Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Área da Muller

AL DÍA DE LA MUJER TRABAJADORA Y LUCHADORA

ADHESIÓN DE RESUMEN LATINOAMERICANO AL DÍA DE LA MUJER TRABAJADORA Y LUCHADORA EL PARO MUNDIAL DE MUJERES HARÁ TEMBLAR LA TIERRA!  

8 DE MARZO,DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES

  A Coordinadora Local de Ferrolterra Da Marcha Mundial Das Mulleres , Como cada ano: CONVIDAMOS A TODA A CIDADANÍA A SUMARSE A NOSA VOZ NESTE 8 DE MARZO,DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES. AS 19 hs Ma Praza do Inferniño, baixo o lema : AS MULLERES DECIDIMOS ! ! PARTICIPA-DIFUNDE ! "As mulleres decidimos" Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres mmmferrolterra@gmail.com www.feminismo.info https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza twitter.com/MMMGaliza =================================================================== O Concello acollerá mañá a homenaxe á Muller do Ano 2017 de Narón con motivo dos actos do 8 de Marzo. Neste 8 de Marzo adicado á Muller, queríamos por en valor o traballo de miles de mulleres que traballan na confección da nosa roupa e tan invisibilizadas pola moda e as marcas. Son millóns de mulleres que como as nosas Pura, María, Leonila, Sabina, Angustia e María Graña que despois de moito tr...

Grupo de teatro O Maloxo (Cobas) - Representación de "El florido pensil" : sábado 17, 20h, CC Carvalho Calero

Compartimos a invitación que nos fan dende este grupo de teatro amador de Cobas para asistir á representación de "El florido pensil" este sábado 17 de decembro. Unha obra sobre a educación na época da ditadura franquista, adaptada pola nosa amiga e colaboradora Helga Méndez . O grupo de teatro amador O Maxolo (Covas) ten o pracer de invitarvos á representación teatral da peza  "El florido pensil" de Andrés Sopeña,  dirixida e adaptada por Helga Méndez Sábado 17 de decembro ás 20h  Centro Cultural Carvalho Calero (Praza do Inferniño) Entrada de balde!!

Xornadas contra a violencia de xénero - 16 e 17 de novembro, 19:30h

Compartimos esta invitación que nos fan chegar da Asociación de Mulleres do Barrio de Caranza e a Asociación cultural e artística Ti e máis eu Teatro a propósito dunhas xornadas contra a violencia de xénero que organizan os vindeiros mércores 16 e xoves 17 de novembro , a partires das 19:30h no Centro Cívico de Caranza : A Asociación de Mulleres do Barrio de Caranza e Asociación Cultural e Artística Ti e máis Eu Teatro estamos a traballar na preparación dunhas xornadas contra a violencia de xénero . Con estes actos queremos lembrar un problema social contra o que debemos loitar cada día. Non só polo dereito á vida e o respecto que merece cada persoa e, neste caso, as mulleres; senón tamén polas fillas e fillos que sofren as consecuencias da VIOLENCIA DE XÉNERO. Ser MULLER supón ás veces un risco no noso país, e en moitas outras nacións a anulación total como persoa. Por iso gustaríanos contar coa túa presenza os días 16 e 17 de Novembro a partires das 19:30 h . no Centr...

Mostra "Cinema e Sociedades 2016" - Mércores 16 de novembro, 19h : Empoderamento da Muller

Compartimos unha semana máis información dos actos relativos á Mostra "Cinema e Sociedade 2016" que están a ter lugar no Ateneo Ferrolán . Esta semana, o mércores 16 de novembro ás 19h estará centrado no empoderamento da Muller e durante o cal se realizará un recital de poesía

Campaña de alerta diante da inminente abordaxe da flotilla de Mulleres Rumbo a Gaza

Mulleres representantes de diversas organizacións que participan na campaña “Rompamos o bloqueo. Mulleres Rumbo a Gaza” compareceron este luns 3 de outubro en rolda de prensa para manifestar a súa solidariedade e pedir protección ao estado español e a UE para a flotilla de mulleres que partiron rumbo a Gaza o pasado mércores día 27 de setembro. Xunto a isto anunciaron que, diante da inminente abordaxe do barco, lánzase unha campaña de alerta para chamar á mobilización cando iso ocorra. Na rolda de prensa participaron Marisela González, portavoz de BDS e Mulleres Rumbo a Gaza ; Ana Miranda, portavoz do BNG en Europa e extripulante da flotilla 2015; María Ferreiro, secretaria das mulleres do SLG e Margarida Corral, secretaria das mulleres da CIG . Todas en calidade de representantes da campaña galega “Rompamos o bloqueo. Mulleres Rumbo a Gaza” coordinada por BDS Galiza en colaboración coa Coordinadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres , que conta ademais co apoio de diversos o...

"Rompamos o bloqueo: mulleres rumbo a Gaza" no Ateneo - 24/05/2016

A Marcha Mundial das Mulleres organiza no Ateneo Ferrolán o próximo 24 de maio , ás 19:00h un evento co título  "Rompamos o bloqueo: mulleres rumbo a Gaza" coincidindo coa celebración do Día Mundial da Paz e o Antimilitarismo . O acto servirá de denuncia sobre a situación das mulleres nos conflitos e nas guerras, e falará da situación das mulleres palestinas en Ferrolterra.

Declaración final do IV Encontro de Feministas Autónomas da Galiza

Difundimos este comunicado que nos achegan dende o movemento de feministas autónomas da Galiza: No pasado 20 de Febreiro de 2016 tiveron lugar o IV Encontro de Feministas Autónomas en Vigo co tema "Contra as violências machistas, iniciativas feministas" . Este é o cuarto dunha serie de encontros que se levan a celebrar nos últimos anos e que pretenden ser espazos de coñecemento, reflexión, construcción de estratexias e alternativas políticas feministas para vivir mellor no día a día tanto no ámbito privado como no público. Nesta convocatoria realizou-se unha dinámica de participación social chamada "Café Diálogo" no que as 50 persoas, maioritariamente mulleres, que participamos nela concluímos o seguinte: A maior violencia machista que sofremos na actualidade é a negación sistemática (por parte do Estado, medios de comunicación, movementos sociais e sociedade en xeral) da existencia dunha estrutura patriarcal que asigna roles de xénero imutables e represor...

Mesa redonda - Mulleres hoxe: novas e vellas cuestións

Compartimos con vos o anuncio que nos envía a Asociación Socio-Cultural Muíño do Vento sobre unha mesa redonda que organiza este venres 29 de abril baixo o título  "Mulleres hoxe: novas e vellas cuestións" , e que terá lugar ás 20:00h no local da Sociedade Galega de Historia Natural de Ferrol, situado en Canido.

Convocatoria: 5 minutos de silencio en repulsa polo asasinato da nosa veciña Marta

AVV Caranza, Agavida, Max Teatro, Galicia De Caranza, Asfedro, Almat, Colegio Sta Juana De Lestonnac, IES Carballo Calero, Colegio La Salle, CIPF Rodolfo Ucha, Fuco Buxan, AC Bohemios, Club Ferrolvento, Conservatorio Xan Viaño, Club Nautico Barrio De Caranza, Colexio Manuel Masdias, AC A Revolta, Club Ciclista Ferrol, Centro De Formacion Ocupacional, Club Alterofilia, Adega, AC Armonia, PP, BNG, Ciudadanos, Ferrol En Comun, PSOE, Asociación Operadores Del Mercado De Caranza, Club Natacion Ferrol ,ACR Ferrandiz CONVOCAN O martes día  26 DE ABRIL , ás  12 H : A tódolos veciños e veciñas a unha concentración na  ALAMEDA DE TEJERAS  para gardar cinco minutos de silencio en repulsa polo asasinato da nosa veciña Marta cometido este luns en Tejeras. Rogamos a todos los vecinos que se sumen a la iniciativa de condena concentrándose con los representantes de entidades, centros educativos y corporación municipal para pedir justicia ante un hecho tan cruel, en apoyo a ...

"Mulleres que escriben, mulleres de cine" na Casa do Patín

A Biblioteca Casa do Patín convídanos aos "3º Encontros na Terceira Planta – Patín de Cine e Lectura" que nesta ocasión levan por título: "Mulleres que escriben, mulleres de cine" . Fixeron unha selección de películas máis ou menos biográficas relacionadas con estas mulleres escritoras que no seu tempo foron rompedoras co tempo que lles tocou vivir. O Martes 26, ás 18:00 h , falarán da vida e obras das seguintes autoras e das películas inspiradas nas súas vidas: Jane Austen (película "La joven Jane Austen") Virginia Woolf (película "Las horas") Concepción Arenal (película "La visitadora de cárceles) O Mércores 27, ás 18:00 h , será o turno de : Beatrix Potter (película "Miss Potter") Karen Blixen ou Isak Dinesen (película "Memorias de África") Clara Campoamor (película "Clara Campoamor, la mujer olvidada") A actividade terá lugar na sala de estudo da terceira planta da Casa do Patín. A asiste...

CONCENTRACIÓN REPULSA ASASINATO MACHISTA

A COORDENADORA COMARCAL DE FERROLTERRA DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES CONVOCA: CONCENTRACIÓN DE REPULSA EN FERROL POLO ASASINATO POR VIOLENCIA MACHISTA DE Tatiana Vázquez Abuin en Lugo. Unha vez máis sairemos á rúa para amosar a nosa indignación polo asasinato dunha muller por violencia machista. Tatiana foi asasinada polo seu  ex-compañeiro sentimental pagando coa súa vida a discriminación e a desigualdade que padecemos todas. Sairemos novamente para rexeitar este cruel asasinato e denunciar unha vez máis a violencia machista instalada na nosa sociedade. É precisa unha resposta social contundente contra a violencia machista. Non consentiremos que a violencia machista continue asasinándonos!!!! O XOVES 14 DE ABRIL ÁS 20:00H NA PRAZA DIANTE DO CONCELLO DE FERROL

8 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES "CONSTRUÍNDO FEMINISMO, DESTRUÍNDO CAPITALISMO"

8 DE MARZO DÍA INTERANCIONAL DAS MULLERES CONSTRUÍNDO FEMINISMO, DESTRUÍNDO CAPITALISMO Nós, as mulleres da Marcha Mundial das Mulleres seguimos traballando na construción doutro mundo posible, reafirmándonos na resistencia, o enfrontamento e a construción de alternativas ao actual modelo patriarcal, capitalista, racista, lesbofóbico e colonial, construíndo e  actualizando o feminismo como un proxecto que garante a igualdade entre todas as mulleres, nunha sociedade de homes e mulleres libres e iguais, sen opresións étnicas, relixiosas e con libre exercicio da nosa sexualidade. No momento actual, no que asistimos a unha forte reestruturación do capitalismo para manter a súa máxima de explotación e opresión, reforzado pola privatización dos servizos, espazos e bens públicos, incluíndo na lóxica dos mercados todo o que podería ser comercializado, faise visible, unha vez máis, o sistema hexemónico no que vivimos, baseado nun modelo de crecemento ilimitado impos...

Proxección do documental "FÍOS FÓRA"

Informarvos que o vindeiro luns 22 de febreiro ás 12.00 h , realizarase a proxección do documental FÍOS FÓRA no salón de actos do campus de Esteiro , organizada en conxunto coas súas autoras Illa Bufarda e da ONG Amarante Setem. O documental trata sobre as mulleres traballadoras do sector téxtil, aquí e alá, que foron a man de obra perfecta para erixir unha industria xigante, na actualidade deslocalizada. Non volo perdades!. Entrada libre.   Por moi finos que sexan, detrás de tódolos fíos que nos rodean hai historias. As mulleres galegas que traballaron no sector téxtil dende os 60 foron a man de obra perfecta e cautiva para erguer unha industria xigante que agora se atopa deslocalizada. Este documental fai un novelo do sector téxtil aquí e fóra, antes e agora. A historia repítese nos fíos doutros lugares, nos nós deste sistema. Un documental con historias de obreiras entre costuras e patróns. Realizado por Illa Bufarda para Amarante Setem.     ...

"PAREMOS O FEMINICIDIO"

Agradécese a difusión desta mensaxe A Coordinadora Comarcal de Ferrolterrra da   MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES           QUEREMOS CONVIDARVOS, COMO CADA ANO, A PARTICIPAR NOS  ACTOS  QUE TERÁN LUGAR NA       PRAZA DA GÁNDARA (NO MONUMENTO Á MULLER) DE NARÓN       ÁS 20:00H.  O   MÉRCORES  25 DE NOVEMBRO,  PARA CONMEMORAR O  DIA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA.   "PAREMOS O FEMINICIDIO" Neste 25 de novembro, queremos unir as nosas enerxías ás de miles de mulleres que, arredor do mundo, estarán a denunciar e a amosar o máis profundo rexeitamento ás violencias que continuamos vivindo nos nosos corpos de mulleres. Esperamos, como sempre, a vosa asistencia para seguir denunciando a violencia machista, e para que, xunto a outras e outros, aportemos as nosas vontades para facer realid...

Marcha Estatal contra a Violencia Machista

  A responsable da Área da Muller de Esquerda Unida de Narón Belen Aneiros, co apoio tanto do CPL de EU Narón como do seu Concelleiro e Coordinador local André Abeledo Fernández, fan un chamamento a cidadanía da comarca de Ferrolterra a participación na Marcha Estatal contra a Violencia Machista en Madrid o 7 de novembro, vaise alugar un autocar que faga parada en Fene, Ferrol e Narón, animamos a todas e todos a participar, é importante para todas e todos poñer fin a esta sen razón. Para reservar praza poñédevos en contacto con nós a través dunha mensaxe privada neste Facebook, ou no correo de EU Narón ( eu-naron@esquerdaunida.org ). https://www.facebook.com/events/763946000398698/ ESQUERDA UNIDA DE NARÓN

A Caravana Feminista en Ferrolterra

A Caravana Feminista 2015 da Marcha Mundial das Mulleres, que onte foi recibida nos Cantóns de Ferrol (ÁLBUMFOTOGRÁFICO) estará hoxe – martes 6 - en San Sadurniño e Narón. As 19 h será recibida no Pazo da Cultura de Narón, alí no Café-Teatro celebrarase a continuación un debate sobre ecofeminismo e a realidade medioambiental da comarca, no que participarán Begoña de Bernardo (activista ecoloxista), Luz Marina Torrente (Comité Cidadán de Emerxencia) e Margarida Prieto (Sindicato Labrego). A nova no Diario de Ferrol

MMM: A representación galega chegou a Bilbao. O lúns 5, todas/os a recibilas en Ferrolterra

A representación galega da Marcha Mundial das Mulleres, que esta mañá saíu de Ferrol, chegou esta tarde a Bilbao para incorporarse á Caravana Feminista que desde o Kurdistán percorre Europa e que virá a Ferrolterra o lúns próximo. Este lúns, día 5, ás 18,30 h , todas e todos estamos convidados e convocados na Estación de Servizo do Polígono Río do Pozo de Narón, para recibilas e integrarnos cos nosos coches na Caravana que chegará ao Cantón de Ferrol, ás 19 hs, (hai reservado aparcadoiro no lateral de Afundación). No Cantón terá lugar un acto festivo e reivindicativo, apresentado pola actriz Helga Méndez, coas actuacións de Airiños de Fene, Cantareiras Xerfa, Maite Dacosta, Lidia India, Eugenia Sanmartín e Eloís e Sergio. O martes 6, os actos serán en San Sadurniño e Narón (ver cartaz) e continuarán por Galicia e Portugal ate rematar o día 17 de outubro en Lisboa. http://www.feminismo.info/webgalego/

Roteiro Ferrol en Feminino 2015

ÁLBUM FOTOGRÁFICO A A.C. Fuco Buxán participou no roteiro “Ferrol en Feminino 2015” que o pasado 25 de setembro, organizado pola Concellalía da Muller, percorreu as Rúas e Prazas ferrolás para dar a coñecer e salientar a participación da muller, ao longo dos tempos, na Historia da nosa cidade. Mulleres anónimas, peixeiras, carboeiras, augadoras, carrexadoras, lavandeiras, estudantes e tamén outras con nome e apelidos, como:   Concepción Arenal, Aurora Rodríguez, Mela “a carboeira”, Ángeles Alvariño ou Amada García.

Caravana Feminista en Ferrolterra

Como vos fumos informando a Caravana Feminista chega a Galiza e entra por Ferrolterra o día 5 de outubro e estará aquí tamén o día 6, para estas datas nas que vai estar con nos preparamos actividades diversas.  Gostaríanos moito que participedes con nos nesas actividades que a Marcha Mundial das Mulleres preparamos. Polo que  vos achegamos un mapa cos sitios e horarios donde vanse realizar. "As mulleres decidimos" Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres: mmmferrolterra@gmail.com www.feminismo.info https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza twitter.com/MMMGaliza