Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Marchas da Dignidade

Marchas da Dignidade - Manifestación galega en defensa das pensións na Coruña: sábado 25 de febreiro, 12h

Este sábado 25 de febreiro , ás 12:00h partirá na cidade da Coruña unha mobilización partida en dúas columnas que confluirán nos Xardíns de Mendez Núñez ás 13:00h en defensa das pensións públicas organizada polas Marchas da Dignidade . Neste caso, e por falta de medios humáns, dende a Coordinadora das Marchas da Dignidade de Ferrolterra descartouse a posibilidade de organizar autobuses para viaxar á Coruña para esta mobilización. Polo tanto, o transporte farase en vehículos particulares, existindo a opción de empregar o autobus. Tras consultar os horarios de autobus para ese día dende Ferrol , o máis convinte para aquelas persoas que se plantexen ir directas á mobilización parece ser o que parte ás 10:30h da estación de autobuses e que ten prevista chegada ás 11:20h. Segundo indica a organización no seu blog na publicación titulada "Percorrido definitivo das columnas o 25F na Coruña" , á comarca de Ferrol lle corresponde a columna 2, que partirá do Campo da Leñ...

Marchas da Dignidade - Mobilización en Ferrol contra o TTIP-CETA-TISA o 21 de xaneiro

A semana pasada anunciabamos en Marchas da Dignidade - Autoconvocatoria para este xoves 12 de xaneiro, ás 7 no Ateneo Ferrolán: intentar conseguir unha nova mobilización unitaria en Ferrolterra, co obxectivo de participar na convocatoria internacional contra o CETA a celebración dunha xuntanza sobre as mobilizacións convocadas a nivel europeo contra o TTIP-CETA-TISA para o 21 de xaneiro e a posibilidade de facer algo en Ferrolterra. Pois ben, froito desa xuntanza, acordouse o seguinte: Reunidos este xoves 12 de xaneiro nos locais do Ateneo Ferrolán os colectivos e organizacións: - A REVOLTA DE TRASANCOS COLECTIVO SOCIOCULTURAL. - ASOCIACIÓN GALEGA CONTRA O MALTRATO A MENORES - AGAMME. - BLOQUE NACIONALISTA GALEGO -BNG. - DECIDE EN COMÚN. - ESQUERDA UNIDA -EU. - FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN. - FUCO BUXÁN A.C. - GRUPO DE CONSUMO FONTE DA UZ. - MARCHAS DA DIGNIDADE FERROLTERRA. - MUIÑO DO VENTO ASOCIACIÓN SOCIOCULTURAL. aos que se sumou Stop Desafiuzamentods da Rede de ...

Marchas da Dignidade - Acción, desde Ferrolterra, en Solidariedade con Diego Lores e a Asemblea Aberta de Coia (Vigo) - Domingo 15 e Luns 16 de Xaneiro

Compartimos a información que as Marchas da Dignidade de Ferrolterra publican sobre accións que realizarán en solidariedade con Diego Lores e as persoas que estiveron a loitar na rotonda de Coia contra a instalación do Alfageme. Estas accións terán lugar o domingo 15 e luns 16 de xaneiro : Acción, en Ferrolterra, en Solidariedade con Diego Lores e a Asemblea Aberta de Coia (Vigo). O pasado luns 9 de xaneiro, tiña lugar en Ferrol, un acto público: "Quéren-nos en soidade, teran-nos en común", unha Palestra-Coloquio á que se achegarón activistas da Asembleia Aberta de Coia (Vigo) O xuntanza tivo lugar no salón de actos do #AteneoFerrolán que iniciou coa proxeción da curtametraxe #MoitoPeixeRompeARede , unha peza de 8 minutos que fai un repaso polos meses de loita veciñal na rotonda de Coia e polas consecuencias da mesma. Trataba-se de poñerlle voz e corpo ás loitas veciñais na defensa do ben común. Coñecer as resistencias que se tecen para frear os intereses...

Marchas da Dignidade - Autoconvocatoria para este xoves 12 de xaneiro, ás 7 no Ateneo Ferrolán: intentar conseguir unha nova mobilización unitaria en Ferrolterra, co obxectivo de participar na convocatoria internacional contra o CETA

Compartimos a convocatoria que fan dende as Marchas da Dignidade de Ferrolterra para o xoves 12 de xaneiro ás 19:00h no Ateneo Ferrolán dunha xuntanza para organizar unha mobilización a nivel local contra os tratados de comercio neoliberais dentro dunha convocatoria realizada a nivel internacional: Estimad@s Compañeir@s, O pasado 21 de Decembro, conseguimos en Ferrolterra facer unha mobilización unitaria contra a pobreza enerxética, con relativo suceso, pensamos que dado a data concreta, onde tiñan lugar os diferentes festivais de nadal nas escolas e ceas de empresa ou amizades..., mais conseguimos reunir-nos baixo unhas reivindicacións concretas 31 colectivos e organizacións que valoramos moi importante. Desta volta pretendemos conseguir unha nova mobilización unitaria en Ferrolterra, mais o obxectivo é o de participar na convocatoria internacional contra o tratado de comercio e investimentos entre a UE e Canadá (CETA - Tratado Económico e Comercial entre a Unión Europea e...

Marchas da Dignidade - Mobilización #aPobrezaEnerxeticaMata : mércores 21 de decembro, 19h

Reunidas nos locais do Ateneo Ferrolán ao redor de 20 persoas de diferentes organizacións, logo de analizar a situación e debater sobre o asunto obxecto da convocatoria, tomamos os diferentes acordos por consenso dos presente, avisando con antelación, varias das persoas presentes que o seu voto afirmativo quedaba pendente de confirmación nas súas respectivas organizacións que avisarían co tempo suficiente. Acorda-se de convocar unha manifestación contra a pobreza enerxética ... nos termos do comunicado inicial, mais con dous puntos engadidos, un sobre a reivindicación dunha tarifa eléctrica galega, por ser unha zona de importante produción eléctrica que se consume fóra da comunidade, con todos os factores negativos a nivel medioambiental e outro punto sobre o rescate para o público de activos enerxéticos hoxe en mans privadas, exercendo así o control sobre as actividades estratéxicas enerxéticas e devolver o carácter de ben público ao sector, para que se poida exercer con garantía o ...

Marchas da Dignidade - Convocatoria de asemblea aberta sobre pobreza enerxética: luns 12 de decembro, 18h no Ateneo Ferrolán

As Marchas da Dignidade de Ferrolterra convocan a unha asemblea aberta para debater sobre a realización dunha mobilización contra a pobreza enerxética en Ferrol, e que sería unha máis das mobilizacións que se convocarán en todo o estado o vindeiro 21 de decembro. A continuación, incluímos o texto da convocatoria que están a divulgar a xente das Marchas da Dignidade de Ferrolterra: Estimad@s Compañeir@s, O recibo da luz volveu a subir en Novembro 2016, co que acumula sete meses consecutivos de incrementos, o que representa unha suba media por fogar do 27,8%. En Outubro, era o Tribunal Supremo o que tombaba o chamado "bono social", e obrigaba a indemnizar as eléctricas por ter que pagar esa tarifa subvencionada que levaba dous anos en vigor. O tribunal recoñece o "dereito" das compañías eléctricas a cobrar unha indemnización polas cantidades que tivo que asumir, o que repercutirá na tarifa que temos que pagar todas. Mentres, Iberdrola, Endesa e Gas Natura...

Marchas da Dignidade - Concentración en solidariedade con Emilio Cao: sábado 3 de decembro, 12h, O Carballiño (Ourense)

As Marchas da Dignidade chaman a participar a unha concentración pacífica o vindeiro sábado 3 de decembro , ás 12:00h , no Carballiño (Ourense) , en solidariedade con Emilio Cao e contra as leis mordaza . As Marchas da Dignidade de Ferrolterra asistirán a esta mobilización en vehículos particulares. Partirán cara aló este sábado 3 de Decembro, ás 9 da mañá, do Monumento 10 de Marzo, en Recimil.   Compartimos o comunicado da convocatoria: Supera xa o cento de persoas encausadas polas mobilizacións das Marchas da Dignidade. Os diferentes procesos xa iniciados atópanse en diferentes fases procesais máis o que de máis preto nos toca e o que lle afecta a Emilio Cao, un rapaz do Carballiño que formou parte da Columna Galega na movilización do 22M na que centos de galegas e galegos a título particular, outros embarcados na decena de autocares que se fletaron ou no emblemático “Tren da Dignidade”, levamos e paseamos a Dignidade Galega polas rúas de Madrid demandando PAN, TRA...

O 15 de outubro, mobilízate contra os tratados de comercio que priorizan os intereses económicos sobre as persoas

Este próximo 15 de Outubro, as Marchas da Dignidade convocan mobilizacións en toda Galicia, dentro da convocatoria a nivel mundial dun outono de resistencia , que chama á mobilización popular contra os tratados mal chamados de libre comercio , e contra a impunidade das transnacionais, e que no estado español transcurrirá na semana do 8 ao 15 de outubro. Como non pode ser doutro xeito, Fuco Buxán súmase a esta convocatoria, e convida á cidadanía a participar nas mobilizacións programadas , e máis concretamente na que terá lugar en Ferrol o sábado 15 de outubro, ás 19h , e que partirá da Praza de Amada García -fronte o edificio da Xunta, zona Praza de España-. A continuación, compartimos o comunicado que están a difundir dende as Marchas da Dignidade de Ferrolterra sobre este evento. O dia 15 de Outubro, como noutras cidades de Galiza, en Ferrolterra mobilizaremos-nos contra os tratados comerciais e financeiros, patrocinados polos executivos dos estados neoliberais e das ...

Este sábado 28 de maio ven a manifestarte a Lugo coas Marchas da Dignidade #MurallaDeDignidade

Este sábado 28 de maio hai convocada unha manifestación a nivel galego polas Marchas da Dignidade . Nesta ocasión, a cidade escollida para a mobilización é Lugo . Coa fin de quentar motores para esta data, a Columna Galega das Marchas da Dignidade , co-organizou coa Columna de Lugo un "Faladoiro da Dignidade" , un acto realizado o día 13 de Maio de 2016 en Lugo para falar das Marchas da Dignidade e da importancia de mobilizarse o día 28 deste mes de Maio, na que entraremos nas históricas murallas romanas de Lugo, patrimonio da humanidade, para conformar "Unha Muralla de Dignidade" | #MuralladeDignidade . A continuación deixamos os vídeos das intervencións dos convidados a esta xornada: Manuel Cañada Isabel Villaba Rafa Escudero Rocío Fraga Como é habitual, as Marchas da Dignidade de Ferrolterra organizan autobuses para participar nesta mobilización.  O bus ten un prezo de 6€ ida/volta. Sairá o sábado 28 de maio ás 10:00h da...

Artigo de Ártabra21 sobre o #GlobalDebout - 15M en Ferrolterra o pasado domingo 15 de maio

Compartimos este artigo de Ártabra 21 no que se fai cobertura do evento promovido polas Marchas da Dignidade Ferrolterra dentro da convocatoria mundial #GlobalDebout , e coincidindo co 5º aniversario do 15M , e que tivo lugar no Cantón este domingo 15 de maio , dende as 12:00h ata as 14:00h Ártabra 21 - En Ferrolterra fomos á Praza este 15M - Vídeos: ate 11 documentos audiovisuais do acto Como non podía ser doutro xeito, alí estivo Fuco Buxán participando, aportando a súa perspectiva e convidando á cidadanía a tomar as prazas e as institucións para facer do noso entorno un lugar mellor onde vivir.

O 15M imos tod@s á Praza - Concentración e asemblea ás 12 do mediodía no Cantón de Ferrol, este domingo 15 de Maio

15M TOD@S Á PRAZA Este domingo, 15 de Maio, ás 12 do mediodía , en Ferrol, no Cantón , nas inmediacións do Palco da Música. Non faltes ! Participa ! Como en moitas cidades de Europa e doutras partes do mundo, na Galiza mobilízamo-nos este 15M. Nas sete cidades, van ter lugar concentración nas prazas. E en Ferrol tamén o imos facer, non só en apoio da convocatoria do 28M na que entraremos nas históricas murallas romanas de Lugo , patrimonio da humanidade, para conformar " Unha Muralla de Dignidade ", senón que tamén nos mobilizaremos como en toda Europa na acción internacional #GlobalDebout promovida pola #Nuitdebout (Noite en Pé). Ferrol no mapa mundial da accións locais na #GlobalDebout | Acceder . Ferrol na wiki do evento mundial |  Acceder . Estaremos no 5º aniversario do movemento 15M, quentando motores para construír " Unha Muralla de Dignidade ", o sábado 28M en Lugo. E non faltaremos á Acción Mundial , dende París até Hong Kong, pas...

Asemblea das Marchas das Dignidade Ferrolterra, este venres 6 de Maio, ás 6 da tarde en Caranza, no local de Fuco Buxán

PARTICIPA NA ASEMBLEA DAS MARCHAS DA DIGNIDADE FERROLTERRA Este venres 6 de Maio ás 18:00hs en Caranza, no local de Fuco Buxán (Rúa Armada Española, 32 baixo). Coa seguinte orde do día: Preparar a mobilización do vindeiro 15M (Domingo) que vai ter lugar às 12 do mediodía na Praza do Concello de Ferrol, diante do Palacio Municipal. Deseño do Acto (Asemblea, palestras, actuación musical, ...).  Difusión do mesmo (Cartaces, octavillas, redes sociais, envento no facebook, cooreos, twitter, ... boca a boca, ...). falar con organizacións concretas para que participen, ...). Garantir intervencións, ao menos dúas, unha que faleda acción internacional que vai ter lugar ese día promovidas polos movementos #NuitDebout que ocupan as prazas en toda Francia e que se estenderon por todo o mundo contra unha democracia secuestrada por corruptos e banqueiros. E por outra banda outra que sitúe o marco das tres comarcas e Galiza. Información sobre a Coordenadora Galega das Marchas ...

Marchas da Dignidade Ferrolterra: o 1º de Maio, comezo dunha primavera de mobilización e loita

“Que as rúas se enchan de voces e vontades para rematar co sistema inxusto que nos escraviza e empobrece. Viva o 1º de Maio!” “O 1º de Maio comezo dunha primavera de mobilización e loita” A situación política, social e económica está atravesando un dos peores momentos dos últimos tempos... A corrupción e o latrocinio xeneralizado, o apuntalamento dun sistema que permite a inxustiza, o empobrecemento e deterioro das condicións de vida de millóns de persoas... A xeneralización do traballo escravo, precarizado e sen dereitos... A falta de perspectiva para os nosos sectores produtivos, no agro, na pesca, na industria... O deterioro do medio ambiente, a destrución das nosas rías... É urxente frear as políticas que nos afunden en beneficio das transnacionais e dos máis ricos, das persoas cobizosas que acumulan toda a riqueza e o esforzo do noso traballo. Cumpre denunciar o TTIP (Tratado Trasatlántico de Comercio e Investimentos entre EEUU e a Unión Europea) e esixir unha pasaxe segura para ...

Luns 25 de abril, nova asemblea das Marchas da Dignidade Ferrolterra

Este luns, 25 de abril, ás 19:15h, no Ateneo Ferrolán, terá lugar unha nova asemblea das Marchas da Dignidade Ferrolterra. Nesta ocasión, debatirase sobre as propostas para reivindicar o 1º de Maio, a organización para participar na manifestación que organizan as Marchas da Dignidade a nivel galego o vindeiro 28 de maio en Lugo, a posibilidade de sumarse ás mobilizacións convocadas a nivel europeo para o 14 e 15 de maio, e darase información sobre o resultado dos grupos de traballo sobre o naval, e o plan de choque contra o paro, polo emprego e renda básica. Se queres máis información, poderás atopala na seguinte ligazón do seu blog:  http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/2016/04/participa-na-asemblea-das-marchas-da_24.html

O Rural, Fonte de Emprego

Xornadas de Aproveitamento dous Recursos Naturais como Oportunidade de Emprego . Baixo o lema O rural, fonte de emprego. A Fundación Ortegalia reflexiona sobre a xeración de emprego en zonas rurais Quinta edición dunhas Xornadas de Aproveitamento dos Recursos Naturais como Oportunidade de Emprego: "O rural, fonte de emprego" que se van celebrar en Ortigueira o sábado 27 deste mes de Febreiro . Unha interesante iniciativa á que temos que prestar atención. A Fundación Ortegalia reflexiona sobre a xeración de emprego en zonas rurais A Fundación Ortegalia celebra o sábado 27 de febreiro a quinta edición das Xornadas de Aproveitamento dous Recursos Naturais como Oportunidade de Emprego. Baixo o lema O rural, fonte de emprego, o Museo Ortegalia acollerá esta actividade desde as 09:45 horas. A inauguración correrá a cargo do alcalde de Ortigueira, Juan Vicente Penabad. Ao longo da mañá, intervirán Francisco Fernández Carreja, axente de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello ...

Acto de apoio aos Titiriteiros

A Asociación Cultural Fuco Buxán súmase ós milleiros de voces que por todo o estado consideran sen fundamento, arbitraria e desproporcionada a decisión do xuiz Ismael Moreno de dictar auto de prisión preventiva contra os membros da compañía teatral Títeres desde Abajo por un suposto delicto de enaltecemento do terrorismo. Se ben nun primeiro momento, o papel dos medios de comunicación conseguiu dar á representación de "La bruja y Don Cristobal" apariencia macabra e despiadada -mencionando contidos como violacións, asasinatos e unha pancarta facendo apoloxía da banda terrorista ETA-, finalmente resultou ser unha obra satírica na que se denunciaban os abusos de poder: entre eles, curiosamente, o escenificado por un axente de policía que colocaba nas mans da bruxa unha pancarta co eslogan "GORA ALKA-ETA" coa fin de que a condenasen por apoloxía do terrorismo. Un delicto que, ironías do destino, lles imputarían a eles mesmos, e que os mantería no cárcere varios días...

24N Mobilización das Marchas da Dignidade

    IMPORTANTE!! BUSES DESDE FERROLTERRA PARA ENCHER O OBRADOIRO O PRÓXIMO 24-O O próximo sábado 24 de Outubro saíran autobuses desde Ferrolterra. Ás 9:30 da mañá sairán desde a praza 10 de Marzal, no barrio de Recimil en Ferrol, facendo paradas en Caranza, Fene e Cabanas. Chegando ao antigo mercado do gando de Salgueiriños en Compostela, onde a Columna Norte ( 11:00hs ) entrará en manifestación até a praza do Obradoiro ( 12:00hs ), onde terá lugar o acto final da mobilización. A volta de regreso a Ferrolterra será as 14:30 do mediodía. O custo da viaxe será 5 euros por persoa. Para anotarse podedes chamar ao número de telefono 602 587 531 ou mandar un correo a marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com e deixar o voso nome e telf. ou tamén podedes enviar unha mensaxe a través do facebook . O límite para anotarse será o próximo venres ao mediodía. Canto antes vos apuntedes mellor, para facilitarnos saber cantos buses hai que contratar. Ánimo!! fagamos que a ...

Concentración Marchas da Dignidade Ferrolterra

  Este xoves, 8 de Outubro de 2015, igual que nas outras cidades da Galiza, en Ferrol vai ter lugar unha mobilización das Marchas da Dignidade. Ás 18:30hs realizara-se unha concentración na Praza Amada Garcia ( Diante do Edificio da Xunta de Galicia ). A Asemblea das Marchas da Dignidade de Ferrolterra, acordou convidar a todos os colectivos, organizacións sociais e políticas, comprometidos coa transformación social e a defensa do ben común, a participar neste acto, tomando a palabra para explicar os seus obxectivos de loita, a problemática social á que se enfrontan, ou simplemente compartir análise da conxuntura onde temos que dar esta loita que se vai concretar o próximo 24O na Praza do Obradoiro. As Marchas da Dignidade reunidas na cidade da Coruña o pasado 19 de setembro decidiron ratificar o calendario de accións, que se realizarán no contexto da loita europea que están tendo lugar neste mes de Outubro, por unha outra Europa posíbel, para responder, desd...