vítimas menores de idade. O acto terá lugar o venres 15 de abril ás 17:00 horas no Ateneo Ferrolán ( R/ Magdalena, 202-204 ). A xornada de AGAMME, organizada en colaboración co Ateneo Ferrolán e o Concello de Ferrol, dará comezo ás cinco da tarde cunha presentación por parte dun membro da asociación do marco xeral no cal se encadran os relatorios . A primeira intervención terá lugar ás 17:15 co relatorio de Sonia Vaccaro, psicóloga experta en vitimoloxía e avaliación do testemuño infantil e autora de influentes libros como El pretendido síndrome de alienación parental e artigos como o recente Violenci...