Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Pésame

Sentimento polo falecemento de Xosé Chao Rego

A A.C. Fuco Buxán amosa o seu sentimento polo falecemento de Xosé Chao Rego , lembrando con gratitude o seu compromiso social e en defensa da liberdade, da democracia e da clase obreira. __________________________________________________________________________ A PEPE CHAO REGO, MESTRE DE VIDA E AMIGO, COMA NUNCA, GRACIÑAS     XAQUÍN CAMPO FREIRE. MANDIÁ-FERROL, 28-11-2015. Querido Pepe Chao: Hoxe van ser moitos os que falen e  escriban de ti. Cada un farao desde o seu universo referencial emotivo. E entre todos iremos poñendo as teselas para un mosaico da túa inesgotábel personalidade e inmensa creatividade. A miña ligazón agradecida contigo vén de moi lonxe. Setembro de 1955. Desde entón xa foi un continuum. Hoxe quero reafirmar esa fidelidade de mutua amizade “sen que a morte nos separe”. Quero retomar algo que escribín o mércores 27 de octubre de 2010 porque, máis aló da nosa amizade persoal, isto reflicte mellor a nosa relación comunitaria vista desde Ferrol...

Falecemento, esta tarde, da nosa querida compañeira Victoria Fernández Paredes.

Con gran sentimento, comunicamos o falecemento, esta tarde, da nosa querida compañeira Victoria Fernández Paredes, tras unha breve, pero irreversible, enfermidade. Victoria, Directiva e cofundadora da Asociación Cultural Fuco Buxán, mantivo toda a súa vida un gran compromiso con todas as causas sociais, desde a súa activa militancia na HOAC nos anos sesenta, a participación nas ANPAS e nos movementos veciñais, o seu labor como Concelleira polo terzo familiar, despois na UGT e no PSOE e os últimos anos nesta Asociación, desenvolvendo un importante traballo no Foro Social de Ferrolterra e nas súas Plataformas solidarias. Hai que destacar tamén a súa entrega xenerosa a todas as actividades do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, do que formaba parte e do cal ou seu compañeiro Carmelo Teixeiro foi o primeiro Coordinador. Lembraremos sempre a Vitoria, e a Carmelo, como amigos, como compañeiros entrañables e como exemplo de dedicación e perseveranza no traballo pol...

Pésame ante o falecemento de Carmen Arias, viuva de Isaac Díaz Pardo.

Con motivo do falecemento de Carmen Arias, viuva de Isaac Díaz Pardo, remitimos con noso sentimento o seguinte comunicado á súa familia: Estimado Camilo: Desde a Asociación Cultural Fuco Buxán, enviámosvos a toda a familia Díaz Arias a nosa sentida condolencia e solidariedade. Sempre esta Asociación, e todos nós, sentímonos moi vinculados a Isaac e Mimina e á súa obra, e moi agradecidos polo apoio que en diversas ocasións prestáronnos. Valoraremos sempre como un dos eventos mais importantes da nosa Asociación a Homenaxe de Galicia a Isaac, aquí organizado no ano 2007, que nos brindou a oportunidade de convivir con eles tan próximos e entrañables momentos. Unha sentida aperta, en nome de toda a Directiva. Manuel A. Rodríguez Carballeira. Presidente da A. C. Fuco Buxán. Na nosa Web: http://fucobuxan.net/81-comentarios/679-mimina