Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta crowdfunding

Colabora para que Luis Gonzalo Segura poida defenderse en Estrasburgo

No mes de marzo deste ano que remata, o noso -dende entón- amigo Luis Gonzalo Segura participaba nun acto do noso Ciclo "Democracia e Compromiso" presentando o seu último libro "Código Rojo", e no que, aparte de falar del, explicou a súa visión das nosas forzas armadas e os problemas que lle carrexara a súa actitude de denuncia de corrupción dentro do exército.  Lamentablemente, o pasado 14 de decembro, tódolos membros da Sala V de lo Militar do Tribunal Supremo decidían que non había lugar para Luis Gonzalo Segura nas nosas forzas armadas.  Pois ben, a Plataforma x Honestidad , que naceu co obxectivo de apoiar a Ana Garrido -a persoa que destapou a trama da Gürtel- e que máis tarde decidiría ampliar os seus obxectivos a defender e apoiar a persoas que denuncien ou queran denunciar casos de corrupción, está promovendo unha campaña para solicitar axudas económicas que permitan que Luis Gonzalo Segura poda presentar o seu caso ante o Tribunal de Estrasburgo. Com...

Axuda a que o documental "Los Subversivos" -sobre o papel da ONU nas investigacións por desaparicións e torturas- vexa a luz

Gaia Audiovisuals , unha produtora de cine coa que dende 1998 se produciron documentais e películas de ficción, entre as que se achan “Game Over” -documental ganador do Premi Gaudí 2016-, ou “Neckan” -un thriller sobre os nenos roubados do franquismo, ambientado en Tetuán en 1956 e  que se estreará a principios de 2017- están actualmente no proceso de montaxe do documental “Los Subversivos” . O documental artéllase ao redor da figura de Theo van Boven – director de Dereitos Humanos da ONU entre 1977 y 1982 –, que fortaleceu desde dentro o funcionamento da ONU en relación aos Dereitos Humanos, arriscando a súa propia vida e sendo destituído do seu cargo. A partir de aí explica a evolución na investigación dos crimes contra a humanidade dalgunhas ditaduras do s.XX, centrándose en Chile, Arxentina e España. O documental amosa como neste último país hai milleiros de persoas tentando romper o silencio sobre os crimes contra a humanidade que tiveron lugar durante a ditadura ...

Crowdfunding para libro de poemas do ferrolán Alberte Momán

Compartimos a invitación que recibimos de Alberte Momán Noval (Ferrol, 1976)  para recaudar fondos mediante unha campaña de crowdfunding coa fin de poder publicar o seu novo traballo: un conxunto de poemas baixo o título  A chuva que derrete o mármore até chegar ao cadáver. Para máis información sobre este traballo, o autor, e a forma de colaborar, podedes consultar a seguinte ligazón:  http://ppl.com.pt/pt/livros-de-ontem/chuva-cadaver

Crowfunding: axuda ao Tribunal Ciudadano de Justicia del 15M a levar aos directivos de Caja Madrid ante o Supremo

A asemblea Tribunal Ciudadano de Justicia del 15M  ( TCJ ) está a promover unha campaña de crowdfunding coa fin de poder financiar as posibles costas de presentar un recurso ante o Tribunal Supremo para xulgar a Miguel Blesa e a outros tres directivos de Caja Madrid (Ildefonso Sánchez Barcoj, responsable da Dirección General Financiera, Ignacio de Navasques Cobián, director general de Tasaciones Madrid e Ramón Martínez Vílchez, gerente de riesgos). O obxectivo é recadar a cantidade antes do 18 de setembro . ¿O motivo? A sobretasación sistemática nos préstamos hipotecarios, unha práctica continuada que se revela nos cen expedientes hipotecarios que presentan como proba. ¿Os delitos? Estafa, administración desleal, asociación ilícita e falsedade documental. O TCJ xurdiu a partir da acampada Sol de 2011, que posteriormente se extendeu ás asembleas dos barrios e pobos de todo o Estado. Co obxetivo de identificar e denunciar aos verdadeiros respon...

SOS Sanidade Pública - Campaña de crowdfunding para os gastos legais da denuncia contra financiamento e xestión do Novo Hospital de Vigo

A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública presentou, no nome de SOS Sanidade Pública , o pasado setembro unha denuncia ante a Comisión Europea contra a adxudicación do financiamento e xestión do Novo Hospital de Vigo a unha Concesionaria privada con fortes ligazóns co PP e a Xunta de Galicia . A denuncia se fundamentaba na utilización indebida da figura legal de Concesión de Obra Pública para non dar explicacións; os recortes do Proxecto Funcional para abaratar custos ás empresas adxudicatarias; o financiamento do proxecto polo SERGAS mediante un crédito do Banco Europeo de Investimentos pese a que este debería ser cuberto pola Concesionaria; e a vulneración da lexislación da UE para ocultar o endebedamento público pola construción do hospital. Foto : Economía Dixital - http://bit.ly/2a9d3v0 A Comisión Europea admitiu a demanda e abriu un proceso de investigación que pode acabar na apertura dun procedemento de infracción e o rescate da concesión sen indemnizar á...