A A.C. Fuco Buxán súmase á Folga Xeral comarcal convocada por todos os Sindicatos. Hai solucións! Polo Emprego Na Nosa Comarca. Haberá participación activa dos traballadores/ras nos piquetes informativos. Manifestación: Sairá ás 12:00 horas da praza de O Inferniño ata a Praza de Armas de Ferrol. As organizacións sindicais CIG, CCOO, UGT e USTG de Ferrol veñen de anunciar a convocatoria de Folga Xeral Comarcal para o mércores 12 de xuño, ante a situación de “emerxencia total” que sufre Ferrolterra. Con motivo do paro xeral, que as centrais sindicais agardan sexa un éxito en contra das "nefastas políticas do goberno estatal e da Xunta", está convocada tamén unha manifestación que partirá ás 12:00 horas dende o Inferniño e rematará na Praza do Concello. A convocatoria foi feita pública este luns en rolda de prensa polos responsábeis comarcais de cada unha das centrais sindicais, que avanzaron que o paro xeral se desenvolverá baixo o lema...
“Andar ergueitos, falar forte e nunca máis esquecer o noso norte."