Saltar ao contido principal

[Alerta] Voo de deportación a Colombia e República Dominicana - 27/04/2016

Dende a Campaña Estatal por el Cierre de los CIE, a xente de Stop Deportación puideron confirmar que o próximo mércores 27 de abril sairá un voo de deportación con destino a Colombia e República Dominicana, ainda que as redadas se farán a todo o longo e ancho do Estado.




Lanzan esta alerta* sabedoras de que nos próximos días se producirán redadas policiais para capturar persoas desta nacionalidade, que soen ser identificadas nos días previos en función do número de prazas que queden por encher nestes vergoñentos avións de Air Europa. A compañía cobra máis de 12 millóns de euros ao ano por este suxo negocio  (+ información)

Esta alerta non ten por obxectivo atemorizar á poboación, senón todo o contrario, aportar información a tódalas veciñas e veciños  para que poidan actuar e organizarse colectivamente, por exemplo, denunciando intensamente as redadas policiais das que sexan testemuña (pois soen producirse en espazos públicos e nos medios de transporte), intensificando a campaña de Boicot a Air Europa, desplegando redes de coidado entre veciñas e veciños, difundindo esta mensaxe polas redes sociais, imprimindo o cartaz para realizar pegatinas para colocar no metro, paradas...

*Para que estas alertas sirvan ao obxectivo proposto -e non como unha ferramenta de medo- é importante que se difundes esta información deixes claro en tódalas canles o día exacto do voo, para que a alerta non se siga a propagar despóis do voo en cuestión. Toda a información actualizada tédela no blog https://stopdeportacion.wordpress.com, en Twitter en , e a través de los hastags #AlertaVuelo y #StopDeportación.

Artigo orixinal: https://stopdeportacion.wordpress.com/2016/04/25/alerta-vuelo-de-deportacion-a-colombia-y-republica-dominicana-27042016/