Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Memoria Histórica

A Muller Como “Obxecto” De Represión | Memoria con perspectiva feminista #25N

Ó longo da historia da humanidade, cando se revisan os conflitos, pódese observar de xeito indefectible como se utilizou á muller como “obxecto” de represión. Utilizo o término obxecto con toda a intención xa que ditas prácticas van sempre supeditadas á consideración da muller como ente xurídico inferior, como algo que pertence ó home e, polo tanto, que se pode roubar ou facer dano para danar indirectamente a este. Esto non foi diferente durante a Guerra Civil e a ditadura posterior que se viviu en España dende o golpe de Estado de 1936. En España a muller viviu o seu mellor momento na Segunda República, xa que por primeira vez na súa Constitución recóllese a igualdade xurídica e política entre homes e mulleres, ó que hay que sumar o desenrolo económico das primeiras décadas do século XX, e o auxe da vida nas cidades que posibilitou o acceso da muller a novos traballos que rompían cos estereotipos da dona da casa abnegada. Imaxe de  Catkin  en...

Presentación do libro Le Temps des Cerises (Ángel Cardín)

  Presentación do libro de Angel Cardín : “ Le Temps des cerises  ( a vida na prisión naval de Ferrol do caudillo  1968- 69-70 ) “ Venres, 15 de setembro de 2017 ás 20 h. Editado por Fundación 10 de marzo . O libro leva Prólogo do historiador José Alvarez Junco  (un dos  máis respectados de España) Ademais do autor, que comentará unha ducia de diapositivas referentes ao tema, contaremos ca presenza de Rafael Pillado, sindicalista fundamental naqueles difíciles momentos ; de Xan María Castro, veterano sindicalista e Presidente da Fundación 10 de marzo, e de Juan Sotres, economista madrileño, que estivo na Prisión de Caranza na dura época que narra o libro . O libro non son unhas memorias nin unha novela senón un relato-testemuño ( baseado en papeis da época) da vida na Prisión Militar de Caranza para mariñeiros do Norte de España, nos finais do franquismo, repasando os diferentes presos, de onde veñen e como os xulgan; a durez...

78 anos do asesinato das 13 rosas

Monumento a «Las Trece Rosas» en el Cementerio de la Almudena, Madrid (España). Álvaro Ibañez CC BY-SA 3.0 Hoxe cúmprense 78 do asasinato das 13 rosas polo réxime franquista. Homenaxe do grupo Barricada ás 13 rosas: Máis información: https://es.wikipedia.org/wiki/Las_Trece_Rosas

PENDURA NO TEU BALCÓN A BANDEIRA DA REPÚBLICA!

A Asemblea Republicana de Vigo lanza este ano unha campaña para que dende o 10 ao 14 de abril  e baixo o  lema PENDURA  NO TEU BALCÓN A BANDEIRA DA REPÚBLICA  a imaxe da bandeira tricolor  se faga presente no espazo publico e cidadán e sexa asumida  masivamente como máximo referente da negación e oposición ao réxime monárquico que padecemos. Contra a opresión a rebeldía e contra a Monarquía  a República. Porque non cabe dubida que, no conflito dialéctico das contradicións  simbólicas, a imaxe da bandeira da República  é a que mellor pode encarnar a loita  contra  esa institución medieval e antidemocrática que impuxo a ditadura. Os homes e mulleres que integramos a Asemblea Republicana de Vigo, cremos que non basta con que todos os anos levemos ás rúas os valores democráticos que implica a República a través da manifestación que organizamos, senón que estamos convencidos de que esa mobilización,xa institucionalizada todos os ...

Presentación libro "Breve historia da Coluna Sanfins" a cargo de Lorena Cuevas e Eliseo Fernández

Presentación libro "Breve historia da Coluna Sanfins"  a cargo de Lorena Cuevas e Eliseo Fernández Mércores día 22 de marzo ás 19,30 h. no Ateneo Entrada libre O Grupo de Memoria Histórica da CNT Galiza vén de publicar un libro que trata da mobilización obreira en defensa da liberdade tras o golpe fascista de 1936 iniciada polos mineiros de Lousame na chamada Coluna Sanfins. Esta homenaxe a unha historia esquecida foi realizada coa colaboración da Sociedade Histórica e Cultural "Coluna Sanfins" e conta con 120 páxinas sob licenza Creative Commons que narran a historia da Coluna Sanfins, as suas orixes, o contexto histórico e a importancia da minería, a represión e resistencia e os vestixios da memoria obreira. Lorena Cuevas e Eliseo Fernández, autora e autor dos textos e membros do Grupo de Memoria Histórica da CNT, presentan este traballo, o primeiro dunha colección que pretende tirar do esquecemento moitas das historias de combate, morte e ...

Estrea de "Neckan", sobre os bebés roubados no franquismo - Venres 3 de marzo

Compartimos a seguinte información sobre a estrea este venres 3 de marzo da película "Neckan" baseada en temas como os bebés roubados no franquismo. Estimados amigos,   Como os anunciamos hace unos días, el 3 de marzo se estrenará “Neckan”, una película de suspense e intriga en la que se abordan temas como los bebés robados en el franquismo. Dirigida por Gonzalo Tapia y protagonizada por Pablo Rivero (“Cuéntame”), “Neckan” está situada en los años 50, al final del protectorado español de Marruecos, cuando un anónimo cambia definitivamente la historia de un joven abogado (Pablo Rivero) perteneciente a una influyente familia franquista. La investigación de los niños robados saldrá de una sombra de dudas llevando al protagonista por un camino sorprendente e inesperado. Os agradeceremos muchísimo la difusión que podáis hacer del estreno. La lista de ciudades y salas donde se proyectará la película es la siguiente, aunque os recomendamos que consultéis la cartelera p...

Ateneo Ferrolán - Proxección do documental "23" e coloquio: xoves 23 de febreiro, 19h

Compartimos a invitación que nos fan chegar dende o Ateneo Ferrolán para asistir á proxección do documental "23" sobre as listas negras elaboradas pola ultradereita durante os primeiros anos de democracia: O Ateneo Ferrolán proxectará o documental "23" o vindeiro xoves 23 de febreiro ás 19 h. Este documental non chegou nunca a emitirse nin proxectarse en ningures. "No documental "23" queremos contar as vivencias e experiencias da tardiña do 23 de febreiro de 1981 cun grupo de vinte e tres homes e mulleres que aparecían nas listas negras elaboradas pola ultradereita. Aquela noite os concellos das cidades galegas estiveron abertos, ocupados por concelleiros de esquerdas e do nacionalismo galego. Probablemente nunca saberemos quen elaborou as famosas listas negras, que saíron publicadas por primeira vez en febreiro de 1991 en La Voz de Galicia." Posteriormente realizarase un coloquio sobre o tema. O coloquio contará coa participación d...

Fundaçom Artábria - Palestra sobre a historia do Bairro de Esteiro con Guillermo Llorca: venres 10, 20h

Compartimos a invitación que nos fan chegar dende a Fundaçom Artábria para este venres 10: Na  sexta-feira 10 , o professor, historiador, escritor e jornalista ferrolano  Guillermo Llorca  recuperará numha palestra a "Memória histórica do bairro de Esteiro". A conferência começará às  20.00hs .

Memoria Histórica: resumo de actividades da semana pasada

Compartimos con vós as imaxes da homenaxe a Amada García e aos represaliados pola Ditadura fascista, Acto Institucional do Concello de Ferrol realizado coa colaboración da Asoc. Memoria Histórica Democrática, celebrado o pasado 27 xaneiro 2017, no Castelo de San Felipe e Cemiterio de Serantes, e que podedes ver nas seguintes ligazóns: Álbums fotográficos: Álbum 1 Álbum 2 Tamén compartimos o poema de Xosé Torregrosa lido polo seu propio autor en honor a Amada García: AMADA MEMORIA Es el frío calor de enero quien nos devuelve su aroma a rosa recién cortada que se yergue y nos convoca… Sigue viva en el recuerdo, vencedora de las sombras, con un nombre hecho de Amor que resume su persona… II Amada García, la Madre, la llaman cuando la evocan… Por eso estamos aquí, en la hora de su hora, para sentirnos escritos, junto a ella, en su victoria: ayer, destinada al plomo; hoy, instalada en la gloria… Quien firmara tal sentencia, pol...

Fundaçom Artábria - Proxección do documental "Santa Liberdade": venres 20 de xaneiro, 20:30h

Compartimos o convite que nos chega dende a Fundaçom Artábria para asistir á proxección do documental "Santa Liberdade" : Na próxima sexta-feira 20 de janeiro , às 20.30hs , projetaremos no Centro Social o documentário dirigido por Margarida Ledo "Santa Liberdade" . O filme conta com a participaçom de Camilo Mortágua (que tinha 27 anos antom e era a mao direita de Galvão), Federico Fernándes (filho do comandante Soutomaior) e Vítor Velo (filho de José Velo). A projeçom coincide com o 56 aniversário do início da espetacular açom protagonizada por antifascistas galegos e portugueses. -- Travessa de Batalhons nº7 Esteiro 15403 Ferrol - GALIZA Telefone: +34 981 35 29 86 www.artabria.net Segue-nos em twitter @fartabria e em facebook! .... A Fundaçom Artábria é um projecto popular em defesa da língua e cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos da Galiza. Entidade de carácter sociocultural sem ánimo de lucro que está declarada de ...

Memoria histórica: agardando o enterro de Vicente Peña Tarrasa

En próximas datas será dignamente soterrado en Ferrol o noso conveciño Vicente Peña Tarrasa , Condestable da Mariña Republicana e membro da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia . A súa semblanza, escrita pola súa filla Antía, está recollida en “RETALLOS DA MEMORIA” publicada no 2007, pola ASOCIACIÓN MEMORIA HISTÓRICA DEMOCRÁTICA . https://archive.org/stream/retallos-memoria-1/retallos_01_08_antia_pena_diaz#page/n0/mode/2up A pasada semana a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica procedeu a exhumación dos seus restos e os doutros tres compañeiros soterrados no Cemiterio de Páramos en 1949 e estánse a realizar as probas de identificación na Universidade de León (Campus de Ponferrada), rematados estes trámites, os restos serán entregados as súas familias. Vicente Peña (Comisario Político), José Mª Castelo Mosquera “Doctor” (Xefe do Destacamento) Manuel Pena Camino, Carmen Temprano Salorio e Manuel Ramiro Souto, membros do Destacamento “Manolito ...

VI xornadas "Memoria dun Tempo" da Asociación Nordés en Mañón

Para quen non tivera ocasión de asistir ás IV xornadas "Memoria dun Tempo" que foran presentadas o pasado 16 de agosto no Ateneo Ferrolán , saiban que terán lugar ao longo desta semana en Mañón, tal e como reflicte a invitación que nos fixeron chegar, e que reproducimos a continuación: Ola amigas e amigos da Historia. Como cada verán dende o ano 2012 chegan as xornadas "Memoria dun tempo" que organiza Nordés, e que teñen como temática xeral a divulgación de feitos históricos e sociais do século XX, e particularmente os da época da II República, a Guerra Civil, e o Franquismo. Este ano celebraránse os días 25, 26 e 27 do presente mes de agosto, e tódolos actos terán lugar no Barqueiro (Mañón), ainda que en distintos lugares como ven poderán ver no cartel que vai adxunto a este texto, e que agora pasamos a comentar. Contamos para abrir as xornadas nesta VI edición con Julio Prada, profesor de Histórica Contemporánea na Universidade de Vigo, quen nos prese...

Emisión da sentenza da Megacausa "La Perla" en Arxentina o próximo 25 de agosto

Para quenes non o saiban, a Megacausa   -denominada así pola dimensión en número de vítimas, demandados e querellantes-   "La Perla"  -Centro Clandestino de Detención Tortura y Exterminio "La Perla", aberto en Córdoba, Arxentina tras o golpe militar de Videla- ten previsto a súa finalización este 25 de agosto. É por este motivo que recibimos esta mensaxe dos colectivos impulsores desta causa: Córdoba, Argentina, 9 de Agosto de 2016 Después de 40 años de incansable caminar; tras cuatro décadas de búsqueda y lucha de varias generaciones, por fin llegará la justicia para quienes fueron secuestrados, torturados, asesinados y desaparecidos en "La Perla", uno de los más grandes campos de concentración que tuvo Argentina durante el terrorismo de Estado y la última dictadura cívico-militar (1974-1983). Este jueves 25 de agosto de 2016, el Tribunal Oral en lo Criminal Federal Número 1 emitirá sentencia en un juicio que por sus dimensiones es conocido com...

Presentación das VI Xornadas "Memoria dun tempo" o martes 16 de agosto, as 20:30h no Ateneo Ferrolán

Difundimos o seguinte anuncio que nos chega dende a Asociación Nordés dun acto sobre Memoria Histórica que organizan este martes 16 de agosto , ás 20:30 , no Ateneo Ferrolán : Dende a asociación Nordés informamos do acto que temos organizado para o próximo martes 16 de agosto na cidade de Ferrol. Lembrámoslles que Nordés é unha asociación que ten o seu ámbito territorial nos concellos de Mañón, O Vicedo e Ortigueira, adicándose á posta en valor do patrimonio arqueolóxico, artístico, natural e etnográfico da bisbarra, actuándo tamén como dinamizador cultural, económico e social, pois realiza actividades en diversos campos como por exemplo participando no Proxecto Ríos, realizando xornadas arredor dos productos do mar (algas, ourizos), presentacións de libros e revistas, charlas informativas sobre as pragas no agro (vespa velutina, etc), e tamén facendo un traballo de recuperación da memoria histórica nun sentido amplo, e que vai más aló do período da II República e a Guerra Civil....

VII Seminario sobre a Memoria Histórica - Nova Escola Galega - 20, 21 e 22 de maio

Compartimos a seguinte mensaxe que nos chega da Nova Escola Galega publicitando o seu VII Seminario sobre a Memoria Histórica : Achegamos, con rogo de divulgación, o programa do VII SEMINARIO SOBRE A MEMORIA, “AS MISIÓNS PEDAGÓXICAS, A DEPURACIÓN NO MAXISTERIO E AS MULLERES ANTIFRANQUISTAS REPRESALIADAS”, que se celebrará en Rianxo, Boiro e Gres (Ponte Ledesma, os días 20, 21 e 22 de maio de 2016. O Seminario contará coa presenza de destacados especialistas no período, así como de ex-guerrilleiros e de familiares de guerrilleiros. Dadas as características do Seminario, as prazas son limitadas. Trátase dunha actividade recoñecida con 20 h. de formación (proceso de recoñecemento en trámite). Toda a información pode localizarse na páxina web de Nova Escola Galega ( www.neg.gal ). O programa pode localizarse aquí: Programa E a ficha de inscrición, aquí: Matrícula Reiteramos a petición de divulgación Un saúdo cordial, VII Seminario sobre a Memoria Histórica Nova Escola Galega neg@neg.gal ...

Homenaxe Floral aos fusilados en San Mateo e O Val [Mércores 13]

A Asociación Memoria Histórica Democrática convida a toda a cidadanía á Homenaxe Floral ás tripulacións do “Mar Cantábrico” e “Acorazado España” e demáis asasinados pola súa defensa da liberdade, do progreso social e da legalidade Republicana. Mércores, 13 de abril de 2016 en Narón. Ás 17 horas no monolito de homenaxe no Cemiterio de O Val. Ás 17,30 horas, na fosa común do Cemiterio de San Mateo de Trasancos. Organizan estes actos: Asoc. Memoria Histórica Democrática, Terra Galega e Esquerda Unida de Narón. Colabora: Concello de Narón. Podes atopar máis información sobre esta asociación en www.memoriahistoricademocratica.org http://memoriahistoricademocratica.wordpress.com En facebook: Memoria Historica Democratica En twitter: Memoria Ferrol @memoriaferrol

Resume fotográfico do acto de inauguración da rúa Julio Aneiros

Prezado/a Amigo/a: Na seguinte ligazón podes visualizar un pequeno resume fotográfico do acto de Inauguración da rúa Julio Aneiros, Socio de Honra da nosa A. C. Fuco Buxán :   https://www.dropbox.com/sh/rr7uwzvwxyck8f8/AAA1uTq_h08YO-sfQXwVFnM9a?dl=0 ============================================== Nova no Diario de Ferrol Suárez entrega ós fillos de Aneiros unha réplica da placa O sindicalista Julio Aneiros, falecido en xaneiro de 2006 ós 89 anos, ten unha rúa en Valdoviño desde xuño dese mesmo ano e en Ferrol desde febreiro de 2011. Transcorre paralela ás Pías, na parte sen edificar do polígono do Bertón, e alí hai desde onte un monolito que lembra a este histórico líder sindical, detido en varia...