Saltar ao contido principal

"Mulleres que escriben, mulleres de cine" na Casa do Patín

A Biblioteca Casa do Patín convídanos aos "3º Encontros na Terceira Planta – Patín de Cine e Lectura" que nesta ocasión levan por título: "Mulleres que escriben, mulleres de cine".

Fixeron unha selección de películas máis ou menos biográficas relacionadas con estas mulleres escritoras que no seu tempo foron rompedoras co tempo que lles tocou vivir.



O Martes 26, ás 18:00 h, falarán da vida e obras das seguintes autoras e das películas inspiradas nas súas vidas:
  • Jane Austen (película "La joven Jane Austen")
  • Virginia Woolf (película "Las horas")
  • Concepción Arenal (película "La visitadora de cárceles)

O Mércores 27, ás 18:00 h, será o turno de :
  • Beatrix Potter (película "Miss Potter")
  • Karen Blixen ou Isak Dinesen (película "Memorias de África")
  • Clara Campoamor (película "Clara Campoamor, la mujer olvidada")

A actividade terá lugar na sala de estudo da terceira planta da Casa do Patín.

A asistencia é gratuíta, só tedes que inscribirvos:
  • No mostrador da biblioteca
  • Chamando aos teléfonos: 881 01 3602 / 881 01 3603 / 881 01 3604
  • Enviando un correo electrónico á nosa dirección: bpat@udc.es

Tedes máis información nas redes sociais:
Facebook: https://www.facebook.com/BibliotecaCasadoPatin
Twitter: https://twitter.com/bibliocasapatin
Pinterest: http://www.pinterest.com/casadopatin