RESUMO DA XUNTANZA DO 30/03/2016 SOBRE TEMA DAS PERSOAS REFUXIADAS, CONVOCADA POLO FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN MÁIS A COORDENADORA GALEGA DE ONGs en Santiago de Compostela. Houbo unha alta participación, bastantes representantes de asociacións e entidades convocadas por nós e pola Coordenadora de ONGs, con presenza de persoas que viñeron de A Coruña, Ferrol e Monforte. Acordamos: 1.- Chamarnos: REDE GALEGA EN DEFENSA DAS PERSOAS REFUXIADAS, se non hai inconvinte por parte das organizacións, enrtidades ou redes ás que representabamos. Cunha imaxe de rede que vai propoñer Stop Desafiuzamentos. A rede estará aberta a asociacións, entidades, sindicatos, partidos políticos, redes e movementos sociais ademáis de persoas individuais 2.- Propoñer un documento base que recolla o posicionamento desta Rede, tomando como referencia un elaborado pola Coordenadora, que remitiranos hoxe xoves día 31 e reenviaremos en canto chegue para poder facer aportacións ata o luns día 4 de Abr
“Andar ergueitos, falar forte e nunca máis esquecer o noso norte."