Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: setembro, 2014

Concentración Salvemos o Ateneo!

O Ateneo Ferrolán convoca unha CONCENTRACIÓN o próximo xoves día 25 a partir das 18,30 h. na Praza de Armas xa que un membro desta Xunta Directiva tomará a palabra no Pleno Municipal que se celebrará ás 19 h. para volver a esixirlle ao Concello que asuma os gastos de traslado e almacenamento do patrimonio da entidade, logo da asemblea aberta celebrada o día 8 coas diferentes asociacións do tecido asociativo e cultural que apoiaron estas mobilizacións.. Difunde e Acude en apoio ao Ateneo e á Cultura Popular!

Comunicado de prensa do Foro Galego de Inmigración

   COMUNICADO  DE PRENSA SOLICITUDE DE REFORMA FONDA OU NO CASO CONTRARIO, RETIRADA, DO REAL DECRETO LEI 16/2012 DE MEDIDAS URGENTES PARA GARANTIR A SUSTENTABILIDADE DO SISTEMA NACIONAL DE SAÚDE NO MARCO DA XUNTANZA INFORMAL DO CONSELLO INTERTERRITORIAL DE SAÚDE (SANTIAGO DE COMPOSTELA, 24 DE SETEMBRO DE 2014) AMNISTIA INTERNACIONAL, MÉDICOS DO MUNDO, FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN, organizacións e entidades que forman parte da  REDE  GALEGA POLA DEFENSA DO DEREITO Á SAÚDE, convocan unha Rolda de Prensa informativa o mércores día 24 de setembro ás 16: 30 H diante do HOSTAL DOS REIS CATOLICOS (Praza do Obradoiro) en paralelo á Xuntanza informal do Consello Interterritorial  de Saúde, no que participa a Ministra de Sanidade e @s conselleir@s das  diferentes Comunidades Autónomas do Estado Español, para: -         Solicitar, cando se cumpren dous anos da súa entrada en vigor,  unha refo...

Nota da Área da Muller de Fuco Buxán (Reforma Lei Aborto e dimisión Gallardón)

Engádese Nota da Área da Muller da A.C. Fuco Buxán, referente ao acontecido este martes 23 de setembro: - Retirada polo goberno da Reforma da Lei do Aborto -Demisión do Ministro de Xuistiza. Dende a área dá Muller de Fuco Buxan o 23 de Setembro é un dia de alegría para todos as cidadáns que durante meses nos atopamos na rúa loitando   por un dereito conseguido e que nos querían   arrebatar. Compañeiras da Marcha Mundial dás Mulleres, da Plataforma Galega en defensa do dereito ao aborto ou do Tren dá libertade,    cidadáns  PARABENS!!!!!!!!! Quisieramos chamar a atención sobre unha das súas frases de despedida  “máis que desautorizado, sento que non fun capaz de cumprir o encargo". É dicir era un encargo do goberno e do presidente. Na película da reforma da lei do aborto é Ruiz-Gallardón o protagonista. Pero non é o director. Porque o director chámase Mariano Rajoy. O presidente do Goberno. Quizá o protagonista, pola...

Mércores 24, ás 19 hs, en 93.9 FM ou internet, O Recuncho nº 199

Mércores, 24 de setembro de 2014, de 19,00 a 20,00 no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet: http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg Repetición radiofónica: Domingos, 12 hs e Xoves de 2 a 3 madrugada. “O Recuncho” nº 199 , programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos: Invitado: Fernando Ramos Armesto: “A Cultura do Libro”. Mención á conferencia do Dr Mohamed Safa sobre a situación en Palestina O “Espertar da Razón” de José Torregrosa: ”IA GAVARIÚ PA RUSHKI !! ” Na “Sección Poética” : Xosé Neira Vilas Os libros comentados, espazo de Víctor G. Novás : “Para que sirve la ética” de Adela Cortina. Novas e comunicados, por Lucía Vizoso. Música: Fuxan os Ventos. Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com , Email: fucobuxan@gmail.com – telefº directo: 981371040

Domingo 28 actos da Plataforma polo Dereito ao Aborto de Ferrolterra

A Plataforma polo Dereito ao Aborto de Ferrolterra convida a toda a cidadanía a sumarse aos actos do 28 de setembro. O Día Internacional pola Saúde Sexual e Reprodutiva das Mulleres conmemórase este ano baixo o lema:  ABORTO LIBRE, SEGURO E GRATUITO A Plataforma polo Dereito ao Aborto de Ferrolterra, lembra que o vindeiro domingo, día 28 de setembro, conmemórase o Día Internacional pola Saúde Sexual e Reprodutiva das Mulleres. Este ano ten especial importancia por estar dedicado ao dereito das mulleres a decidir libremente a súa maternidade. Baixo o lema ABORTO LIBRE, SEGURO E GRATUITO terán lugar os actos a desenvolver pola Plataforma polo Dereito ao Aborto de Ferrolterra. Con este motivo, a Plataforma ten organizado un pasarrúas e un acto central ao remate,  convida a toda a cidadanía da bisbarra a sumarse e a participar neste evento. O pasarrúas  saíra do Cantón ás 12 horas e fará un percorrido polos principais espazos públicos da cidade de Ferrol. O acto ce...

Urxente: Convocada concentración diante dos Xulgado de Ferrol apoiando o escrito que se vai entregar no Xulgado Decano, para que @s xuíces encargad@s procedan á suspensión inmediata dos procedementos de Execución Hipotecaria pola vulneración constante dos DDHH

A plataforma STOP-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, convoca unha concentración cidadá diante dos Xulgado de Ferrol apoiando o escrito que se vai entregar no Xulgado Decano, para que @s xuíces encargad@s procedan á suspensión inmediata dos procedementos de Execución Hipotecaria pola vulneración constante dos Dereitos Humanos e outras disposicións e convenios internacionais, reclamando que se apliquen as sentenzas do Tribunal de Xustiza da Unión Europea respecto de moitos aspectos da lexislación hipotecaria española que a considera contraria ao disposto no dereito europeo. Esta mobilización encadra-se na campaña que a nivel estatal que comezan as Plataformas de Afectados pola Hipoteca e outros colectivos afíns: " Comeza a conta atrás para tombar a Lei hipotecaria. ¡ Si se pode !  #Limite24D ", con entrega simultánea na maioría dos xulgados decanos do conxunto territorio do Estado. Día : Martes 23 de Setembro . Lugar : Diante dos ...