Onte, 17 de Marzo, en Narón, diante do Pazo da Cultura, celebrouse a prantación dun retoño da Árbore de Gernika, en lembranza das vítimas do bombardeo daquela cidade, agora que está próximo o 80º aniversario. Este roble, será un símbolo permanente de fraternidade co pobo vasco, un símbolo de paz, democracia e liberdade contra a barbarie e a intolerancia. No acto, promovido polo Concello de Narón e a Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, transcurreu coas intervencións da Presidenta de las Juntas Generales de Bizkaia, Ana Otadui, o Alcalde de Narón, José Manuel Blanco e Enrique Barrera, en representación de Memoria Histórica Democrática. Participaron tamén o grupo de baile Alxibeira e Banda de Gaitas do Padroado da Cultura do Concello de Narón. Viva a Árbore de Gernika! Gora Gernikako Arbola! Viva el Árbol de Gernika! Álbum 1 https://goo.gl/photos/MHMFAPetKpoWkmA57 Álbum 2 https://goo.gl/photos/wufsYBAFKXGqxtHE9 Álbum 3 https://goo.gl/pho...