Compartimos con vos a invitación que fai o Comité Cidadán de Emerxencia a unha rolda de prensa aberta á cidadanía. Consideramos fundamental a asistencia da maior cantidade de xente posible para que quede patente o rexeitamento da cidadanía á instalación de Reganosa
O Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol,
Convoca aos Medios de
Comunicación e á cidadana a unha
RODA DE PRENSA
Mércores 13 de abril, ás 18 hs, no
ateneo Ferrolán
Na que, coa participación de Dona
Patricia Gabeiras, Avogada do CCE, farase un análise da recente Sentencia do
Tribunal Supremo que confirma a nulidade da Autorización Administrativa Previa da
Planta de Gas de REGANOSA.
Segunda sentencia en firme do Supremo
contra Reganosa e un paso importante na defensa da legalidade, a Ría e a vida
das persoas da súa contorna.
A valoración inicial do CCE e a Sentencia completa, pódense
consultar na nosa web: www.comitecidadan.org
Agradécese difusión
¡PLANTA DE GAS: PECHE XÁ!