Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Plataforma Remunicipalización

Plataforma Remunicipalización Ferrol - Concentración polo Saneamento: contra a Taxa, por unha Emafesa 100% Pública, Depuración XA!!!: Mércores 1 de marzo, ás 12 do mediodía, na Praza da Ilustración

Compartimos o chamamento que fan dende a Plataforma Remunicipalizar Ferrol para convocar unha concentración o vindeiro mércores 1 de marzo polo saneamento da ría e contra as taxas inxustificadas: Despois dos Plenos Extraordinarios, do 13 e 22 de febreiro, para abordar o asunto do Saneamento e a Taxa; e das reunións co Alcalde, unha antes de cada pleno, mais sen suceso ningún, coa postura do goberno municipal tomada e sen querer escoitar, vemo-nos na obriga de comezar a expresar as nosas opinións e reivindicacións, xa non só en roldas de prensa, comunicados e intervencións nos plenos, senon coa Mobilización Social.  Hai un problema de fondo que non damos superado, hai certo tapar orellas ás propostas razoadas e ben argumentadas do movemento social que representamos, ao que antes mesmo pertencía e participaba activamente, o actual alcalde Jorge Suárez. Fai-nos pensar que este Alcalde que se esquece que está na alcaldía polos votos propios, e polos dos outros dous partidos que ...

Plataforma Remunicipalización Ferrol - Sobre a rolda de prensa realizada o luns 20 de febreiro no Concello de Ferrol

O venres pasado a Plataforma pola Remunicipalización de Ferrol -tal e como publicaban no seu blog en "Entrega de Escrito á atención do Alcalde e convocatoria de Rolda de Prensa para o luns 20 de febreiro, ás 12 do mediodía na Casa do Concello de Ferrol" -  presentaba por rexistro un escrito solicitando información ao Concello de Ferrol sobre a nova taxa de saneamento que pretende aprobar, e convocaban unha rolda de prensa aberta á cidadanía o luns 20 de febreiro ás 12h. Onte mesmo penduraban no seu blog a publicación "Rolda de Prensa: Taxa e Saneamento en Ferrol - Texto e Vídeos da Exposición e Preguntas - Luns 20 de febreiro de 2017" que pasamos a reproducir, e na que explican como se desenvolveu a citada rolda de prensa: Hoxe 20 de febreiro, tivo lugar unha Rolda de Prensa na casa do Concello de Ferrol, para para explicar a nosa posición diante dos últimos acontecementos e facer chegar a valoración da Plataforma sobre a Taxa e o Saneamento, os argumentos e as...

Remunicipalización Ferrol - Convocatoria de rolda de prensa para o mércores 18 de xaneiro ás 17h

Compartimos o chamamento que fai a Plataforma en Defensa dos Servizos Públicos, pola Remunicipalización de Ferrol , para que a cidadanía acuda a unha rolda de prensa convocada para o mércores 18 de xaneiro , ás 17:00h fronte o Concello de Ferrol : A Plataforma convoca Rolda de Prensa en Ferrol: AcuaEs, Augas de Galicia, Partido Popular, Emafesa, Concello de Ferrol, Concello de Narón, ... Depuradora (Edar Prioriño). - Mércores 18 de xaneiro de 2017 PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS, POLA REMUNICIPALIZACIÓN Convocatoria Rolda de Prensa Día : Mércores 18 de xaneiro. Hora : 17:00hs (5 da tarde). Lugar : Casa do Concello de Ferrol (Praza de Armas,s/n.) Asunto : AcuaEs, Augas de Galicia, Partido Popular, Emafesa, Concello de Ferrol, Concello de Narón, ... Depuradora (Edar Prioriño). O próximo mércores 18 de xaneiro, ás 17 hs na sala de prensa do Concello de Ferrol, a Plataforma na Defensa dos Servizos Públicos, pola Remunicipalización, c...

Remunicipalizar Ferrol - Conferencia "Emafesa: problema ou solución?", xoves 22 de decembro, 19h

Este xoves 22 de decembro , ás 19:00h , no Centro Cívico de Caranza , a Plataforma en Defensa dos Servizos Públicos e pola Remunicipalización en Ferrol organiza un evento baixo o título "Emafesa: problema ou solución?" na que se fará unha análise en profundidade sobre as posibilidades, vantaxes e inconvintes da remunicipalización do servizo de auga e saneamento neste concello. Como protagonista destacado, contarán coa presenza de Luis Babiano , xerente de AEOPAS. Máis información: http://plataformaferrol.blogspot.com.es

Remunicipalización - Venres 14 de outubro, 12h, Rolda de Prensa en Sargadelos

Compartimos o comunicado que nos fai chegar a Plataforma na Defensa dos Servizos Públicos, pola Remunicipalización de Ferrol, convocando unha rolda de prensa aberta o vindeiro venres 14 de outubro. Pregamos difusión deste comunicado, e a asistencia da cidadanía para arroupar e seguir a respaldar e impulsar as iniciativas desta plataforma cidadá:   A Plataforma na Defensa dos Servizos Públicos, pola Remunicipalización , organiza o próximo venres 14 de outubro, ás 12 do mediodía , unha Rolda de Prensa na Galería Sargadelos de Ferrol . Vivimos a ruptura do goberno municipal na cidade de Ferrol con preocupación. Son moitos os problemas que esta cidade, e a Mancomunidade de municipios á que pertence, teñen que resolver. A defensa dos servizos públicos e o camiño cara a remunicipalización está prácticamente nos comezos, senón en clara parálise... A Plataforma, convoca a Rolda de Prensa para amosar a nosa análise e fixar a nosa posición, ademais de formular as demandas veciñ...

Un informe do Instituto Tecnolóxico de Galicia fulmina a proposta máis valorada do Contrato Eléctrico

Os esforzos da Plataforma na Defensa dos Servizos Públicos, pola Remunicipalización para motivar no goberno municipal o rexeitamento do contrato eléctrico acaban de dar froitos: un informe encargado ao Instituto Tecnolóxico de Galicia aporta un bo número de motivos que resultaron ser de peso para o goberno municipal de Ferrol para plantexarse propoñer levar a pleno o seu rexeitamento. Para máis información, podedes consultar a seguinte noticia de Ártabra 21 , que ademáis contén un vídeo da rolda de prensa na que o goberno municipal fai o anuncio da súa resolución: Ártabra 21 - Un informe do Instituto Tecnolóxico de Galicia, fulmina a proposta máis valorada do Contrato Eléctrico - Vídeo: O grupo de goberno de Ferrol anuncia en rolda de prensa que propoñerá ao Pleno a renuncia ao Contrato Eléctrico por interese público

PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS, POLA REMUNICIPALIZACIÓN: Acto en Ferrol, vídeoconferencia con Jordi Colomer i Missé, sobre remunicipalización da xestión de servizos municipais e o caso da recollida de lixo e limpeza viaria - Xoves 14 de Xullo, ás 8 da tarde en Caranza, no local de Fuco Buxán

PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS, POLA REMUNICIPALIZACIÓN: Acto en Ferrol, vídeoconferencia con Jordi Colomer i Missé, sobre remunicipalización da xestión de servizos municipais e o caso da recollida de lixo e limpeza viaria - Xoves 14 de Xullo, ás 8 da tarde en Caranza, no local de Fuco Buxán: Acto en Ferrol, vídeoconferencia con Jordi Colomer i Missé , sobre remunicipalización da xestión de servizos municipais e o caso da recollida de lixo e limpeza viaria Día: xoves 14 de Xullo de 2016.  Hora: 8 da tarde.  Lugar: no local de Fuco Buxán (Rúa Armada Española, 32 Baixo), en Caranza-Ferrol.   Jordi Colomer i Missé, activista e técnico especializado en remunicipalización e xestión dos servizos públicos. Licenciado en Ciencias Ambientais pola UAB. Foi no concello catalán de  Arenys  de  Munt, o  responsábel da remunicipalización da auga do concello entre 2011 e 2014 | + Info . A remunicipalización da xestión de servizos mu...

A Plataforma na Defensa dos Servizos Públicos, pola Remunicipalización de Ferrol interviu no Pleno do 30 de xuño pedindo o desestimento do Contrato Eléctrico e a investigación da actuación do bufete asesor Lama&Asociados

A Plataforma na Defensa dos Servizos Públicos, pola Remunicipalización de Ferrol interviu no Pleno do 30 de xuño facendo a lectura dun manifesto no que solicitaba o desestimento do Contrato Eléctrico e a investigación da actuación do bufete asesor Lama&Asociados. O texto e o vídeo da intervención podedes atopalo na seguinte publicación do seu blog:  Intervención da Plataforma na Defensa dos Servizos Públicos e pola Remunicipalización no pleno de Ferrol pedindo o desestimento do Contrato Eléctrico e a investigación da actuación do bufete asesor Lama&Asociados - Vídeo e Texto Como vimos anunciando, esta plataforma leva uns meses realizando unha intensa labor tanto informativa como establecendo contactos coa fin de aportarlle á cidadanía e ao Concello de Ferrol ferramentas que lle permitan recuperar a explotación de servizos fundamentais. Unha remunicipalización que -citando o texto da intervención no pleno- "... sempre que se faga con criterios de boa xestión, tran...

Mércores 29 de xuño, Actos pola Auga en Ferrol

Este mércores 29 de xuño , a Plataforma en Defensa dos Servizos Públicos, pola Remunicipalización , aproveitando a visita a Galicia do xerente de AEOPAS, Luís Babiano, acordou programar en Ferrol dous actos o vindeiro mércores 29 de Xuño, onde responderá ás pregunta: Que é a remunicipalización? Porque se debe remunicipalizar? E como? Se ben ás 12:00h terá lugar no Concello de Ferrol un acto institucional, o acto principal, aberto ao público en xeral terá lugar no Ateneo Ferrolán o mércores 29 de xuño , ás 19:30h Para máis información sobre estes actos, podedes consultar a seguinte publicación na páxina web desta plataforma:  A Plataforma en Defensa dos Servizos públicos, pola Remunicipalización, aproveitando a visita a Galiza do xerente de AEOPAS, Luís Babiano, acordou programar, en Ferrol, dous actos o vindeiro mércores 29 de Xuño Aproveitamos para lembrar que hai uns días Ártabra21 anunciaba que  O Xulgado da-lle a razón ao Concello de Ferrol, ante un recurs...

Encontro con Fernando Urruticoechea, economista e interventor xeral municipal no concello de Orihuela, este martes 21 de Xuño, ás 7 da tarde no Ateneo Ferrolán

A Plataforma na Defensa dos Servizos Públicos, pola Remunicipalización de Ferrol estrea páxina web ( https://plataformaferrol.blogspot.com.es/ ), e faino cun artigo que nos convida a participar nun encontro con Fernando Urruticoechea, economista e interventor xeral municipal no concello de Orihuela , o martes 21 de xuño ás 19:00h , no Ateneo Ferrolán . Como xa comentaramos nunha publicación pasada ( Excelente artigo de Ártabra21 sobre a xornada aberta "Auga e Corrupción. Consecuencias da xestión privada da auga" ), Fernando Urruticoechea xa estivera en Ferrol o pasado 13 de maio explicando a grande cantidade de posibilidades das que se dispoñían para remunicipalizar servizos públicos nunha conferencia que levaba o título de "Auga e Corrupción. Consecuencias da xestión privada da auga" Nesta ocasión, o acto estará centrado na problemática da nosa cidade en canto ao contrato eléctrico, a xestión do lixo e da auga. Prégase máxima difusión! Para máis info...

Comunicado da "Plataforma na Defensa dos Servizos Públicos, pola Municipalización" de Ferrol. Rolda de prensa mércores 8 de xuño, 12:00h en Sargadelos

Compartimos este comunicado que nos achegan dende a Plataforma na Defensa dos Servizos Públicos, pola Municipalización de Ferrol Mediante este escrito queremos lembrarche a convocatoria da Rolda de Prensa deste Mércores 8 de Xuño , ás 12:00h do mediodía, na Galería Sargadelos de Ferrol , sobre o chamado Contrato Eléctrico no Concello de Ferrol . Na Rolda de Prensa fixaremos a posición sobre o mencionado "Contrato Eléctrico", presentaremos a Plataforma, o porque da súa constitución, os seus obxectivos e a folla de ruta que nos marcamos.  Dicir que en Ferrol, veciñas e veciños organizados no tecido asociativo da cidade, e mesmo en representación de entidades e colectivos da mesma, ante o cariz que está tomando o desenvolvemento da actividade política municipal, e as dubidas -ou mesmo renuncias- para levar adiante un programa minimamente transformador, e enfrontar-se ao poder político e económico que pretende impoñer un programa neoliberal que o pobo de Ferrol derro...

Mércores 1 de xuño: reunión da Plataforma pola Remunicipalización dos Servizos Públicos de Ferrolterra

O pasado martes 24 constituíase en Ferrol unha iniciativa cidadá que pretende parar o Contrato Eléctrico que tramita o Concello de Ferrol, e que se daba a coñecer nun comunicado que difundía Ártabra 21 , e que reproducimos a continuación: http://artabra21.blogspot.com.es/2016/05/constituida-en-ferrol-unha-iniciativa.html Onte, martes 24 de maio, celebrouse unha asemblea Cidadá onde participaron activistas de distintos ámbitos reivindicativos da nosa cidade. Reuniuse ante a alarma xerada, polo anuncio da concesión do Contrato Eléctrico por parte do Concello de Ferrol. Un contrato de 15 anos, que vai outorgar máis de 41 millos de euros das arcas municipais, a unha Unión Temporal de Empresas (UTE), composta pola empresa local (SEFCON) que administra Borja Silveira Rey, e a multinacional Fomento de Construciónes e Contratas (FCC). Esta asemblea considerou que este contrato, ademais de ser ilegal no seu procedemento, segundo distintos técnicos consultados, que fan traballo de aseso...