Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Tribunal Supremo

Sobre a rolda de prensa do Comité Cidadán de Emerxencia do pasado venres 5 de agosto

O Comité Cidadán de Emerxencia ven de publicar dous artigos sobre a rolda de prensa que convocaran o pasado venres 5 de agosto no Ateneo Ferrolán, e que contou con numeroso respaldo político, aparte do respaldo cidadán. No artigo "A Rolda de Prensa ofrecida hoxe polo CCE" , realizan unha pequena sinopse sobre o contido da rolda de prensa, na que, aparte de expresar o seu contento polas xa catro sentencias favorables á súa causa emitidas polo Tribunal Supremo, mencionaron que a exención que realizaba o Consello de Ministros sobre Reganosa de realizar avaliación de impacto medioambiental salpicaba tanto ao goberno autonómico como ao estatal -en funcións- dentro da trama corrupta para beneficiar os intereses privados tras a planta de gas. O artigo "Videos da Rolda de Prensa de onte do CCE" contén -tal e como indica o título- sendos vídeos sobre a citada rolda de prensa, dos que recomendamos o visionado. Planta de gas, PECHE XA!

Venres 5 de agosto, ás 12 hs, no Ateneo Ferrolán, Rolda de Prensa do Comité Cidadán de Emerxencia

Transmitimos o seguinte comunicado do  Comité Cidadán de Emerxencia : O  Comité Cidadán de Emerxencia  convoca, aos medios de comunicación e á cidadanía, a unha ROLDA DE PRENSA Venres, 5 de agosto , ás 12 hs no ATENEO FERROLÁN Para analizar a situación en torno á Planta de Gas, despóis das últimas Sentenzas favorables do Tribunal Supremo. Máis información na web : www.comitecidadan.org Tamén en Twitter : @ComitCEmerxenc Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol comitecidadan@gmail.com www.comitecidadan.org Para axudas económicas: C.c. en Banco Santander, titular: Luz Marina Torrente e outros Desde España: 00493315772894017995 Desde o Extranxeiro: ES 71 00493315772894017995

O Supremo anula o Plan de Emerxencia de REGANOSA. O CCE recurre ante o T.Supremo o acordo do Goberno eximindo a REGANOSA da Evaluación de Impacto Ambiental

Estamos de noraboa: o  Comité Cidadán de Emerxencia , a través dunha publicación na súa web acaba de facer saber que o Tribunal Supremo , mediante sentenza 1966/2016 de 26 de xullo cte., anula o Plan de Emerxencia Exterior de REGANOSA , que fora aprobado por RD 144/2007 e recorrido pola Plataforma de Veciños “O Cruceiro” de Mehá. Pode accederse a esta nova, e á sentencia íntegra na seguinte ligazón: Comité Cidadán de Emerxencia - O Supremo anula o Plan de Emerxencia de REGANOSA Por certo, queremos resaltar -tal e como o fai Ártabra21 - que xa son catro as Sentenzas que condenan a Reganosa: O Tribunal Supremo anula en sentenza firme, o Plan de Emerxencia Exterior da planta de gas de Punta Promontoiro e os decretos da Xunta de Galicia que o aprobaron --- Por outra banda, o Comité Cidadán de Emerxencia tamén fixo público que o pasado día 26 de xullo , a Asesoría Xurídica deste Comité Cidadán de Emerxencia presentou, ante o Tribunal Supremo , Recurso Contencioso Adm...

Alegacións ao proxecto de nova autorización de Reganosa

O Comité Cidadán de Emerxencia presentou ante a Dirección General de Política Energética y Minas del Ministerio de Industria Energía y Turismo , escrito de ALEGACIÓNS, con data 1.07.2016 e AMPLIACIÓN DE ALEGACIÓNS o 5.7.2016 , ao Proxecto de Resolución de NOVA AUTORIZACIÓN ADMINISTRATIVA PREVIA Á PLANTA DE GAS DE REGANOSA , logo de que a anterior Autorización fora declarada ilegal polo Tribunal Supremo . A esta sentenza de ilegalidade do Supremo, respondeu o Goberno en funcións do Partido Popular , eximindo a REGANOSA da Declaración de Impacto Ambiental. Unha vez máis o Goberno, que debera ser o primeiro garante no cumplimento das sentenzas xudiciais, actúa de cómplice das irregularidades e corrupcións desta Planta de Gas de REGANOSA, fraude e amenaza permanente para a cidadanía. ESCRITODE ALEGACIÓNS ESCRITODE AMPLIACIÓN DE ALEGACIÓNS. Máis información na web : www.comitecidadan.org Tamén en Twitter : @ComitCEmerxenc Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol ...

Máis novas do Comité Cidadán de Emerxencia

Chégannos novas interesantes dende o Comité Cidadán de Emerxencia sobre a situación de Reganosa. Nun artigo publicado onte anunciaban que  O Supremo desestima o recurso de Reganosa e confirma a nulidade da Autorización de funcionamento , publicando tamén o  Texto completo do Acordo do Supremo  que relata os motivos da denegación. Ademáis, publican na súa páxina web unha  Entrevista, sobre as corruptelas de REGANOSA, ao Coordinador do CCE en Radio Hala Bedi de Vitoria-Gasteiz Seguiremos informando!

Comité Cidadán de Emerxencia - Acto Musical, poético e de celebración das Sentencias do Supremo, e X Marcha a Pé Ferrol-Mugardos

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, convida a toda a cidadanía, a o Acto que, co lema: “O SUPREMO XA FALOU.  QUEIRAN OU NON DÉRONNOS A RAZÓN” , vaise celebrar o Xoves, 2 de xuño, ás 7 da tarde Centro Cívico Carvalho Calero* Praza do Inferniño – Ferrol *IMPORTANTE: La Voz de Galicia difundiu ¿por erro? que este acto tería lugar noutro sitio. Insistimos en que se celebrará no CENTRO CÍVICO CARVALHO CALERO Será un acto musical e poético, con intervencións en apoio á loita contra REGANOSA, ao que asistirá a abogada do CCE Patricia Gabeiras, e ao que están confirmando a súa participación numerosas Asociacións, Entidades e persoas vinculadas de sempre á defensa da legalidade, da Ría e da Vida. X Marcha a Pé Ferrol-Mugardos O sábado 4 de xuño terá lugar a X Marcha a Pé Ferrol-Mugardos , que se iniciará ás 17 hs no Parque Carmelo Teixeiro de Caranza e rematará no Local da A.VV. “O Cruceiro” de Mehá . Desde o CCE agradécese part...

Acto do CCE divulgación e celebración da Sentencia do Supremo - 02/06/2016

O Comité Cidadán de Emerxencia lanza esta invitación á cidadanía para o próximo 2 de xuño Agardamos vervos alí!

Dúas sentenzas do Tribunal Supremo declaran ilegal a planta ferrolana e poñen fin en sé xudicial a unha loita popular histórica, co acompañamiento de Patricia Gabeiras, ... Por Raquel Rivera Fernández - Audio dunha entrevista realizada hoxe a Patricia Gabeiras en RNE

Tomamos de Ártabra21 a seguinte nova que condensa información sobre a última sentencia emitida polo Tribunal Supremo contra a instalación da planta de gas de Reganosa, e a rolda de prensa que tivo lugar no Concello de Ferrol o pasado luns 2 de maio: Por Raquel Rivera Fernández [ * ] 03.05.2016 Reganosa ou o triunfo da perseveranza e do estado de dereito. | Dúas sentenzas do Tribunal Supremo declaran ilegal a planta ferrolana e poñen fin en sé xudicial a unha loita popular histórica, co acompañamento de Patricia Gabeiras. Podería parecer que a través deste título tan clásico propoño-lles unha fábula edificante. Pero aínda que o que lle imos a contar é fabuloso non é ningún conto, senón unha historia xudicial moi real, que tras quince anos de travesía, arriba ao mellor porto; o Tribunal Supremo. Corría o ano 2001 e a empresa regasificadora REGANOSA decidía situar unha gran planta na ría de Ferrol, ría que aínda que gozaba dunha tradicional actividade industrial derivada...

Rolda de prensa do Comité Cidadán de Emerxencia sobre a nova sentenza do Tribunal Supremo

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol convoca aos Medios de Comunicación a unha ROLDA DE PRENSA Lúns, 2 de maio , ás 11,30 hs ., no Concello de Ferrol. Coa participación da asesora xurídica do CCE, dona Patricia Gabeiras,  na que se fará un análise da Sentenza 889/2016 do Tribunal Supremo   que anula a Autorización de Construcción da Planta de Gas de Reganosa,  e se presentarán as próximas iniciativas a tomar polo Comité. Para máis información: www.comitecidadan.org Tamén en Twitter: @ComitCEmerxenc Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol: comitecidadan@gmail.com Para axudas económicas: C.c. en Banco Santander, titular: Luz Marina Torrente e outros Desde España: 00493315772894017995 Desde o Extranxeiro: ES 71 00493315772894017995

Outra Sentenza do Supremo contra REGANOSA

Unha vez máis o Tribunal Supremo ven a dar a razón ao Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, na súa defensa da legalidade, da Ría e da Vida. Outra nova Sentenza, a 889/2016 do 25 ppdo. declara a NULIDADE da Autorización de Instalación da Planta de Gas de REGANOSA en Mugardos. TEXTO COMPLETO DA SENTENCIA En breve o CCE fara público o seu analise desta resolución. Hai 15 anos, agora e sempre: PLANTA DE GAS, PECHE XÁ !

Fotos e audio Rolda de Prensa do CCE [Comite Cidadan de Emerxencia] sobre a Sentenza do TS sobre Reganosa

O Comité Cidadán de Emerxencia fixo hoxe 13 de abril, no Salón de actos do Ateneo Ferrolán, ante os Medios de Comunicación e a cidadanía, unha extensa valoración da Sentenza do Tribunal Supremo que declara de xeito irrevocable a nulidade da Autorización Previa de Instalación da Planta de Gas de REGANOSA. Participaron: O Alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, a Asesora Xurídica do CCE Patricia Gabeiras, o Coordinador Manuel Rodríguez Carballeira, a Presidenta da A. VV. “O Cruceiro” de Mehá, e os membros do CCE Francisca Portela e Carlos Álvarez, que reafirmaron a ilegalidade desta Planta, perigosa, innecesaria e antieconómica. Álbum fotográfico Audio da Roda de Prensa: Audio do Coloquio:

Mércores 13, Rolda de Prensa do Comité Cidadán de Emerxencia aberta á cidadanía

Compartimos con vos a invitación que fai o Comité Cidadán de Emerxencia a unha rolda de prensa aberta á cidadanía. Consideramos fundamental a asistencia da maior cantidade de xente posible para que quede patente o rexeitamento da cidadanía á instalación de Reganosa O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, Convoca aos Medios de Comunicación e á cidadana a unha RODA DE PRENSA Mércores 13 de abril, ás 18 hs, no ateneo Ferrolán Na que, coa participación de Dona Patricia Gabeiras, Avogada do CCE, farase un análise da recente Sentencia do Tribunal Supremo que confirma a nulidade da Autorización Administrativa Previa da Planta de Gas de REGANOSA. Segunda sentencia en firme do Supremo contra Reganosa e un paso importante na defensa da legalidade, a Ría e a vida das persoas da súa contorna. A valoración inicial do CCE e a Sentencia completa, pódense consultar na nosa web:  www.comitecidadan.org Agradécese difus...

Comunicado do CCE sobre a sentenza do TS sobre REGANOSA

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, reunido no día de hoxe para facer unha valoración da recente Sentencia do Tribunal Supremo sobre Reganosa, acordou emitir o Comunicado que engadimos. Asemade acordou a celebración dunha Roda de Prensa, coa participación de Dona Patricia Gabeiras, Avogada do CCE, para analizar con detalle a situación actual e comunicar a posición do Comité tras esta Sentencia. A Rolda de Prensa está convocada para o mércores, 13 de abril, ás 18:00 horas, no salón do Ateneo Ferrolán. Moitas grazas pola difusión! Comunicado Segunda sentencia en firme do Supremo contra Reganosa. Un paso importante na defensa da legalidade, a Ría e a vida das persoas da súa contorna. 1º.- O Tribunal Supremo en sentencia firme, ven de anular a Autorización Administrativa Previa concedida pola Dirección de Política Enerxética e Minas (Goberno Central) o 3 de xuño de 2002 para planta de gas de Reganosa, por carecer do deseño urbanístico axeitado. X...