A nosa Asociación Cultural Fuco Buxán , integrada na Plataforma Queremos Galego , na Mesa Pola Normalización Lingüística , vese na obriga de difundir un comunicado REXEITANDO de maneira taxante a moción do partido "Ciudadanos" en Ferrol pedindo DEROGAR a ordenanza de Normalización Lingüística, que entre outras cuestións, acorda que coma lingua propia de Galicia O Galego é o idioma oficial do Concello de Ferrol . Unha moción, que alimenta o Autoodio e a Galegofobia, pretendendo, o partido político "Ciudadanos", gañar protagonismo alimentando polémicas e reabrindo novas guerras lingüísticas. Ante isto, e tendo en conta, todos os ataques que está a recibir nos últimos anos a nosa lingua galega apuntamos uns datos de total interese que demostran o desleixo que está a sufrir: Para empezar, non se pode opinar sobre o caso sen ler a Ordenanza Municipal de Normalización Lingüística do Concello de Ferrol , que poderán atopar en https://www.ferrol.es/arquivos/d...
“Andar ergueitos, falar forte e nunca máis esquecer o noso norte."