Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Lídia Senra

Lídia Senra: "Sen prezo e sen control da produción non hai futuro para o sector leiteiro"

  Presumíbelmente, hoxe algunhas das partes asinarán un acordo en Madrid malia que non recolle as demandas do sector leiteiro galego .   Cómpre a fixación de instrumentos que garantan un prezo remunerador e establezan o regulamento da produción   Bruxelas, 23 Setembro 2015.   Bon día a todas e todos! Hoxe escenifícase en Madrid, unha vez máis, un peche en falso da situación de inestabilidade na que a liberalización total do sector leiteiro, derivado do fin de sistema de cotas, ten sumido ao sector leiteiro galego. Esta proposta de acordo "xurde xa eivada dende un primeiro momento" , valora a eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda (AGEe), Lídia Senra, posto que o texto non recolle "demandas fundamentais como a fixación de instrumentos que garantan un prezo remunerador, que cubra custos e traballo" . Aliás, a proposta do Ministerio de Agricultura novamente carece de responsabilidade e implicación institucional, ao non plantexar a...