Mediante esta publicación, aproveitamos para difundir información sobre próximas actividades que desenvolverá a SGHN en Ferrol:

Xa que a esta actividade está subvencionada polo Concello de Ferrol, será de balde para tódalas persoas que desexen participar. Non é necesaria inscrición previa.
Os roteiros partirán do Cantón ás 11:30h e 12:30h da mañá do sábado día 23, tal como aparece sinalado no cartel adxunto editado polo Concello de Ferrol.
Desde a SGHN cren que é unha boa oportunidade tanto para a comunidade educativa, como para o público en xeral, de coñecer o medio natural presente na Cidade de Ferrol.
Por outra banda, a SGHN ten programado unha visita ao medio mariño das Illas Mirandas, en Ares, para observar e coñecer seres vivos no seu entorno. Así, os participantes poderán ver algas, ourizos, estrelas, poríferos, moluscos, poliquetos, crustáceos e peixes, entre outros.
A saída intermareal será o vindeiro 7 de maio, ás 10:00 horas, desde o Museo da SGHN. Os interesados en asistir deben inscribirse nesta actividade asegurada, que ten prazas limitadas, e que contará cun monitor. O prezo por inscrición é de dous euros para as persoas que non son socias da entidade e de balde para os socios.