Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2021

'Libertarias galegas' por Lola Ferreiro Díaz

Borráronas da historia e non obstante  setenta anos despois hai quen as ama. Sardiñas para elas e unha libra de cereixas vermellas como a súa primavera libertaria e para sempre ámote anarquista ou nada.      Claudio Rodríguez Fer O 20 de novembro pasado, avisada por unha amiga, tiven a oportunidade de ver en “La Sexta columna” un programa documental sobre os atentados contra Franco ao longo da ditadura. Baixo o título “Matar a Franco: El hombre que lo intentó tres veces” (aínda dispoñíbel na web), Octavio Alberola, o militante libertario que o tentou tres veces, describía polo miúdo cada un dos intentos e analizaba o contexto político e social daqueles 40 anos. Pareceume unha achega moi interesante ao tema (do que se fala máis ben pouco) e destaco un dos (moitos) datos que se transmitían en relación cos ditos atentados e no que concordaban as persoas convidadas: todos os intentos foron deseñados e preparados por militantes anarquistas. Ao fío deste dato sinalábase que, en realidade, na